DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2025 Páx. 10316

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Estatística

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre de 2024.

De acordo co previsto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), onde se establece que as consellerías e entidades dependentes da Xunta de Galicia deberán remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior, e en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación de convenios subscritos polo Instituto Galego de Estatística nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro, que se xunta a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2025

José Antonio Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística

ANEXO

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo e o Instituto Galego de Estatística para realizar prácticas académicas externas do estudantado de todos os mestrados interuniversitarios do Sistema universitario de Galicia.

28.10.2024

0 €

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade da Coruña e o Instituto Galego de Estatística para a realización de prácticas académicas externas curriculares e extracurriculares do alumnado da Universidade da Coruña.

13.11.2024

0 €