DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2025 Páx. 10673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ACORDO do 2 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, e o estudo de impacto ambiental, das instalacións do parque eólico Tenzas do Aire, situado no concello de Rodeiro (expediente IN661A 2011/7-4).

Sométense a información pública as solicitudes relacionadas coas instalacións que se describen a seguir, en cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e demais normas vixentes de aplicación.

Solicitante: Renovables San Martiño, S.L.

Denominación do proxecto: proxecto técnico parque eólico Tenzas do Aire (xullo 2022).

Concellos afectados: Rodeiro (Pontevedra).

Potencia que se vai instalar: 12 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 3.

Produción neta anual estimada: 35.563 (Mwh/ano).

Orzamento total (execución material): 9.160.031,00 €.

Coordenadas da poligonal de delimitación:

Vértices

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

1

585.000,00

4.728.170,00

2

585.300,00

4.728.170,00

3

585.300,00

4.727.920,00

4

584.100,00

4.727.000,00

5

583.230,00

4.726.670,00

6

582.390,00

4.727.000,00

7

582.390,00

4.727.900,00

8

583.490,00

4.727.900,00

9

583.750,00

4.727.450,00

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Modelo

1

582.669,20

4.727.461,43

Vestas V136 4 MW 105 m

2

582.982,20

4.727.333,44

Vestas V136 4 MW 105 m

3

583.086,20

4.726.993,43

Vestas V136 4 MW 82 m

Coordenadas da envolvente da subestación do parque eólico:

Vértice envolvente

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

A

583.685,00

4.727.272,00

B

583.723,00

4.727.258,00

C

583.704,00

4.727.207,00

D

583.667,00

4.727.220,00

Características técnicas recollidas no proxecto:

– Tres (3) aeroxeradores de 4.000 kW de potencia unitaria, de 136 m de diámetro de rotor e unha altura de buxeiro de 105 m para os aeroxeradores 1 e 2, e 82 m para o aeroxerador 3, correspondentes co modelo Vestas V136.

– Tres (3) centros de transformación de potencia nominal 4.700 kVA e tensión 0,72/30 kV, situados no interior dos aeroxeradores.

– Rede de media tensión de 30 kV soterrada, formada por un (1) circuíto con cables RHZ1 18/30 kV Al de 240 mm² e 400 mm² segundo o tramo, para a interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación do PE Tenzas do Aire. Pola mesma gabia discorrerá cable de terra e condutor de fibra óptica que se empregará para a monitorización e control do parque eólico.

– Subestación do tipo HIS con relación de transformación 132/30 kV, constituída polo parque intemperie, o edificio de control de dimensións 30,87 x 9,10 m en planta e 3,00 m de altura útil, vías e zonas de acceso, e que contará cos seguintes elementos:

• Sistema de 30 kV con esquema de simple barra, localizado en parte na sala de celas do edificio de control, constituído por unha (1) cela de seccionamento e medida, unha (1) cela de manobra, medida e protección para a conexión dos aeroxeradores, unha (1) cela de protección do transformador de potencia no seu lado de 30 kV, dúas (2) celas de protección das baterías de condensadores para compensación de reactiva, unha (1) cela de protección do transformador de servizos auxiliares, e un (1) transformador de servizos auxiliares de interior 30/0,40 kV de 100 KVA de potencia. E localizados no parque intemperie: unha (1) reactancia trifásica de posta a terra, un (1) seccionador de 30 kV, un conxunto de tres (3) pararraios autoválvulas, dúas (2) baterías de condensadores estáticos, e cables UNE RHZ1 18/36 kV para a conexión co lado de 30 kV do transformador de potencia.

• Un (1) transformador para servizo intemperie, de 12/15 MVA de potencia, modo de refrixeración ONAN/ONAF, e relación de transformación 132/30 kV, dotado de regulación en carga, e proteccións mediante imaxe térmica, termómetro e termóstato, relé buchholz, liberador de presión e nivel de aceite.

• Sistema de 132 kV formado por unha (1) posición de liña/transformación de configuración intemperie, composta por un equipo compacto de tecnoloxía HIS modelo PASS ou similar, integrando funcións de interruptor automático, seccionador e transformadores de intensidade para medida e protección, 3 transformadores de tensión indutivos, 6 autoválvulas e pórtico de entrada de liña de 132 kV.

• Sistema de mando e control do parque eólico para a recollida de datos e envío de ordes, localizado no edificio de control, constituído por unha unidade de control da subestación (UCS) que inclúe pantalla, teclado, unidade de control dos sinais dos servizos auxiliares e equipamento para as funcións de comunicacións e telemando, e unha unidade de control de posición (UCP) para cada posición da subestación (posición de liña de 132 kV, posición de transformador de potencia, e posicións das celas de 30 kV).

• Equipos de medida e facturación, incluídos contadores (principal e redundante), módulo de comunicacións coa unidade de control da subestación, e armario.

• Sistema de telecontrol, encargado de recoller os sinais, alarmas e medidas da instalación, para a súa transmisión aos centros remotos de operación da compañía explotadora do parque, e de transmitir os sinais de teledisparo para o mando e control dos diferentes equipamentos que integran a instalación do parque eólico.

• Servizos auxiliares de corrente alterna para a alimentación dos sistemas de forza, climatización, ventilación e iluminación exterior e interior da subestación, a través dun transformador de 100 kVA de relación de transformación 30/0,4 kV localizado no interior da sala de celas do edificio de control.

• Servizos auxiliares de corrente continua constituído por dous equipamentos compactos rectificador-batería de 125 Vcc funcionando en paralelo, que alimentan os servizos de control, forza e proteccións en corrente continua da subestación, incluída unha fonte de alimentación conmutada con saída a 48 Vcc.

• Grupo electróxeno para servizo de emerxencia por fallo de rede, con alternador de 100 kVA a 50 Hz, tensión 400/230 V, motor diésel de potencia adecuada, sistema de alimentación e almacenamento de combustible, e cadro de control con dispositivos de mando, manobra e protección.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto das referidas instalacións é a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación relacionadas ao inicio deste acordo, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos:

– Proxecto técnico parque eólico Tenzas do Aire (xullo 2022), asinado o 6.7.2022 polo enxeñeiro industrial José Ernesto Rodríguez Blanco, colexiado núm. 1185 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

– Parque eólico Tenzas do Aire. T.M. Rodeiro (Pontevedra). Estudo de impacto ambiental (xuño 2024), elaborado pola empresa Ambiotec, asinado o 26.6.2024 polo equipo redactor.

Polo exposto, o proxecto faise público para o coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no DOG, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43-4º, 36071 Pontevedra, teléfono 986 80 52 34), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como nas dependencias do concello de Rodeiro (Praza da Fonte, nº 2, 36530 Rodeiro). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través da seguinte ligazón:

https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica

Pontevedra, 2 de decembro de 2024

Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra