DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2025 Páx. 10974

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 24 de xaneiro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado de Bouzas, no concello de Maceda.

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 16 de decembro de 2024, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Nome do monte: de Bouzas.

Superficie: 886 m².

Pertenza: veciños/as de Bouzas.

Parroquia: As Chás (San Xoán).

Concello: Maceda.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

O monte está formado por unha única parcela catastral de referencia 32044A030000900000UI e cunha superficie de 886 m², segundo datos da oficina virtual da Dirección Xeral de Catastro.

Parcela obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32044A03000090

Norte

32044A03000087

Leste

32044A03009003

Sur

32044A03000089

Oeste

32044A03000088

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 24 de xaneiro de 2025

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense