DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2025 Páx. 10329

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral para o Deporte, polo que se notifican os acordos de inicio do procedemento declarativo da procedencia de reintegro das axudas do programa de promoción da actividade deportiva en idade escolar na Comunidade Autónoma de Galicia a través do Bono deporte.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia dos acordos de inicio do procedemento declarativo da procedencia de reintegro das axudas do programa de promoción da actividade deportiva en idade escolar na Comunidade Autónoma de Galicia a través do Bono deporte.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

As persoas interesadas poden coñecer o texto íntegro dos acordos nas dependencias da Secretaría Xeral para o Deporte, rúa Madrid, nº 2-4, 2º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.

A notificación entenderase practicada a partir da efectiva comparecencia ou polo transcurso do prazo indicado anteriormente.

Unha vez producida a notificación, en virtude do artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, iniciarase o trámite de audiencia durante quince (15) días hábiles, desde o día seguinte á data de notificación, para que aleguen o que consideren conveniente en defensa do seu dereito antes de adoptar a resolución do expediente.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2025

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO

Número de expediente

NIF/NIE

1-4

34999872J

2-1

35466481K

2-3

46917995L

2-4

32803231X

2-10

44458840R

2-19

32816624V