Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas identificadas no anexo a resolución ditada no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia porque, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.
A resolución foi ditada pola persoa titular do Departamento Territorial, cuxo texto íntegro, así como o seu expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A resolución mencionada non pon fin á vía administrativa, polo que pode ser impugnada en alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, a resolución devirá firme.
Lugo, 24 de xaneiro de 2025
Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Número de expediente |
DNI/NIE |
Acto notificado |
|
LU-2024/00249 |
33539575D Z0731961Z |
Resolución de denegación da inscripción |
