DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2025 Páx. 11145

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de xaneiro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Senra-Cardama-Vilarromariz II (Oroso-A Coruña) para ser notificado por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), un propietario da zona de concentración parcelaria de Senra-Cardama-Vilarromariz II (Oroso-A Coruña), que figura no anexo, para ser notificado por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2025

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Senra Cardama Vilarromariz II (Oroso-A Coruña)

DNI/nome

Nº de propietario

Acto notificado

32227779R

1034

RDX 19.12.2024