DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2025 Páx. 10707

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de notificación no procedemento infrutuoso relativo á xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas.

O Concello de Betanzos fai pública unha notificación relativa ao requirimento de limpeza aos titulares das parcelas que se indican a seguir, logo de resultar infrutuosas, por causas non imputables a esta Administración, a notificación á cal se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, de conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Expediente

Ref. catastral

Titular

Acto notificado

2024/V001/000104

15009A002001120000EM

En investigación

Requirimento de limpeza de parcela

2024/V001/000104

15009A002001260000EU

En investigación

Requirimento de limpeza de parcela

2025/V001/000002

15009A013003440000ED

En investigación

Requirimento de limpeza de parcela

As persoas interesadas en coñecer o contido íntegro do acto que se notifica poderán acudir ás oficinas municipais do Concello de Betanzos, sitas na praza da Constitución (casa do concello), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de anuncios do Boletín Oficial del Estado (BOE). Así mesmo, dispoñen de idéntico prazo para cumprir coa obriga da xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada das especies arbóreas prohibidas.

Unha vez transcorrido este prazo sen que se faga uso do dereito sinalado, o Concello de Betanzos continuará co expediente segundo o disposto no ordinal 4º do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril.

O Concello de Betanzos notifica este acto para os efectos oportunos e sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan alegar o que consideren oportuno, no prazo de quince días desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Betanzos, 21 de xaneiro de 2025

María Barral Varela
Alcaldesa