En cumprimento do previsto nos artigos 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico (RDPH), aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a extinción por transcurso do prazo concesional da concesión de augas outorgada o 23.9.1988 coas seguintes características:
Expediente: DH.A15.0965.
Titular: Metalurgia Galaica, S.A. (Megasa).
Caudal máximo instantáneo: 125 l/s (7 horas ao día).
Orixe: Río Grande de Xuvia.
Concello: Narón.
Destino: industrial na súa factoría.
Lugar: Ponte Xuvia.
Concello: Narón.
Por outra parte, e cumprimento do artigo 109 do RDPH, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas coas seguintes características:
Expediente: DH.A15.88958.
Solicitante: Megasa Siderúrgica, S.L. (CIF B15626971).
Caudal máximo instantáneo: 80 l/sg (7 horas ao día).
Volume total anual: 735.840 m3/ano.
Orixe: río Grande de Xuvia.
x=568516; y= 4819031; (ERTS-89, fuso 29).
Concello: Narón (límite con Neda).
Destino: industrial para a súa factoría.
Lugar: 7885004NJ6178N (estrada de Castela).
Concello: Narón.
Descrición do aproveitamento:
A auga cáptase no río Grande de Xuvia no concello de Narón no límite entre os concellos de Neda e Narón, mediante arqueta de formigón cilíndrica de 2 m de altura por 1,6 m de diámetro. Desde esta arqueta parte unha tubería de polietileno de diámetro 500 mm ata a cámara de bombas xa nas instalacións da empresa na parcela con referencia catastral 7885004NJ6178N. A auga é empregada na factoría para refrixeración e tratamento térmico na súa industria siderúrxica.
O proxecto da concesión pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) ), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na r/ Vicente Ferrer, 2, 9º andar, 15008 A Coruña, para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 8 de xaneiro de 2025
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte
