Expediente: IN407A 2022/371-1.
Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Instalación: regulamentación LMT SMR706 entre apoios AJW4J64V//149 a AJWOQ4N5//150X1.
Concello: Ferrol.
Feitos:
1. O día 8 de novembro de 2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica. O obxecto do proxecto é a substitución dos apoios debido ao seu mal estado de conservación.
Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña, ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, e que abrangue os seguintes documentos:
• Proxecto de execución nomeado: Regulamentación LMT SMR706 entre apoios AJW4J64V//149 a AJWOQ4N5//150X1, asinado na data do 30 de setembro de 2021 por Rubén Fervenza Nicolás, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñería Eléctrica con nº colexiado 4.684 de Vigo (COITIVigo).
• Anexo proxecto, asinado o 30 de setembro de 2022, por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial con nº colexiado 15.670 de Madrid.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo do 12 de maio do 2023, publicado nos seguintes medios:
• Portal da Transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.
• DOG: 7 de xuño do 2023, co número 107.
• BOP: 19 de maio do 2023, co núm. 94.
• Xornal La Voz de Galicia: 26 de maio do 2023.
• Taboleiro de anuncios do concello: segundo o certificado municipal da oficial maior do Concello de Ferrol de data do 21 de setembro de 2023.
3. Durante o período no que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte na que a instalación puidese prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica corrrespondente. Solicitouse o preceptivo informe a Augas de Galicia-Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático; a Servizo do Patrimonio Natural -Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Coruña e ao Concello de Ferrol. Patrimonio Natural achega un informe favorable e a empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado. No día desta resolución, non consta no expediente resposta dos organismo afectados, é dicir, Augas e o Concello, á emisión do condicionado solicitado.
5. O día 15 de xaneiro de 2025 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro) e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).
• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3 Características técnicas:
As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse no lugar de Vila da Area, no concello de Ferrol.
Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña SMR-706 autorizado no expediente 30.050, de 343,2 metros de lonxitude en condutor tipo LAC-80, comprendido entre os seus apoios nº 148 (matrícula: AJVRBIA0) de formigón tipo AM-ANC-HV-1B/11-Lira e nº 151 (matrícula: AJWRPUVH) de formigón tipo S-AL-HVH-Lira, consistente en:
– Desconexión e desmonte do condutor tipo LAC-80, no treito da liña SMR-706 de 172,6 metros de lonxitude comprendido entre os actuais apoios nº 149 e nº 150X1.
– Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15037A045004570000PG cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 150, do apoio nº 149 (matrícula: AJW4J64V) de formigón tipo S-AL-HV 1B/11-Lira, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/12-H35-CA(CS).
– Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15037A045004640000PTcun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 150×1, do apoio nº 150 (matrícula: AJWH9O40) de formigón tipo S-AL-HV 1B/11-Lira, polo novo apoio metálico de celosía tipo S-C-1000/12-BR-1C-CS.
– Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15037A045009840000PDcun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 151, do apoio nº 150X1 (matrícula: AJWOQ4N5) de formigón tipo S-AL-HV 1B/11-Lira, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/12-H35-CA(CS).
– Instalación de novo condutor tipo LA-110, no treito da liña SMR-706 de 172,6 metros de lonxitude comprendido entre os novos apoios nº 149 e nº 150X1 proxectados.
– Retensado do condutor tipo LAC-80 (condutor existente), no van da liña SMR-706 de 90,9 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 148 existente e o novo apoio nº 149 proxectado.
– Retensado do condutor tipo LAC-80 (condutor existente), no van da liña SMR-706 de 141,2 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio nº 150×1 proxectado e o apoio nº 151 existente.
– Nos tres (3) novos apoios proxectados, procederase á instalación de elementos de protección da avifauna.
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
B) A instalación executarase no prazo dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da da Lei 39/2015, do 1 de outubro, dp procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 17 de xaneiro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Regulamentación LMT SMR706 entre apoios AJW4J64V//149 a AJWOQ4N5//150X1
Relación de bens e dereitos afectados-concello de Ferrol
|
Predio proxecto |
Persoa propietaria/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección de solo pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
Natureza do terreo |
||||
|
Apoio núm. |
Superficie (m2) |
ml. aér. |
ml. sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
|||||
|
1 |
José Luís Fernández Pazos. |
15037A045004570000PG Polígono: 45-Parcela: 457 |
Carrejozos |
AJW4J64V//149) |
2.0 |
Rústico, agrario, prados ou praderías |
||||
|
2 |
África Pérez Núñez |
15037A045004640000PT Polígono: 45-parcela: 464 |
O Pedrido |
AJWH9O40//150 |
2.0 |
Rústico, agrario, prados ou praderías |
||||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m².
m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m².
