DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2025 Páx. 10700

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 30 de setembro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Cerdedo-Cotobade (expediente DH.A36.101106).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios As Devesas.

Expediente: DH.A36.101106.

Volume total anual: 1.028,00 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,15 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: un (1) manancial en parcela 2101, poligono 516.

Lugar: Os Martices.

Parroquia: Rebordelo.

Concello: Cerdedo-Cotobade.

Descrición:

A auga cáptase en arqueta con aros formigón e condúcese a depósito na parcela 2087, poligono 516, desde o que se distribúe ás vivendas que abastece a Comunidade nos lugares dos Martices e Os Lourenzos, parroquia de Rebordelo (Cerdedo-Cotobade)

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet da Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 30 de setembro de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur