DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2025 Páx. 10666

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2025, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de persoal licenciado sanitario da Xefatura do Servizo de Atención Primaria de Caldas de Reis.

Mediante a Resolución do 31 de outubro de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés (DOG núm. 222, do 18 de novembro), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de persoal licenciado sanitario da Xefatura do Servizo de Atención Primaria de Caldas de Reis.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), esta xerencia

RESOLVE:

Primeiro. Declarar resolta a convocatoria e adxudicar o posto da Xefatura do Servizo de Atención Primaria de Caldas de Reis, que se relaciona no anexo.

Segundo. A aspirante deberá cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Terceiro. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 29 de xaneiro de 2025

José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Adxudicación de praza

Apelidos e nome

DNI

Denominación da praza

Servizo/Unidade

Rodríguez Barros, Emma

***2324**

Xefatura do Servizo de Atención Primaria

Atención Primaria Caldas de Reis

(Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés)

(*) Ocúltase parcialmente o número do DNI para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.