O tribunal nomeado pola Resolución do 12 de agosto de 2024 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, na escala técnica de condución do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1,
ACORDOU:
Primeiro. Nas sesións que tiveron lugar os días 17.12.2024, 19.12.2024, 20.12.2024, 16.1.2025 e 21.1.2025 ao abeiro do previsto na base II.1.2.8 da convocatoria, logo de revisar as reclamacións presentadas contra a puntuación do primeiro exercicio:
• Corrixir a puntuación correspondente a Anxo Manuel Ponce Rodríguez, que pasa a ser de 58,77 puntos.
• Corrixir a puntuación correspondente a Alejandro Vázquez Fariñas, que pasa a ser de 43,26 puntos.
Segundo. Desestimar e inadmitir, de ser o caso, o resto de reclamacións presentadas.
Terceiro. Publicar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal os resultados finais obtidos polas persoas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio na quenda de acceso libre, tendo en conta que coas puntuacións corrixidas non se altera nin a nota de corte nin a lista de persoas que superaron o exercicio.
Cuarto. De acordo co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2025
Ana P. Otero Ferreiro
Presidenta do tribunal
