DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2025 Páx. 10390

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 30 de xaneiro de 2025, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación no dominio público portuario en superficie para a construción de edificios para a actividade de formación náutico-pesqueira, no porto de Portosín (clave 12-43-24-C-1).

Está en trámite unha concesión administrativa, solicitada por Ensino Profesional Galego, S.L., para a ocupación en superficie de dominio público portuario de Portosín, para a construción de edificios para a actividade de formación náutico-pesqueira, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 19.12.2024, e segundo a confrontación do proxecto básico de edificacións para impartición de cursos para formación en seguridade marítima, asinado o 26.12.2024 polo arquitecto José Torreira Pais, colexiado núm. 2865.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do xoves, 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, núm. 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está dispoñible na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 30 de xaneiro de 2025

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro