DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2025 Páx. 10945

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural

ORDE do 30 de xaneiro de 2025 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Mediante a Orde do 26 de novembro de 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia número 234, do 4 de decembro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo da Consellería do Medio Rural que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde desta consellería do 26 de novembro de 2024 e designar a persoa funcionaria cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocupar o posto que tamén se especifica, en cumprimento do acordo adoptado polo Consello Reitor da Axencia Galega da Calidade Alimentaria na súa sesión do 8 de xaneiro de 2025, de acordo co disposto no artigo 15 dos seus estatutos.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 8 do Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira, aprobado polo Decreto 151/2022, do 4 de agosto, no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días, se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal, será a partir da data da alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro en que cause baixa o/a funcionario/a, así como a daquel en que obteña destino, efectuarán, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das cales se lle dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2025

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural

ANEXO

Apelidos e nome: Mezquíriz Miguel, Laura.

NRP: ******6157 A2060.

Grupo: A1.

Corpo/escala: xeral.

Denominación do posto: xerente.

Código: MR.A11.00.002.15770.001.

Nivel: 30.

Dependencia: Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal).

Localidade: Santiago de Compostela.