En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Manuel Casas Iglesias.
DNI: ***1076**.
Expediente: DH.A15.102652.
Volume total anual: 2.995 m³/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,20 l/s.
Destino: uso doméstico, gandeiro e rega.
Orixe: manancial na parcela Xuncal.
Lugar: A Baixa.
Parroquia: Trazo.
Concello: Trazo.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación dun manancial situado na parcela de referencia catastral 15087A024002790000SK mediante un pozo de aros de formigón, e na súa condución mediante tubaxe soterrada ata a parcela de uso 000302200NH36B0001XL.
O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal de internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16-baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2025
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
