DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2025 Páx. 10331

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral para o Deporte, polo que se notifican as resolucións de aceptación de devolución voluntaria das axudas do programa de promoción da actividade deportiva en idade escolar na Comunidade Autónoma de Galicia a través do Bono deporte.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións de aceptación de devolución voluntaria das axudas do programa de promoción da actividade deportiva en idade escolar na Comunidade Autónoma de Galicia a través do Bono deporte.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

As persoas interesadas poden coñecer o texto íntegro das resolucións nas dependencias da Secretaría Xeral para o Deporte, rúa Madrid, nº 2-4, 2º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.

A notificación entenderase practicada a partir da efectiva comparecencia ou polo transcurso do prazo indicado anteriormente.

Unha vez producida a notificación, iniciarase o cómputo do prazo dun mes para a posible interposición dun recurso potestativo de reposición ante o titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou de dous meses para a interposición dun recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contados, en ambos os casos, a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Transcorridos os prazos dos recursos darase traslado destas resolucións á Consellería de Facenda e Administración Pública como órgano competente da recadación, para a posible tramitación do expediente de liquidación dos xuros de mora, en virtude da Orde do 21 de xullo de 1998 pola que se regula o procedemento de recadación nos supostos de reintegros de axudas ou subvencións públicas, pensións asistenciais e subsidios económicos.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2025

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO

Número de expediente

NIF/NIE

14

34588410K

17

33333858G

18

35569344M

24

45958064Q

26

Y9189992B

27

73053106T