DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2025 Páx. 11155

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porto do Son

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción de equipamento educativo en Portosín.

O Pleno do Concello de Porto do Son, en sesión extraordinaria do 14 de xaneiro de 2025, acordou:

«Primeiro. Desestimar as seguintes alegacións, polos motivos técnicos-xurídicos expresados no informe de participación pública e consultas ás administracións, do documento para a aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dun equipamento educativo en Portosín (Porto do Son), promovido polo Concello de Porto do Son, segundo versión asinada dixitalmente polo arquitecto Ángel Luis Monteoliva, do 28.5.2024, e tendo en conta os informes técnicos e xurídicos municipais do 8.11.2024 e do 30.12.2024:

Data e rexistro de entrada

Interesado/a e NIF

9.12.2021, 2021-E-RC-7519

Josefina Rego Maneiro, ***1394**

31.1.2022, 2022-E-RC-406

Antonio Dean Pouso, ***4651**

3.2.2022, 2022-E-RC-480

Balbino González Montemuíño,

En representación do Grupo Municipal do BNG, ***1489**

10.2.2022, 2022-E-RC-577

José Antonio Martínez Calvo, ***6386**

10.2.2022, 2022-E-RC-581

Pilar Martínez Calvo, ***7169** e

Manuel Prieto Martínez, ***7739**

10.2.2022, 2022-E-RC-582

Ana Asunción González Outes, ***5742**

10.2.2022, 2022-E-RC-583

Manuel Prieto Martínez, ***7739**

10.2.2022, 2022-E-RC-584

Pilar Martínez Calvo, ***7169**

10.2.2022, 2022-E-RC-585

José Manuel González Outes, ***8125**

10.2.2022, 2022-E-RC-586

Antonio Barral Outes, ***4544**

11.2.2022, 2022-E-RC-614

Tomás Castro Bugallo, ***8268**

11.2.2022, 2022-E-RC-620

Manuel José Tuñas Calo, ***6605**

31.1.2022, 2022-E-RE-141

Francisco Javier Dean Pouso, en representación de Distribuciones Javier Dean, S.L., B15602451

8.11.2022, 2022-E-RC-6704

Manuel Prieto Martínez, ***7739**

8.11.2022, 2022-E-RC-6705

José Manuel González Outes, ***8125**

9.11.2022, 2022-E-RC-6748

José Antonio Martínez Calvo, ***6386**

16.11.2022, 2022-E-RC-6906

Tomás Castro Bugallo, ***8268**

21.11.2022, 2022-E-RC-7026

Balbino González Montemuíño, como representante do Grupo Municipal do BNG, ***1489**

Segundo. Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dun equipamento educativo en Portosín (Porto do Son), promovido polo Concello de Porto do Son, segundo versión asinada dixitalmente polo arquitecto Ángel Luis Monteoliva, do 28.5.2024.

Terceiro. Publicar a aprobación definitiva do referido plan especial no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción do acordo de aprobación definitiva.

De acordo co disposto no artigo 82.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, indícase que as medidas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do citado plan especial se inclúen no propio documento técnico aprobado definitivamente, que se pode consultar no seguinte enderezo electrónico da páxina web do Concello de Porto do Son: www.portodoson.gal e tamén no Portal de transparencia da sede electrónica do Concello de Porto do Son.

Cuarto. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, e xuntar un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado.

Quinto. Notificar individualmente a aprobación definitiva do plan especial aos interesados, xunto co informado sobre a desestimación das alegacións e a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados ás cales xa se lles tivese notificado a súa aprobación inicial, de conformidade co artigo 186.4 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

Sexto. De conformidade co disposto no artigo 82.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o documento que conteña a normativa e as ordenanzas publicarase no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

En todo caso, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan aprobado quedan condicionadas á inscrición do planeamento no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, de conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia».

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado plan especial poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Porto do Son, 15 de xaneiro de 2025

José Luis Oujo Pouso
Alcalde