DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2025 Páx. 10705

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 24 de xaneiro de 2025 pola que se notifica a resolución de expediente de reclamación patrimonial con referencia 14/22.

O 14 de abril de 2022 formúlase a reclamación patrimonial presentada por Mayra Fernanda Ortiz Rincón por danos sufridos como consecuencia dunha caída no porto de Portonovo e indicou expresamente como domicilio para os efectos de notificación: rúa San Xosé, nº 1, 1º D, 36206 Vigo (Pontevedra).

O 11 de marzo de 2024 resólvese o expediente de reclamación patrimonial con referencia 14/22 e, intentada a notificación deste acordo no domicilio de notificación antes indicado, segundo o Servizo de Correos e Telégrafos, S.A. comunícase «Descoñecido».

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), notifícaselle ao reclamante cuxo domicilio para os efectos de notificación é r/ San Xosé, nº 1, 1º D, 36206 Vigo (Pontevedra), mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acordo de inicio de reclamación patrimonial con referencia RP 14/22.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Esta resolución pon fin a vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do xulgado correspondente da dita orde xurisdicional no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da recepción da presente notificación, consonte o establecido nos artigos 25 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer o recurso de reposición, ante o mesmo órgano que ditou esta resolución, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación.

O expediente completo atópase nas dependencias dos servicios centrais de Portos de Galicia onde poderá ser examinado das 9.00 ás 14.00 horas, en días hábiles, excluídos sábados, domingos e festivos.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2025

Juan Sanmartín Ferreiro
Director de Portos de Galicia