DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2025 Páx. 10670

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2025, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente XC-02786-S-2024 e tres máis).

Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de inicio ditados pola persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña no expediente sancionador número XC-02786-S-2024 e tres máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegaren o que consideren conveniente presentaren ou propoñeren as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2025

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-02786-S-2024

5706LSC

52451877D

A realización de servizos de taxi ou de arrendamento de vehículos con condutor carecendo dos preceptivos títulos habilitantes ou con estes suspendidos, anulados, caducados, revogados, sen ter realizado o visado obrigatorio ou por calquera outra causa ou circunstancia pola que as referidas habilitacións expedidas para exercer a actividade xa non sexan válidas. No suposto de que a infracción consista na falta de visado obrigatorio e este se realizase con anterioridade á data de resolución do procedemento sancionador, a infracción terá a cualificación de leve.

21.7.2024; 5.27; avenida do Malecón; 0

Artigo 60.a) Lei 4/2013

Artigo 63 Lei 4/2013

2.001 euros

XC-02997-O-2024

5040-BCG

05398380G

Condución ininterrompida-superior a 4 horas e 30 minutos e inferior a 5 horas.

8.7.2024; 16.25; AG-55; 7,7

Artigo 142.17 LOTT

Artigo 199.18 ROTT

Artigo 201.a) ROTT

Artigo 143.1 LOTT

100 euros

XC-03347-O-2024

3012-CZL

48114443F

A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

17.10.2024; 16.57; DP-3109; 4,743

Artigo 140.34 LOTT

Artigo 197.39 ROTT

Artigo 143.1.g) LOTT

1.001 euros

XC-03402-O-2024

5040-BGC

05398380G

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas do día en curso e dos 28 días anteriores, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

8.7.2024; 16.20; AG-55; 7,7

Artigo 197.40 ROTT

Artigo 140.35 LOTT

Artigo 143.1 LOTT

Artigo 201.g) ROTT

1.001 euros