DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2025 Páx. 10976

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 24 de xaneiro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación de Estada e Foral de Bertamil, no concello do Carballiño.

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 16 de decembro de 2024, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Nome do monte: Ampliación de Estada e Foral de Bertamil.

Superficie: 6,88 ha.

Pertenza: veciños/as de Bertamil.

Parroquia: Lobás (Santa Ouxea).

Concello: O Carballiño.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Predio único: Estada e Foral de Bertamil.

Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados por un camiño correspondente á parcela coa referencia catastral 32020A01709003.

Parcela obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32020A01702444

32020A01702488

Norte

32020A01600702

32020A01600589

32020A01600726

32020A01609007

32020A01600598

32020A01700035

Leste

32020A01700035

32020A01702445

Sur

32020A01702445

32020A01709003

Oeste

32020A01709003

Enclavado

32020A01702526

32020A01702527

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 24 de xaneiro de 2025

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense