Mediante a Resolución do 31 de outubro de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés (DOG núm. 222, do 18 de novembro), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de coordinador/a de Atención Primaria do Servizo de Terra de Montes.
En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés
RESOLVE:
Primeiro. Adxudicar o posto de coordinador/a de Atención Primaria do Servizo de Terra de Montes na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés á aspirante seleccionada, relacionada no anexo.
Segundo. A aspirante deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.
Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.
O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.
Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Pontevedra, 29 de xaneiro de 2025
José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés
ANEXO
Adxudicación da praza
|
Apelidos e nome |
DNI |
Denominación |
Servizo/Unidade |
|
Carballeira García, Ángela Trinidad |
***0284** |
Coordinador/a do Servizo de Atención Primaria |
Atención Primaria Terra de Montes (Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés) |
(*) Ocúltase parcialmente o número do DNI para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.
