DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2025 Páx. 10373

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2025 pola que se fai público o financiamento, cos fondos da Unión Europea do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR), do contrato administrativo de servizo de apoio á dixitalización en sistemas de xestión do ciclo integral da auga en entidades locais de menos de 20.000 habitantes de Galicia. Desenvolvemento, implantación e posta en marcha dunha rede autonómica de estacións dixitais de monitorización de sistemas de abastecemento de auga potable en alta. Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. Referencia de expediente: AUG-2024-0008.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas por estes, anexo IX do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e a política de visados, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 71311000-1 (servizos de consultoría en enxeñaría civil) e 72200000-7 (servizos de programación de software e de consultoría)

4. Código NUTS do lugar principal do servizo: ES11 Comunidade Autónoma de Galicia.

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de apoio á dixitalización en sistemas de xestión do ciclo integral da auga en entidades locais de menos de 20.000 habitantes de Galicia. Desenvolvemento, implantación e posta en marcha dunha rede autonómica de estacións dixitais de monitorización de sistemas de abastecemento de auga potable en alta. Referencia de expediente: AUG-2024-0008.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, suxeito a regulación harmonizada, polo trámite ordinario e anticipado do gasto.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 4.759.088,46 euros. Importe total: 5.758.497,04 euros.

8. Valor estimado do contrato: 4.759.088,46 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 20 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares para os efectos de determinar a mellor oferta como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación (en orde decrecente por puntuación e ponderación): descrición da metodoloxía proposta (44), proposición económica (41), medidas para o impulso demográfico (10), organización da execución dos traballos (3) e mellora técnica vinculada á execución do servizo (2).

11. Data da adxudicación do contrato: 15 de setembro de 2024.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 5.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 5.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 6 de novembro de 2024.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Espina & Delfín, S.L. & Cuartazona Ingeniería, S.L. Unión temporal de empresas, Lei 18/1982.

14.2. NIF: U75250126.

14.3. Enderezo: polígono industrial do Tambre, vía Edison, 9. 15890 Santiago de Compostela.

14.4. Código NUTS: ES111.

14.5. Correo electrónico: ed@espinaydelfin.com

14.6. Fax: 981 58 80 56.

14.7. Teléfono: 981 58 20 00.

14.8. Pequena ou mediana empresa: si, unha das empresas que forma parte da UTE (Cuartazona Ingeniería, S.L.).

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 4.418.835,00 euros. Importe total: 5.346.790,35 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación financiada no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, cos fondos do Mecanismo de recuperación e Reriliencia (MRR) dentro do marco do dito plan en política panca II: infraestruturas e ecosistemas resilientes; compoñente 5: preservación do litoral e recursos hídricos; medida: investimento 3 (C5.I3): transición dixital no sector da auga (vixilancia e control da contorna dixital; fito núm. 79: posta en funcionamento de ferramentas para mellorar o coñecemento e o uso dos recursos hídricos, e para rexistrar as precipitacións e outros datos meteorolóxicos para previr os riscos climáticos; proxecto 01 (C05.I03.P01): mellora do coñecemento e do uso dos recursos hídricos; subproxecto 13 (C05.I03.P01.S13): PERTE de dixitalización do ciclo da auga na Comunidade Autónoma de Galicia, e campo de intervención 011: solucións de TIC para a Administración.

O Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) é o elemento central de NextGenerationEU, do que forma parte, cuxo obxectivo é mitigar o impacto económico e social da pandemia do coronavirus e facer que as economías e sociedades europeas sexan máis sustentables e resilientes e estean mellor preparadas para os retos e as oportunidades das transicións ecolóxica e dixital. Os seus fondos canalízanse a través do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

O Instrumento europeo de recuperación, tamén denominado NextGenerationEU, é un instrumento financeiro temporal de recuperación concibido para impulsar a recuperación que contribuirá a reparar os danos económicos e sociais inmediatos causados pola pandemia do coronavirus. A Europa posterior á Covid-19 será unha Europa máis ecolóxica, máis dixital, máis resiliente e mellor adaptada aos retos actuais e futuros.

17. Servizo do que se pode obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: DOUE 1/2024-1744, do 2 de xaneiro de 2024.

19. Información acerca do acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Data de envío do anuncio de licitación ao Diario Oficial de la Unión Europea: 29 de decembro de 2023.

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: 2 de xaneiro de 2024.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 2 de xaneiro de 2024.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 17 de setembro de 2024.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 8 de novembro de 2024.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no Diario Oficial de la Unión Europea: 12 de novembro de 2024.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2025

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia