DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2025 Páx. 10405

I. Disposicións xerais

Presidencia da Xunta de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Advertidos erros na publicación da Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 251, do 31 de decembro, procede facer as oportunas correccións no sentido que se indica a seguir:

Na páxina 69092, no punto 3 do artigo 63, onde di:

«3. O Instituto Galego da Vivenda e Solo seleccionará previamente aquelas áreas urbanas en que concorran os requisitos sinalados no artigo 44, identificando,...».

Debe dicir:

«3. O Instituto Galego da Vivenda e Solo seleccionará previamente aquelas áreas urbanas en que concorran os requisitos sinalados no artigo 62, identificando,...».

Na páxina 69092, no punto 4 do artigo 63, onde di:

«4. Constando a conformidade do concello afectado, a Presidencia do Instituto Galego da Vivenda e Solo aprobará mediante resolución a delimitación dos ámbitos de actuación que serán obxecto de transformación urbanística, xustificando a concorrencia dos requisitos sinalados no artigo 44. A devandita resolución...».

Debe dicir:

«4. Constando a conformidade do concello afectado, a Presidencia do Instituto Galego da Vivenda e Solo aprobará mediante resolución a delimitación dos ámbitos de actuación que serán obxecto de transformación urbanística, xustificando a concorrencia dos requisitos sinalados no artigo 62. A devandita resolución...».

Na páxina 69098, na letra a) do número 1 do artigo 73, onde di:

«a) A autorización da edificación, nos termos previstos no artigo 56, non poderá...».

Debe dicir:

«a) A autorización da edificación, nos termos previstos no artigo 74, non poderá...».

Na páxina 69175, na disposición transitoria quinta, onde di:

«A reserva de prazas de aparcadoiros de vehículos para edificios de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública establecida no artigo 57 resultará...».

Debe dicir:

«A reserva de prazas de aparcadoiros de vehículos para edificios de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública establecida no artigo 75 resultará...».