DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2025 Páx. 11153

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 28 de xaneiro de 2025 pola que se notifica o acordo de inicio de procedemento administrativo sancionador (expediente 12-48-24-14 e cinco máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), notifícanselles ás persoas denunciadas cuxos datos persoais se mencionan nos anexos, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, os acordos de inicio dos procedementos administrativos sancionadores por presunta infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O órgano competente para resolver o expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

De acordo co artigo 64.2.f) da LPAC, dispoñen dun prazo de quince (15) días, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente acordo, para formular alegacións e, de ser o caso, propor proba ante o instrutor. Concretarán os medios de que se pretendan valer e citarán o número de expediente.

Así mesmo, e con anterioridade ao trámite de audiencia, poderanse formular alegacións e achegar os documentos que se consideren convenientes.

De non se efectuaren alegacións no prazo antes mencionado, estes acordos, por aplicación do establecido no artigo 62.2.f) da LPAC, serán considerados propostas de resolucións.

Se recoñecen voluntariamente a súa responsabilidade, resolveranse os procedementos coa imposición da sanción que proceda.

Poderase pagar voluntariamente a multa cunha redución do 30 por cento sobre o importe da sanción proposta, mediante o ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), utilizando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria; o pagamento reducido comporta a renuncia a formular alegacións, a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución e a imposibilidade de interposición de recurso na vía administrativa.

Por outra banda, dispoñen dun prazo máximo de dez (10) días, contado desde a publicación do presente acordo, para identificarse, no caso de que non fosen vostedes os/as condutores/as do vehículo na data e na hora da denuncia, e indicarán o seu nome, apelidos e documento nacional de identidade, así como o domicilio para os efectos de notificacións. Responderán vostedes persoalmente cando non sexa posible a dita notificación por algunha causa que lles sexa imputable e, igualmente, cando se oculte información ou a facilitada sexa falsa ou deliberadamente incorrecta.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2025

Juan Sanmartín Ferreiro
Director xeral de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula Denunciante

DNI/CIF do denunciado

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto
infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 12-48-25-14

0219-FMC

Gardapeiraos

53489996T

Estacionamento prohibido.

7.11.2024; 15.10 horas; Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-25-20

3504-DGX

Gardapeiraos

52459653B

Estacionamento prohibido.

12.11.2024; 11.26 horas;

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-25-31

1476-FPD

Gardapeiraos

53485 865D

Estacionamento prohibido.

14.11.2024; 8.39 horas;

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-25-34

4556-KLZ

Gardapeiraos

52936295R

Estacionamento prohibido.

14.11.2024; 11.15 horas;

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-25-41

5065-GTK

Gardapeiraos

Y1333938K

Estacionamento prohibido.

22.11.2024; 17.36 horas;

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-25-56

8784-KHS

Gardapeiraos

52457406H

Estacionamento prohibido

26.11.2024; 10.23 horas;

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €