DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2025 Páx. 9926

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 13 de xaneiro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS PSY703 substitución CT Arcade de Arriba por CTC, no concello de Soutomaior.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio comunícase a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS PSY703 substitución CT Arcade de Arriba por CTC, que se realizarán na casa do concello de Soutomaior, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 13 de xaneiro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/085-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS PSY703 substitución CT Arcade de Arriba por CTC.

Concello: Soutomaior.

Predio

Refª catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

36053A014021220000XQ

Carnaval

Antonia Martínez Vázquez

Beatriz Bouzón Martínez

16 de maio de 2025

13.00

2

36053A014021240000XL

Forno

Manolo Martínez

16 de maio de 2025

13.00