Mediante a Orde do 11 de outubro de 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 203, do 21 de outubro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante nesta consellería que se detalla no anexo.
De conformidade co establecido na base sexta da dita orde, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo desta orde.
Segundo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses que se contarán a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2025
José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
ANEXO
Código: EI.C05.00.000.15770.001.
Consellería: Emprego, Comercio e Emigración.
Denominación do posto: secretario/a do/a director/a xeral.
Dependencia: Dirección Xeral de Comercio e Consumo.
Localidade: Santiago de Compostela.
Corpo ou escala: xeral.
Grupo/subgrupo: C1-C2.
Nivel: 18.
Complemento específico: 7.714,00 €/ano.
Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e comunidades autónomas).
Formación específica: 640-para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (requisito indispensable).
