DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2025 Páx. 9927

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a consignación de depósitos previos á ocupación e a data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de substitución do apoio A1N09JMV//12 e da instalación de telecontrolador na LMTA LOZ803B.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmase as persoas afectadas pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución de apoio A1N09JMV//12 e instalación de telecontrolador na LMTA LOZ803B, no concello de Poio, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 22 de xaneiro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/395-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Substitución de apoio A1N09JMV//12 e instalación de telecontrolador na LMTA LOZ803B.

Concello: Poio.

Predio

Referencia catastral

Titular

Data ocupación

Depósito previo

1

36041A043001970000OK

Descoñecido

24 de febreiro de 2025

2025/54/21