DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2025 Páx. 10391

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cangas

ANUNCIO da selección dunha praza de médica/o especialista en psiquiatría ou con formación en saúde mental para a Unidade Asistencial de Drogodependencias.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 3, do 7 de xaneiro de 2025, publicáronse as bases da selección dunha praza de médica/o especialista en psiquiatría ou con formación en saúde mental (grupo I, complemento de destino 26) para a Unidade Asistencial de Drogodependencias de Cangas, aprobada mediante o Decreto da Alcaldía, do día 18 de decembro de 2024, con carácter interino ata a cobertura definitiva da praza cos límites derivados da lexislación vixente.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Cangas, 10 de xaneiro de 2025

Araceli Gestido Rodríguez
Alcaldesa