De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de reestruturación parcelaria de Fisteus (Curtis-A Coruña), que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dunha resolución relativa ao recoñecemento de parcelas da zona.
Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, en das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 22 de xaneiro de 2025
María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Fisteus (Curtis-A Coruña).
|
DNI/nome |
Nº prop. |
Acto notificado |
|
33160098D |
1321 |
RDX 04.12.24 |
|
32773534Y |
RDX 04.12.24 |
