Rodrigo Rey Froján solicita de Augas de Galicia a autorización de obras coas seguintes características:
Solicitante: Rodrigo Rey Froján.
Expediente: DH.W36.101527.
Concello: Caldas de Reis.
Descrición das obras: execución de muros de contención de terras na parcela con referencia catastral 36005A014000010000TD, co fin de evitar o derrubamento do noiro existente entre esa parcela e a parcela con referencia catastral 36005A014000090000TH.
O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) contados a partir do seguinte ao da data de publicación Diario Oficial de Galicia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no concello de Caldas de Reis ou nas oficinas deste servizo, situadas na rúa San Salvador, nº 2, 4º, Vigo (Pontevedra), onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe, cita previa no enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal. O proxecto obxecto da presente autorización estará dispoñible para a súa consulta na páxina web deste organismo de conca http://augasdegalicia.xunta.gal, na sección denominada Participación pública.
Vigo, 8 de outubro de 2024
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial
da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
