
Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo III do Regulamento de execución (UE) núm. 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) núm. 2021/2115, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Poder adxudicador:
1.1) Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
1.2) Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5) Código NUTS: ES111.
1.6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7) Fax: 981 95 74 03.
1.8) Teléfono: 981 95 74 01.
1.9) Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante dende a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:
2.1) Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2) Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Código/s CPV: 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil).
4. Código/s NUTS do lugar principal da obra ou servizo: ES111 Lousame (A Coruña).
5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de construción de rede de saneamento e estación depuradora de augas residuais para os lugares da Devesa, A Silva, Berrimes, As Quintáns e A Costa. Lousame (A Coruña)-obra con referencia de expediente AUG-2024-0018. Referencia de expediente: AUG-2024-0049.
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeita a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.
7. Orzamento base de licitación: importe neto: 30.353,54 euros. Importe total: 36.727,78 euros.
8. Valor estimado do contrato: 39.599,12 euros. Inclúe o orzamento de licitación (30.353,54 euros) e a/as prórroga/s contractual/is ordinaria/s prevista/s (9.245,58 euros).
9. Prazo de execución do contrato: 10 meses. Previsión de prórrogas contractuais ata un máximo de 3 meses.
10. Criterios de adxudicación:
10.1) Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2) Criterios de adxudicación (en orde decrecente por puntuación e ponderación): proposición económica (41), análise do documento técnico da obra (20), metodoloxía para a execución dos traballos de control de materiais, equipamentos e unidades de obra (17), metodoloxía para a execución dos traballos de elaboración dos informes de inspección da obra e/ou implantación dos programas de seguimento e control establecidos para a obra (12) e medidas para o impulso demográfico (10).
11. Data da adxudicación do contrato: 8 de outubro de 2024.
12. Número de ofertas recibidas:
12.1) Ofertas totais: 3.
12.2) Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 3.
12.3) Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4) Ofertas por vía electrónica: si.
13. Data de formalización ou celebración do contrato: 22 de outubro de 2024.
14. Empresa contratista:
14.1) Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Ingeniería del Noroeste, S.L.
14.2) NIF: B15128838.
14.3) Enderezo: rúa Picaños núm. 44 baixo. 15702 Santiago de Compostela.
14.4) Código NUTS: ES111.
14.5) Correo electrónico: info@ingenieriadelnoroeste.com
14.6) Fax: 981 57 21 23.
14.7) Teléfono: 609 04 60 21.
14.8) Pequena ou mediana empresa: si.
15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 25.800,00 euros. Importe total: 31.218,00 euros.
16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Actuación cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 60 % do gasto elixible, no marco do Plan estratéxico da PAC 2023_2027 (PEPAC) en Galicia.
A actuación encádrase dentro do dito Plan estratéxico da política agrícola común 2023_2027 de España, en Galicia, na Intervención 6872_ Investimentos non produtivos en servizos básicos en zonas rurais e Subintervención 68720_05_ Augas. Abastecemento e saneamento.
Por isto, deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa do fondo europeo citado, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.
17. Servizo do cal se pode obter información sobre o contrato formalizado:
17.1) Nome: Contratación de Augas de Galicia.
17.2) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
17.3) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
17.4) Código postal: 15781.
17.5) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6) Fax: 981 95 74 03.
17.7) Teléfonos: 981 95 74 01.
18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información acerca do acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións:
Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 12 de abril de 2024.
Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 14 de outubro de 2024.
Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 27 de outubro de 2024.
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2025
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
