BDNS (Identif.): 813526.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Persoas beneficiarias
Estar matriculado durante o curso 2024/25 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.
A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dúas persoas e un máximo de catro, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias.
Segundo. Obxecto
Convocatoria do concurso Eduemprende Idea 2025, co código de procedemento ED523A, co fin de promover a realización de proxectos empresariais por parte do alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 30 de decembro de 2024 pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2025 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos (código de procedemento ED523A).
Cuarto. Importe
A dotación total para os premios será de 12.000 €.
1. Modalidade A: ciclos de grao superior e cursos de especialización.
Incorporación a algún dos viveiros que compoñen a Rede galega de viveiros de empresas en centros educativos ou á área de emprendemento industrial do Centro Galego da Innovación da Formación Profesional.
Asesoramento técnico da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social a través da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.
Dotación económica:
1º premio: 3.000 €.
2º premio: 2.000 €.
3º premio: 1.000 €.
O importe do premio estará suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.
2. Modalidade B: ciclos de grao básico e grao medio.
Incorporación a algún dos viveiros que compoñen a Rede galega de viveiros de empresas en centros educativos ou á área de emprendemento industrial do Centro Galego da Innovación da Formación Profesional.
Asesoramento técnico da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social a través da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.
Dotación económica:
1º premio: 3.000 €.
2º premio: 2.000 €.
3º premio: 1.000 €.
O importe do premio estará suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e ata o 16 de maio de 2025.
Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2025
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.6.2024)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional
