Na Resolución da Alcaldía nº 2024-1122, do 30 de decembro de 2024, aprobouse a seguinte oferta de emprego público para o exercicio 2024, coa especificación das prazas relacionadas, xunto coa súa denominación e clasificación:
Persoal laboral fixo. Taxa de reposición de efectivos:
|
Nº |
Denominación |
Grupo |
Subgrupo |
Titulación |
Provisión |
|
1 |
Oficial 1ª albanel |
4 |
4B |
ESO |
Quenda libre |
O que se publica en cumprimento do ordenado na resolución de aprobación desta.
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, consonte o disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, da xurisdición contencioso-administrativa.
No caso de interpoñerse o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar no prazo dun mes segundo establece o artigo 124.2 da devandita Lei 39/2015, entendéndose desestimado polo transcurso do dito prazo sen resolución expresa notificada, entón os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, consonte o establecido no artigo 46.1 e 4 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que as persoas interesadas consideren procedente conforme a dereito.
Moaña, 30 de decembro de 2024
Leticia Santos Paz
Alcaldesa
