En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no art. 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 16 de decembro de 2024, adoptou a seguinte resolución:
Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación de Fragoso, a favor da comunidade de montes veciñais en man común de Fragoso, no concello de Castrelo de Miño, resultan os seguintes feitos:
Primeiro. O 20 de febreiro de 2023 tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural un escrito da CMVMC de Ramirás, dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, no cale solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Ampliación de Fragoso, a favor da comunidade de montes veciñais en man común de Fragoso, no concello de Castrelo de Miño.
Segundo. O 14 de maio de 2024, o Xurado Provincial acordou iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.
Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.
Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación existente no expediente, descríbese así:
Nome do monte: Ampliación de Fragoso.
Superficie: 27,17 ha.
Pertenza: CMVMC de Fragoso.
Parroquia: Macendo (Santa María).
Concello: Castrelo de Miño.
Descrición dos predios que constitúen o monte:
Predio 1 (Pena e O Vedado):
Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados polo camiño correspondente á parcela coa referencia catastral 32023A03109003.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Estremas |
Referencia catastral |
|
32023A02800563 (parte) 32023A03100414 32023A03100415 (parte) 32023A03102000 32023A03104000 |
Norte |
32023A02800563 (resto) 32023A02800457 |
|
Leste |
32023A02800457 32023A02800456 32023A02800455 32023A02800454 32023A02800453 32023A02800452 32023A02800451 32023A02800450 32023A02800449 32023A02800448 32023A02800447 32023A02800446 32023A02800445 32023A02800438 32023A02800437 32023A02800436 32023A02800435 32023A02800434 32023A02800433 32023A02800432 32023A02800431 32023A02800430 32023A02800429 |
|
|
Leste |
32023A02800428 32023A02800427 32023A02800426 32023A02800425 32023A02800424 32023A02800423 32023A02800422 32023A02800421 32023A02800420 32023A02800419 32023A02800418 32023A02800417 32023A02800416 32023A02800415 32023A02800414 32023A02800413 32023A02800412 32023A02800405 32023A03109003 32023A02800409 32023A02800408 32023A02800404 32023A02800403 32023A02800401 32023A02800400 32023A02800398 32023A02800395 32023A02800394 32023A02800392 32023A02800391 32023A03101000 |
|
|
Sur |
32023A031019004 |
|
|
Oeste |
32023A03100415 (resto) 32023A03209003 32023A02800561 |
|
Predio 2 (Pena):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Estremas |
Referencia catastral |
|
32023A02800563 (parte) |
Norte |
32023A02800563 (resto) |
|
Leste |
32023A02800563 (resto) |
|
|
Sur |
32023A02800465 32023A02800464 32023A02800463 32023A02800462 |
|
|
Oeste |
32023A02800462 32023A02800563 (resto) |
|
Predio 3 (Pena e Fragoso):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Estremas |
Referencia catastral |
|
32023A02800377 32023A02800381 32023A02800442 32023A02800443 32023A02800444 32023A02800559 (parte) 32023A02800563 (parte) 32023A02809003 |
Norte |
32023A02800464 32023A02800563 (resto) |
|
Leste |
32023A02800563 (resto) 32023A02800563 (resto) 32023A02801000 |
|
|
Sur |
32023A02800279 32023A02800268 32023A02800267 32023A02800269 32023A02800265 32023A02800264 32023A02800253 32023A02800256 32023A02800261 32023A02800262 32023A02800263 32023A02800195 32023A02800194 32023A02800193 32023A02800191 32023A02800190 32023A02800189 32023A02809007 32023A02800184 32023A02809004 32023A02800171 32023A02800170 32023A02800169 32023A02800168 32023A02800167 32023A02800166 32023A02800165 32023A02800164 32023A02800163 32023A02800161 32023A02800160 32023A02800157 32023A02800156 32023A02800151 32023A02800150 32023A02800149 |
|
|
Sur |
32023A02800147 32023A02800145 32023A02800142 32023A02800140 32023A02800139 32023A02800138 32023A02800137 32023A02800135 32023A02800134 32023A02800133 32023A02800132 32023A02800373 32023A03109001 |
|
|
Oeste |
32023A03109003 32023A02800391 32023A02800406 32023A02800407 32023A02800408 32023A02800409 32023A02800410 32023A02800411 32023A02800412 32023A02800413 32023A02800414 32023A02800415 32023A02800416 32023A02800417 32023A02800418 32023A02800419 32023A02800420 32023A02800421 32023A02800422 32023A02800423 32023A02800424 32023A02800425 32023A02800426 32023A02800427 32023A02800428 32023A02800429 32023A02800430 32023A02800431 32023A02800432 32023A02800433 32023A02800434 32023A02800435 32023A02800436 32023A02800437 32023A02800438 |
|
|
Oeste |
32023A02800445 32023A02800446 32023A02800447 32023A02800448 32023A02800449 32023A02800450 32023A02800451 32023A02800452 32023A02800453 32023A02800454 32023A02800455 32023A02800456 32023A02800457 32023A02800458 32023A02800459 32023A02800460 32023A02800461 32023A02800462 32023A02800463 32023A02800464 |
|
|
Enclavados |
32023A02800378 32023A02800379 32023A02800380 32023A02800383 32023A02800384 |
|
Predio 4 (Pena):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Estremas |
Referencia catastral |
|
32023A02800563 (parte) |
Norte |
32023A02800563 (resto) |
|
Leste |
32023A02800563 (resto) |
|
|
Sur |
32023A02801000 |
|
|
Oeste |
32023A02801000 |
|
Fundamentos de dereito:
Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».
Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.
Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.
En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992,do 4 de setembro, o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,
RESOLVE:
Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Ampliación de Fragoso, a favor da comunidade de montes veciñais en man común de Fragoso, no concello de Castrelo de Miño, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ourense, 22 de xaneiro de 2025
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense
