DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2025 Páx. 10971

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 3 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, polo cal se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos que se precisan ocupar para executar o proxecto construtivo do apartadoiro ferroviario na Plataforma loxística industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan).

Mediante a Resolución do 20 de xaneiro de 2025, da Consellería de Economía e Industria, aprobouse definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para executar o proxecto construtivo do apartadoiro ferroviario na Plataforma loxística industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan) (DOG número 22, do 3 de febreiro de 2025).

Os concellos afectados son Salvaterra de Miño e As Neves e o promotor o condominio formado pola Zona Franca de Vigo, a Autoridade Portuaria de Vigo e a Xunta de Galicia. O órgano expropiante é a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, da Consellería de Economía e Industria.

Mediante o Anuncio do 21 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, emprázanse as persoas interesadas e sinálanse as datas para o levantamento de actas de pagamento e ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa dos terreos que se precisan ocupar para executar o proxecto construtivo do apartadoiro ferroviario na Plisan (DOG número 22, do 3 de febreiro de 2025).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos na dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do acordo adoptado pola Resolución do 20 de xaneiro de 2025 e o Anuncio do 21 de xaneiro de 2025 deberá efectuarse no prazo de 3 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, no Edificio Igape, do complexo administrativo de San Lázaro, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2025

Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

ANEXO I

Relación de titulares, bens e dereitos afectados para notificar

Termo municipal: Salvaterra do Miño.

Predio

Referencia

catastral

Titular

Superficie total m2

Superficie afectada m2

5

36050A038001640000PW

Amparo Domínguez López

1.536

175

6

36050A038001650000PA

María González Domínguez

593

66

9

36050A038001550000PJ

María África Lorenzo Simón

1.427

376

14

36050A038009330000PB

Descoñecido/a

1.107

75

20

36050A038001480000PR

Descoñecido/a

1.339

716

21

36050A075001830000PA

Flota Suardiaz, S.A.

1.557

275

33

36050A038006000000PX

Descoñecido/a

414

298

38

36050A038004860000PB

María González Domínguez e

Emérita González Domínguez

153

23

40

36050A038003030000PF

Francisco Humanes Alfonso

282

36

46

36050A038002960000PY

Manuel Reijas Franco

230

17

48

36050A038002940000PA

Francisca Crespo Montes

336

8

49

36050A038002930000PW

Ángeles Martínez e Julio Martínez

144

2

54

36050A038003060000PK

María Morais Groba

577

13

57

36050A038002890000PH

Ángeles Martínez e Julio Martínez

246

6

58

36050A038002880000PU

Julia Fernández Lorenzo

125

47

59

36050A038001720000PQ

Ricardo Piñeiro

157

15

65

36050A037000480000PI

Juan Ramón González Suárez

101

15

68

36050A037000840000PJ

Descoñecido/a

113

12

75

36050A037000770000PR

Silvia Humanes García

106

10

Termo municipal: As Neves.

Predio

Referencia

catastral

Titular

Superficie total m2

Superficie afectada m2

22

36034A003000010000HI

Descoñecido/a

48

46

23

36034A003000030000HE

Antonio Soto Carballeira

139

135

24

36034A003000020000HJ

Descoñecido/a

211

209

27

36034A003007660000HX

Descoñecido/a

311

290