Mediante a Resolución de Alcaldía núm. 2025-0015, do 31 de xaneiro de 2025, aprobouse a oferta de emprego público correspondente ás prazas que a seguir se sinalan para o ano 2025:
Persoal funcionario:
|
Denominación |
Nº prazas |
Escala |
Subescala |
Acceso |
|
Auxiliar administrativo |
1 |
Administración xeral |
C2 |
Concurso-oposición |
|
Alguacil-porteiro |
1 |
Administración xeral |
AP |
Concurso-oposición |
En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público do Concello de Cartelle no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente recurso de reposición potestativo, ante o alcalde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que considere máis conveniente ao seu dereito.
Cartelle, 31 de xaneiro de 2025
Jaime Sousa Seara
Alcalde
