DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2025 Páx. 9898

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2025 pola que se acorda publicar o orzamento para o exercicio do ano 2025.

O Consello Social da Universidade da Coruña, no Pleno que tivo lugar o 19 de decembro de 2024, e de conformidade co disposto no artigo 46.1.f) da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e no artigo 4.c) da Lei 1/2003, do 9 de maio, de consellos sociais do Sistema universitario de Galicia, acordou aprobar o orzamento desta universidade para o exercicio do ano 2025.

Esta reitoría, consonte o disposto no artigo 57.1 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, resolve publicar o citado orzamento, que acada unha contía inicial no estado de ingresos e gastos de 172.170.369,71 €.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2025

Ricardo José Cao Abad
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Clasificación económica

Resumo por capítulos

Ingresos

2025

Capítulo III: taxas, prezos públicos e outros ingresos

15.977.407,35 €

Capítulo IV: transferencias correntes

109.220.589,38 €

Capítulo V: ingresos patrimoniais

355.000,00 €

Capítulo VI: alleamento de investimentos reais

5.000.000,00 €

Capítulo VII: transferencias de capital

41.437.372,98 €

Capítulo VIII: activos financeiros

180.000,00 €

Total orzamento de ingresos 2025

172.170.369,71 €

Gastos

2025

Capítulo I: gastos de persoal

117.743.113,95 €

Capítulo II: gastos correntes en bens e servizos

19.196.561,41 €

Capítulo III: gastos financeiros

120.000,00 €

Capítulo IV: transferencias correntes

5.402.355,28 €

Capítulo V: fondo de continxencia

580.000,00 €

Capítulo VI: investimentos reais

29.097.151,07 €

Capítulo IX: pasivos financeiros

31.188,00 €

Total orzamento de gastos 2025

172.170.369,71 €