Por acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Miño, do 30 de xaneiro de 2025, aprobouse expediente para a realización do concerto social para a prestación do servizo de atención temperá e o prego de condicións técnicas que rexerá o concerto, e autorizouse o gasto, así como a convocatoria por urxencia do concerto social, con envío de anuncio ao Diario Oficial de Galicia e apertura do procedemento para a presentación de proposicións.
O prego de condicións regula o prazo de presentación, os requisitos das entidades participantes, os criterios de valoración, as condicións técnicas de prestación do concerto social, o prezo de obrigas e dereitos das partes. Este pode consultarse na sede electrónica municipal, a través do taboleiro de anuncios electrónico.
Miño, 3 de febreiro de 2025
O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía 25/2025, do 16 de xaneiro)
María Catalina Morado Fariña
Alcaldesa en funcións
