Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, do 30 de outubro de 2024 (DOG núm. 216, do 8 de novembro), fixéronse públicas as listas provisionais, elaboradas ao abeiro do artigo 6.1 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas ao persoal funcionario de determinadas escalas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
O 22 de novembro de 2024 rematou o prazo establecido no punto terceiro da dita resolución para presentar reclamacións.
Unha vez examinadas e resoltas as reclamacións, a Comisión Permanente constituída ao abeiro do artigo 4 do Decreto 37/2006 acordou elevar á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
En consecuencia, de conformidade co establecido no artigo 11 do decreto regulador, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Facer públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario das escalas e especialidades que se relacionan no anexo I desta resolución.
Segundo. As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe <Listas de contratación> e no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012.
As devanditas listas incluirán a seguinte información:
– Solicitantes admitidos/as na lista con indicación da puntuación resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.
– Solicitantes excluídos/as con expresión da causa de exclusión.
Terceiro. As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. As persoas solicitantes excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición, para o que deberán consignar nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, segundo o modelo que figura no anexo III da Orde do 22 de febreiro de 2021 (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), xunto coa documentación xustificativa de ter aboado as taxas administrativas.
Quinto. Contra esta resolución e de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2025
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO I
Corpos e escalas (persoal funcionario)
|
Grupo |
Corpo/ Escala |
Denominación |
|
A1 |
207J |
Escala superior de saúde laboral |
|
A1 |
207K |
Escala superior de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Seguridade no traballo |
|
A1 |
207L |
Escala superior de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Hixiene industrial |
|
A1 |
207M |
Escala superior de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Ergonomía e psicosocioloxía aplicada |
|
A2 |
209T |
Escala técnica de orientación laboral |
|
A2 |
207N |
Escala técnica de saúde laboral |
|
A2 |
207P |
Escala técnica de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Seguridade no traballo |
