Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 20, do 30 de xaneiro de 2025 , cómpre realizar as seguintes correccións:
– Na páxina 8314, no final do último parágrafo, onde di: «... que se inclúen no anexo I desta resolución», debe dicir: «... que se inclúen no anexo I desta orde».
– Na páxina 8315, no final do primeiro parágrafo, onde di: «... que se inclúe como anexo II desta resolución», debe dicir: «... que se inclúe como anexo II desta orde».
– Na páxina 8315, no segundo parágrafo, onde di: «Terceiro. Ordenar a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia», debe dicir: «Terceiro. Ordenar a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia».
– Na páxina 8322, no cuarto parágrafo, onde di: «... na Resolución do 22 de xaneiro de 2025, ...», debe dicir: «... na Orde do 23 de xaneiro de 2025, ...».
– Na páxina 8323, no terceiro parágrafo, onde di: «... na Resolución do 22 de xaneiro de 2025», debe dicir: «... na Orde do 23 de xaneiro de 2025».
– Na páxina 8324, no quinto parágrafo, onde di: «... na Resolución do 22 de xaneiro de 2025, ...», debe dicir: «... na Orde do 23 de xaneiro de 2025, ...».
– Na páxina 8326, no último parágrafo, onde di: «... na Resolución do 22 de xaneiro de 2025, ...», debe dicir: «... na Orde do 23 de xaneiro de 2025, ...».
