DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2025 Páx. 10755

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 31 de decembro de 2024 pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a execución de programas de acollemento residencial dirixido a nenos, nenas e adolescentes con medidas de protección e problemas de saúde mental, no centro de menores Casa da Quintán en Ponte Caldelas (oito prazas), (código de procedemento BS213T).

O Estatuto de autonomía de Galicia, no artigo 27.23, atribúelle á Comunidade Autónoma de Galicia a competencia exclusiva en materia de asistencia social.

A Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, ten asumidas entre as súas competencias, segundo o artigo 14.1.b) do Decreto 139/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social e Igualdade, a protección e a tutela das persoas menores en situación de risco ou desamparo nos termos establecidos no Código civil, na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do/da menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil, e, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia e a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, o Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia, modificado polo Decreto 406/2003, do 29 de outubro, na Lei orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, e a Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia.

A atención residencial a persoas menores en situación de desprotección e suxeitas á medida de garda ou tutela, que precisen dunha intervención socioeducativa e terapéutica especializada en problemas de saúde mental, forma parte do contido esencial das obrigas que como titor ou gardador lle corresponden á Xunta de Galicia por ministerio da lei.

O acollemento residencial é unha medida de protección pola que se exerce a garda daqueles nenos, nenas e adolescentes (en diante, NNA) que non poden permanecer nos seus fogares, mediante a que se lles proporciona un lugar de residencia e convivencia que cumpra coa función dunha adecuada satisfacción das necesidades de protección, educación e desenvolvemento, incluídas as actuacións terapéuticas e rehabilitadoras necesarias. O acollemento realízase nunha vivenda ou residencia especificamente destinada a este fin coa atención de profesionais dunha determinada cualificación e prestando o seu servizo vinte e catro horas ao día.

O acollemento residencial dirixido a NNA con problemas de saúde mental é un recurso moi específico que vén definido pola súa capacidade para realizar un achegamento educativo e terapéutico integral de alta intensidade, ademais de cumprir con todas as funcións de acollemento de persoas menores como medida de protección. As características deste recurso fan obrigada unha estreita colaboración e coordinación co sistema público sanitario, que supervisará a evolución das persoas acollidas nel.

Os obxectivos deste programa de acollemento residencial dirixido a NNA con medidas de protección e problemas de saúde mental son os seguintes:

• Crear un contorno de seguridade e protección para os NNA en que se minimicen as situacións conflitivas e se poidan xerar experiencias de aprendizaxe baseadas en modelos educativos adecuados de responsabilidade e relación positiva.

• Acadar, utilizando técnicas socioeducativas e terapéuticas, unha redución dos problemas psicolóxicos, psiquiátricos e unha melloría da situación emocional e o benestar dos NNA, que lles permita reintegrarse nun contexto máis normalizador o antes posible. Realizarase un traballo intensivo de tratamento socioeducativo e psicolóxico sobre os problemas e conflitos persoais que poidan estar na base dos trastornos mentais.

• Constituír un recurso interdisciplinar que ofreza unha gran variedade de actividades e servizos que permitan individualizar as intervencións, como a terapia individual, terapia grupal, terapia familiar, obradoiros relacionados coa formación laboral, orientación vocacional, técnicas de busca de emprego, habilidades para a vida independente e preparación para a vida adulta, entre outras.

• Constituír un ambiente seguro, enriquecedor e terapéutico que respecte e promova a identidade cultural e étnica, e favoreza o máximo desenvolvemento e crecemento persoal á vez que cobre as súas necesidades educativas, sociais, de desenvolvemento, saúde, condutuais e emocionais.

• Ofrecer un ambiente cotián de convivencia que facilite experiencias positivas de vinculación, apoio e afecto que lles permita aos NNA adquirir novas pautas de comunicación e relación social.

• Axudar os NNA e as súas familias, de acordo co que dispoña o seu Plan individualizado de protección (PIP), anteriormente coñecido como Plan de caso, a mellorar as súas competencias para afrontar as condicións que foron un obstáculo para crear un contexto familiar de benestar e a constituírse en suxeitos activos no proceso de intervención.

• Apoiar as persoas mozas para realizaren unha transición á vida adulta axeitada, mediante a intervención en habilidades xerais e específicas, o acceso aos recursos sociais e os apoios sociais, emocionais e comunitarios.

• Favorecer o establecemento de apoios comunitarios a longo prazo e vínculos sociais que se necesiten para facilitar unha integración social axeitada despois da experiencia residencial.

Cómpre salientar a necesidade de dotar os NNA con trastornos de saúde mental dun ambiente socioeducativo e terapéutico, presente no deseño e no modelo metodolóxico de intervención socioeducativa, no cal se aborden as súas dificultades específicas baixo o control e supervisión que precisan.

A Casa da Quintán está situada no concello de Ponte Caldelas e foi cedida pola Fundación Sálvora á Xunta de Galicia no ano 2006 por un prazo de vinte (20) anos. Consideramos esta vivenda como moi adecuada para o acollemento residencial de menores con problemas de saúde mental. O adxudicatario contará con este equipamento no cal prestará os servizos de atención de nenos, nenas e adolescentes en acollemento residencial temporal e con carácter transitorio de acordo coas indicacións recollidas no prego de prescricións técnicas que regularán este concerto.

A duración deste acollemento virá determinada pola consecución dos obxectivos protectores e terapéuticos. Non deberá durar máis do tempo estritamente necesario para atender as dificultades específicas do/da neno/a ou adolescente, de modo que este/esta se poida reintegrar en contextos convivenciais máis normalizados e estables.

Como todo acollemento residencial, trátase dun recurso protector e educativo, no sentido máis integral, no cal deberá destacar o seu carácter terapéutico por canto perseguirá a consecución dun cambio e unha melloría no equilibrio emocional, autocontrol e nas habilidades adaptativas do menor.

Na procura da consecución duns estándares de calidade propios dunha Administración moderna e preocupada por todo o que sexa avanzar na mellora dos servizos sociais en xeral, e na mellora da calidade de vida dos menores incluídos no sistema de protección da Xunta de Galicia, en especial no interese superior do menor, xa que logo, existen razóns de interese público, social e humanitario para poñer en marcha este procedemento de concertación a través do cal se poña á disposición das entidades interesadas en prestar o dito servizo o número de prazas indicado nos pregos de prescricións técnicas.

Á vista das habilitacións normativas anteriores, nos últimos anos o programa de acollemento residencial dirixido a NNA con medidas de protección e problemas de saúde mental veuse desenvolvendo a través de varios contratos administrativos de servizos. Non obstante, a habilitación do réxime de concertos sociais na Comunidade Autónoma de Galicia a través do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, abre a posibilidade de aplicar esta figura a programas e servizos desenvolvidos pola entidade pública de protección á infancia e á adolescencia de Galicia.

Este programa financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.312B.228, código de proxecto 2013 590, de acordo co establecido na Orde do 11 de febreiro de 1998 sobre tramitación anticipada de gasto, modificada pola Orde do 25 de outubro de 2001, na cal se prevé que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.

Cumpridos os requisitos do artigo 10, e de conformidade co artigo 11 do dito Decreto 229/2020, a resolución de convocatoria do procedemento BS213T deste concerto social, logo da fiscalización da proposta, correspóndelle á persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade. As resolucións publicaranse no Diario Oficial de Galicia.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Autorizar o inicio e a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, do servizo de execución de programas de acollemento residencial dirixido a menores con medidas de protección e problemas de saúde mental no centro de menores Casa da Quintán en Ponte Caldelas (8 prazas), (código de procedemento BS213T), que se xunta a esta resolución no anexo I, e ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución de inicio.

Segundo. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2024

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade

ANEXO I

Concerto social, con código de procedemento BS213T, que consiste na xestión de prazas especiais dirixidas a nenos, nenas e adolescentes con medidas de protección e problemas de saúde mental no centro de menores Casa da Quintán
en Ponte Caldelas (8 prazas)

A) Necesidade administrativa que se pretende satisfacer.

A Constitución española dispón no artigo 39, entre os principios reitores da política económica e social, o apoio dos poderes públicos para asegurar a protección social, económica e xurídica da familia, e sinala igualmente que nenos, nenas e adolescentes deberán gozar da protección prevista nos acordos internacionais, entre os cales se deben incluír os dereitos recoñecidos á infancia pola Convención sobre os dereitos do neno, aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989 e en vigor en España desde o 5 de xaneiro de 1991.

A Comunidade Autónoma de Galicia ten competencias exclusivas en materia de asistencia social, de conformidade co disposto no artigo 27.23 do Estatuto de autonomía de Galicia, Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, e nos reais decretos de transferencia 2411/1982, do 24 de xullo (BOE núm. 232, do 28 de setembro) e 534/1984, do 25 de xaneiro (BOE núm. 69, do 21 de marzo) e, en virtude da dita competencia aprobáronse a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, e a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

A Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, ten atribuídas entre as súas competencias, segundo o Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 73, do 14 de abril), o Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 81, do 24 de abril), e o Decreto 139/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social e Igualdade (DOG núm. 101, do 27 de maio), a protección e a tutela dos/das menores en situación de risco ou desamparo.

A atención residencial a NNA en situación de desprotección e cunha medida de protección de tutela ou garda forma parte do contido esencial das obrigas que como titor ou gardador lle corresponden á Xunta de Galicia por ministerio da lei.

Para levar a cabo estas actuacións desenvólvese, entre outros, o programa de Acollemento residencial dirixido a menores con medidas de protección. Para a súa execución, a Administración conta con equipamentos propios con xestión directa que son insuficientes para cubrir as necesidades existentes, polo que é preciso contar cos medios proporcionados por outras entidades públicas, a través dos oportunos convenios de colaboración, ou privadas, a través da contratación dos servizos.

A existencia de problemas e descompensacións de conduta graves en nenos, nenas e adolescentes debido a trastornos mentais formula a necesidade de dispositivos de internamento sanitarios e socioeducativos-sanitarios, coa participación conxunta e a integración funcional das institucións implicadas.

Cómpre sinalar con respecto a esta última cuestión que na actualidade a Comunidade Autónoma de Galicia conta con catro centros de titularidade propia e con xestión directa: Centro de menores San Xosé de Calasanz, Centro de menores Ferrol I, Centro de menores Santo Anxo da Garda e Centro educativo A Carballeira. O número total de prazas ascende a 167, número claramente insuficiente. Ningún destes centros ten as características para cumprir co obxecto deste concerto, que é a atención a menores con problemas de saúde mental.

Consonte o anterior, é preciso contar cos medios proporcionados por outras entidades públicas, a través dos oportunos convenios de colaboración, ou privadas, a través da contratación/concertación dos servizos.

A Administración vén constatando a necesidade de prazas de acollemento residencial dirixido a NNA con medidas de protección e problemas de saúde mental en determinadas comarcas e/ou concellos. Do mesmo xeito, tamén se detecta un paulatino incremento nas solicitudes de atención de nenos, nenas e adolescentes estranxeiros/as non acompañados/as, froito das políticas de solidariedade postas en marchas para paliar a continua chegada de inmigrantes que fan que resulte urxente a dotación de centros, neste caso coa tipoloxía de «minirresidencia», nos cales se poida prestar unha atención axeitada a nenos/as con trastornos de saúde mental.

Na procura da consecución duns estándares de calidade propios dunha Administración moderna e preocupada pola mellora dos servizos sociais en xeral e na mellora da calidade de vida dos nenos e nenas incluídos no sistema de protección da Xunta de Galicia, cómpre, no interese superior daqueles, poñer en marcha este procedemento de concertación.

Para levar a cabo a execución do dito programa, a Administración non conta con persoal suficiente, polo que a Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, promove a colaboración de entidades en libre concorrencia pública a través dun procedemento de concertación.

Este concerto social permitirá a participación, en libre concorrencia pública, de entidades titulares de centros de menores, ou en disposición de achegar este tipo de programa no suposto de resultaren adxudicatarias.

O artigo 2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 3, do 7 de xaneiro de 2021), establece que este tipo de relación xurídica se pode establecer entre a Administración xeral autonómica e aquelas entidades que ofrezan servizos sociais previstos nas carteiras de servizos vixentes que se determinen.

O acollemento residencial de NNA está previsto no Decreto 192/2015, do 29 de outubro. En concreto, o punto 2.4.9 do anexo desta norma refírese ao «servizo de acollemento residencial de menores», que define como «conxunto de intervencións mediante as cales se exerce a garda dun neno, nena ou adolescente como medida de protección, a través do seu aloxamento nun centro». A mesma norma indica que esta modalidade ten por obxecto «proporcionar a atención, a educación e a formación axeitadas precisas para a normalización e integración sociofamiliar das persoas acollidas».

B) Obxecto do concerto social.

O obxecto deste concerto, con código de procedemento BS213T, é a prestación do servizo de acollemento residencial de NNA en situación de desprotección e cunha medida de protección de garda ou tutela asumida pola Xunta de Galicia, que precisen dunha intervención socioeducativa e terapéutica especializada en trastornos de saúde mental.

A existencia de problemas de conduta graves en nenos, nenas e adolescentes debidos a problemas de saúde mental formula a necesidade de dispositivos de internamento sanitarios e socioeducativos-sanitarios, coa participación conxunta e a integración funcional das institucións implicadas.

Neste centro, a intervención deberase contextualizar necesariamente nun marco socioeducativo e terapéutico como forma de abordaxe das dificultades específicas do/da neno/a ou adolescente. O carácter terapéutico estará presente no deseño e no modelo metodolóxico de intervención socio educativa. A indubidable necesidade de dotarse dun ambiente en que o control e a supervisión sexan fáciles de exercer debe considerarse como unha característica instrumental ao servizo do carácter terapéutico destes centros.

A duración deste acollemento virá determinada pola consecución dos obxectivos protectores e terapéuticos. Non deberá durar máis do tempo estritamente necesario para atender as dificultades específicas do/da neno/a ou adolescente, de modo que este se poida reintegrar en contextos convivenciais máis normalizados e estables.

Neste centro debe estar prevista a utilización de medidas de seguridade e de restrición de liberdades ou dereitos fundamentais, mediante o control de espazos, a separación do grupo e a contención ou o illamento, sempre por parte de persoal especializado e coa mínima intensidade posible, polo tempo estritamente necesario, con fins exclusivamente terapéutico-educativos, especialmente en caso de risco de comportamentos autolesivos ou de heteroagresividade e co debido respecto á dignidade, privacidade e dereitos do menor.

Os obxectivos deste programa de acollemento residencial dirixido a NNA con medidas de protección e problemas de saúde mental son os seguintes:

− Crear un contorno de seguridade e protección para as persoas menores no cal se minimicen as situacións conflitivas e se poidan xerar experiencias de aprendizaxe baseadas en modelos educativos adecuados de responsabilidade e relación positiva.

− Acadar, utilizando técnicas socioeducativas e terapéuticas, unha redución dos problemas psicolóxicos, psiquiátricos e unha melloría da situación emocional e do benestar dos menores, que lles permita reintegrarse nun contexto máis normalizador o antes posible. Realizarase un traballo intensivo de tratamento socioeducativo e psicolóxico sobre os problemas e conflitos persoais que poidan estar na base dos problemas de saúde mental.

− Constituír un recurso interdisciplinar que ofreza unha gran variedade de actividades e servizos que permitan individualizar as intervencións, como a terapia individual, terapia grupal, terapia familiar, obradoiros relacionados coa formación laboral, orientación vocacional, técnicas de busca de emprego, habilidades para a vida independente e preparación para a vida adulta, entre outras.

− Constituír un ambiente seguro, enriquecedor e terapéutico que respecte e promova a identidade cultural e étnica, e favoreza o máximo desenvolvemento e crecemento persoal á vez que cobre as súas necesidades educativas, sociais, de desenvolvemento, saúde, condutuais e emocionais.

− Ofrecer un ambiente cotián de convivencia que facilite experiencias positivas de vinculación, apoio e afecto que lles permita ás persoas menores adquirir novas pautas de comunicación e relación social.

− Axudar os nenos, nenas e adolescentes e as súas familias, de acordo co que dispoña o seu Plan individualizado de protección (PIP), anteriormente coñecido como Plan de caso, a mellorar as súas competencias para afrontaren as condicións que foron un obstáculo para crear un contexto familiar de benestar e a constituírse en suxeitos activos no proceso de intervención.

− Apoiar os/as mozos/as para realizar unha transición á vida adulta axeitada, mediante a intervención en habilidades xerais e específicas, o acceso aos recursos sociais e os apoios sociais, emocionais e comunitarios.

− Favorecer o establecemento de apoios comunitarios a longo prazo e os vínculos sociais que se necesiten para facilitar unha integración social axeitada despois da experiencia residencial.

C) Modalidade de concertación.

A modalidade de concertación é o procedemento de asignación de concertos, regulado no artigo 9 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 3, do 7 de xaneiro de 2021). O obxecto do concerto será asignado a unha única entidade, que deberá optar a todas as prazas ofertadas.

D) Réxime económico do acordo.

D.1. Orzamento e crédito orzamentario a que se imputa o gasto:

A Consellería de Política Social e Igualdade financiará o custo derivado da execución deste concerto cunha contía máxima de 3.989.722,18 € (IVE incluído) no período 2025 (306 días)-2029 (59 días). Este importe será financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.312B.228, código de proxecto 2013 590. A realización deste concerto quedará condicionada á efectiva existencia de crédito na partida orzamentaria indicada polo importe referido nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.

D.2. Distribución en anualidades (IVE incluído):

Nº de prazas

2025
(306 días)

2026

2027

2028

2029
(59 días)

8

835.629,70 €

996.747,84 €

996.747,84 €

999.478,66 €

161.118,14 €

O valor estimado para as anualidades comprendidas entre 2025 (306 días) e 2029 (59 días), así como as posibles modificacións e prórrogas, é o seguinte:

Anualidades

Totais (sen IVE)

Posibles modificacións
(50 %)

Total + modificacións

2025 (306 días)

759.663,36 €

379.831,68 €

1.139.495,04 €

2026

906.134,40 €

453.067,20 €

1.359.201,60 €

2027

906.134,40 €

453.067,20 €

1.359.201,60 €

2028

908.616,96 €

454.308,48 €

1.362.925,44 €

2029 (59 días)

146.471,04 €

73.235,52 €

219.706,56 €

Anualidades

Posibles prórrogas (sen IVE)

Modificacións prórrogas
(50 %)

Total prórrogas + modificacións

2029 (306 días)

759.663,36 €

379.831,68 €

1.139.495,04 €

2030

906.134,40 €

453.067,20 €

1.359.201,60 €

2031

906.134,40 €

453.067,20 €

1.359.201,60 €

2032

908.616,96 €

454.308,48 €

1.362.925,44 €

2033

906.134,40 €

453.067,20 €

1.359.201,60 €

2034

906.134,40 €

453.067,20 €

1.359.201,60 €

2035 (59 días)

146.471,04 €

73.235,52 €

219.706,56 €

Total valor estimado

13.599.463,68 €

D.3. Prezo.

O prezo que a Consellería de Política Social e Igualdade aboará pola prestación do servizo obxecto deste concerto concrétase segundo o seguinte prezo por praza e día:

Nº de prazas especiais

Anualidade

Praza especial NNA/día (sen IVE) (€)

8

2025

310,32

2026

310,32

2027

310,32

2028

310,32

2029

310,32

2030

310,32

2031

310,32

2032

310,32

2033

310,32

2034

310,32

2035

310,32

A contía indicada na táboa anterior será a aboada no caso de que a praza estea ocupada por unha persoa usuaria. En caso de non estar ocupada unha praza, a reserva de praza aboarase ao 70 % do prezo indicado, por un importe de 217,22 € euros/praza no ano 2025 e seguintes.

E) Duración do concerto social e posibilidade de renovacións.

Este concerto social terá vixencia desde a súa formalización (prevista desde o 1.3.2025 ata o 28.2.2029) con posibilidade das prórrogas sinaladas no artigo 8 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, en caso de existir crédito adecuado e suficiente. En concreto, de acordo co dito precepto, existe a posibilidade de prorrogar o concerto desde o 1.3.2029 ata o 28.2.2035.

De acordo co dito precepto, coa finalidade de garantir a estabilidade na súa provisión, despois da resolución deste concerto social, o programa poderá continuar tras a convocatoria dun novo concerto sempre e cando exista crédito adecuado e suficiente.

Non obstante, e de acordo co sinalado no artigo 29.4 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que resulta de aplicación supletoria ao abeiro do establecido na disposición derradeira primeira do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, cando no momento do vencemento dun concerto non se formalizase o novo instrumento que garanta a continuidade do servizo como consecuencia de incidencias imprevisibles para a Administración concertante producidas no procedemento de adxudicación, e existan razóns de interese público para non interromper a prestación, poderase prorrogar o concerto orixinario ata que comece a execución do novo concerto e, en todo caso, por un período máximo de nove meses, sen modificar as restantes condicións do concerto, sempre que a nova resolución de convocatoria do concerto fose publicada cunha antelación mínima de tres meses respecto da data de finalización do concerto orixinario.

F) Requisitos que deben cumprir as entidades para poderen presentarse ao procedemento de concertación.

Para poderen acollerse ao réxime de concerto social, as entidades que presten servizos sociais deberán cumprir os requisitos seguintes:

a) Estar debidamente inscritas no Rexistro Único de entidades prestadoras de servizos sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Contar coa solvencia suficiente segundo os seguintes indicadores:

b.1) Solvencia económica e financeira. Acreditarase por un dos seguintes medios:

b.1.1) Volume anual de negocios, referido aos tres últimos exercicios concluídos dispoñibles en función da data de creación ou inicio das actividades da entidade. Reputarase solvente a entidade licitadora que acredite ter un volume de negocios no ámbito da atención á infancia e á adolescencia, referido ao ano de maior volume de negocios dos últimos tres concluídos, por un importe igual ou superior a 300.000 euros.

O volume anual de negocios da entidade acreditarase por medio de copia das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se a entidade está inscrita no dito rexistro. En caso contrario, polas depositadas no rexistro oficial en que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante copia dos seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.

b.1.2) Un seguro de indemnización de responsabilidade civil, vixente ata o remate do prazo de presentación de ofertas, por un importe igual ou superior a 300.000 euros anuais.

A súa acreditación efectuarase por medio:

1. Dunha declaración responsable asinada polo representante legal do licitador, na cal se exprese o importe asegurado e a súa vixencia, que deberá ser igual ou superior aos valores anuais indicados.

2. Unha vez adxudicado o concerto, a entidade que resulte adxudicataria estará en condicións de achegar, de ser requirida, un certificado expedido pola aseguradora no cal consten os importes e os riscos asegurados e a data de vencemento do seguro, así como un documento de compromiso vinculante de subscrición, prórroga ou renovación do seguro, no caso en que proceda, para garantir o mantemento da súa cobertura durante a execución do concerto.

b.2) Solvencia técnica ou profesional:

Reputarase solvente a entidade concertada que acredite, cando menos, un dos seguintes requisitos:

– Ter un ou varios servizos de natureza análoga ao obxecto deste concerto, que se prestasen a algunha Administración pública ou entidade privada (contabilizados ata o remate do prazo de presentación de proposicións), cuxos importes acumulados no ano de maior execución sexa igual ou superior ao 50 % do importe medio anual do custo do concerto social.

Nº de prazas especiais

Importe medio anual (sen IVE)

8

906.630,91 €

A súa acreditación efectuarase por medio dunha declaración responsable, asinada polo representante legal do licitador, na cal figuren os principais servizos e traballos realizados de natureza análoga ao obxecto deste concerto nos últimos tres anos computados ata a data de remate do prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria, que inclúa importes, datas e destinatarios públicos ou privados.

Unha vez adxudicado o concerto, a entidade que resulte adxudicataria estará en condicións de achegar, de ser requirida:

Se o destinatario foi unha entidade do sector público, copia da certificación de boa execución expedida ou visada polo órgano competente. No caso de que o destinatario sexa a Xunta de Galicia, os servizos comprobaranse de oficio.

Se o destinatario for un suxeito privado, mediante unha copia da certificación de boa execución expedida por este ou, na falta de certificación, mediante unha declaración responsable da entidade en que declare ter realizado o traballo ou servizo á satisfacción daquel, acompañado dos documentos existentes no seu poder que acrediten a realización da prestación.

– Polo menos a persoa que exerza de director/a e outro membro do equipo técnico contan, respectivamente en postos de características asimilables, cunha experiencia mínima de dous anos, dentro dos últimos tres, nalgunha empresa ou entidade que pola súa vez prestase servizos para unha Administración pública ou entidade privada, sempre que, tanto o servizo prestado como as tarefas desempeñadas polo persoal, teñan natureza análoga ao obxecto do concerto.

c) Contar cunha experiencia mínima de atención á infancia e á adolescencia de dous (2) anos.

d) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas pola lexislación vixente.

e) Estar ao día no pagamento das débedas á Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Estar en condicións de poder presentar, de resultar adxudicataria, os seguros que se detallan na epígrafe K.3 desta resolución (póliza de seguros dos locais, de responsabilidade civil e de accidentes de menores residentes).

g) Estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lles sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto do concerto social.

G) Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

G.1. As solicitudes de participación na convocatoria de concerto social deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (anexo II).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

G.2. O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

G.3. A presentación da solicitude supón a aceptación incondicionada da persoa solicitante da totalidade do contido da convocatoria, sen excepción ou reserva ningunha.

H) Documentación complementaria.

H.1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Unha relación de todos os documentos que se presentan.

b) Declaración responsable ou certificación que acredite que conta coa solvencia económica e financeira e técnica ou profesional segundo se indica na cláusula F desta convocatoria, no caso de optar por acreditala neste momento.

c) Documentación que acredite que a entidade conta cunha experiencia mínima de dous (2) anos na atención á infancia e á adolescencia, no caso de optar por acreditala neste momento. No caso de que esta experiencia derive de instrumentos xurídicos asinados coa Xunta de Galicia, acreditarase de oficio. A entidade presentará, de ser o caso, unha relación dos servizos prestados á Xunta de Galicia.

d) Relación do persoal adscrito ao servizo segundo o anexo V da resolución da convocatoria. O persoal poderase contratar ou asignar a este programa tras a adxudicación do concerto. Neste caso indicarase neste momento «pendente de contratación». No caso de que se manteña o persoal subrogado, indicarase o número de orde que figure na táboa de subrogación que consta para cada lote no anexo VII.

e) Documentación que acredite os criterios de selección e preferencia (cláusula O) da resolución da convocatoria:

e.1) Proxecto de intervención educativa, diferenciado nos seguintes puntos:

– Proxecto educativo do centro.

– Itinerario de intervención educativa.

– Regulamento de organización, funcionamento e convivencia.

– Plan de formación continua do persoal.

e.2) Medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade.

e.2.1) Documentación que acredite a posesión da Marca galega de excelencia en igualdade, do certificado de empresa familiarmente responsable e/ou do recoñecemento á promoción da parentalidade positiva, outorgado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social xunto coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), ou documentos equivalentes.

e.3) Documentación que acredite a experiencia da entidade no ámbito da protección á infancia e á adolescencia. En caso de que a experiencia da entidade se refira a programas efectuados no ámbito da Xunta de Galicia, será suficiente cunha declaración responsable que comprobará de oficio a Comisión de Valoración.

e.4) Declaración responsable ou documentación que acredite a continuidade na atención prestada no ámbito da protección á infancia e á adolescencia e na atención prestada en acollemento residencial en centros de atención a nenos, nenas e adolescentes suxeitos á medida de garda ou tutela da Xunta de Galicia que presenten problemas de saúde mental. No caso de que os servizos se refiran a programas efectuados no ámbito da Xunta de Galicia, a Comisión de Valoración comprobará de oficio os datos incluídos na declaración.

f) Certificado de estar en condicións de poder presentar, de resultar adxudicataria, os seguros que se mencionan na epígrafe K.3 desta resolución do concerto (póliza de seguros dos locais, de responsabilidade civil e de accidentes de menores residentes).

g) Certificado de estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lles sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto do concerto social.

h) Documentación que acredite os anos que a entidade, de ser o caso, leva desenvolvendo servizos relacionados coa protección á infancia e á adolescencia no concello a que se refira a oferta, cando non fosen financiados pola Consellería de Política Social e Igualdade.

H.2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

H.3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no punto anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

I) Comprobación de datos.

I.1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa empregada.

d) Inscrición no Rexistro Único de entidades prestadoras de servizos sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á AEAT.

f) Comprobación de estar ao día coa Seguridade Social.

g) Comprobación de estar ao día no pagamento das débedas á Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

h) Consulta da inexistencia de antecedentes penais do persoal que se designe para a prestación do servizo.

i) Consulta de inexistencia de antecedentes penais por delitos de natureza sexual do persoal que se designe para a prestación do servizo.

j) Titulación universitaria, de ser o caso, do persoal que se designe para o servizo, segundo o establecido no prego de prescricións técnicas.

k) Anos que a entidade, de ser o caso, leva desenvolvendo servizos relacionados coa protección á infancia e á adolescencia a que se refira a oferta, cando fosen financiados pola Consellería de Política Social e Igualdade.

I.2. No caso de que a entidade interesada se opoña á consulta, deberá indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

I.3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

J) Órganos competentes para a tramitación e resolución do procedemento.

A tramitación deste procedemento de concerto social correspóndelle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Igualdade.

A resolución correspóndelle, de acordo coa posibilidade de delegación que se recolle no artigo 16 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, á persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Igualdade.

K) Procedemento do concerto social.

K.1. Instrución.

K.1.1. Este concerto realizarase mediante o procedemento de asignación, seleccionando a entidade prestadora do servizo do lote, de acordo cos criterios de selección e preferencia desta convocatoria.

K.1.2. Correspóndelle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica a instrución do procedemento que verificará que as solicitudes das entidades reúnen os requisitos exixidos e achegaron a documentación preceptiva.

K.2. Informe da Comisión de Valoración

K.2.1. A Comisión de Valoración fará público o resultado das súas deliberacións a través do portal web da Consellería de Política Social e Igualdade.

K.2.2. A Comisión de Valoración determinará aquelas entidades que cumpran os requisitos para concertar e elaborará un informe no cal figurará unha listaxe ordenada, de acordo coas puntuacións obtidas, e proporá para a execución do concerto a entidade que reúna maior puntuación do lote.

K.3. Documentación que debe presentar a entidade adxudicataria.

Unha vez aceptada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Igualdade a proposta da Comisión de Valoración, a entidade seleccionada deberá presentar a seguinte documentación:

– Anexo III.

– Anexo V. Relación de persoal adscrito ao servizo en que se detallen os datos que non se achegasen coa solicitude, de ser o caso.

– Anexo VI. Consentimento individualizado da comprobación de datos, asinado por cada empregado/da da entidade adxudicataria.

– Documentación que acredite a solvencia económica e financeira e técnica ou profesional, de acordo coas fórmulas escollidas na declaración responsable presentada coa solicitude, de ser o caso.

– Documentación que acredite a subscrición dos seguros que se mencionan a continuación:

A entidade adxudicataria virá obrigada á constitución dunha póliza de seguros para a cobertura dos seguintes riscos:

1. Póliza de seguros que cubra os danos e sinistros que se produzan nos locais, bens, aparellos e materiais afectos ao servizo.

2. De responsabilidade civil, que cubra:

– Os danos que poida sufrir calquera persoa, en si mesma ou nos seus bens, e que deriven do funcionamento dos locais da entidade adxudicataria con que conta o programa.

– Os danos que poidan ser causados ás persoas e aos bens de terceiros polos profesionais e, en xeral, calquera persoa dependente da entidade adxudicataria, incluídos os actos derivados de actividades realizadas relacionadas coa prestación do servizo.

A suma asegurada deberá ser dun mínimo de 150.000,00 € por sinistro e de 300.000,00 € por anualidade.

A xustificación da póliza subscrita e do pagamento da prima deberá realizarse no momento da formalización e cada vez que se renove a póliza.

3. De accidentes de menores residentes, causados tanto no interior dos centros e instalacións anexas como nos desprazamentos e actividades realizadas no exterior do centro.

A suma asegurada deberá ser dun mínimo de 6.000 € por persoa, por falecemento, e de 30.000,00 € por invalidez permanente, incluír a asistencia médica ilimitada e cubrir os gastos sanitarios e de enterro.

– O xustificante de presentación na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia (na sede de Santiago de Compostela da Consellería de Facenda e Administración Pública ou nas delegacións provinciais da Axencia Tributaria de Galicia-Atriga) da garantía que se exixe na epígrafe S.2 desta resolución.

K.4. Formalización do concerto.

K.4.1. Este concerto social formalizarase mediante un documento administrativo, co contido establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

K.4.2. O documento de formalización será subscrito, en representación da Administración, pola persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, en virtude da delegación recollida no artigo 19.2 do citado Decreto 229/2020.

K.4.3. O concerto perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen se ter efectuado esta previamente.

K.4.4. Efectuada a formalización, a entidade concertada estará obrigada a prestarlles ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, nesta resolución de convocatoria do concerto social e nos criterios de preferencia e selección da entidade.

K.4.5. Cando, por causas imputables á entidade concertada, non se formalizase o concerto social, a Administración acordará a súa resolución e a incautación da garantía no caso de se ter constituído.

K.4.6. Se as causas da non formalización foren imputables á Administración, indemnizarase a entidade polos danos e perdas que a demora lle poida ocasionar.

L) Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

M) Prazo de resolución, notificación e publicación.

M.1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

M.2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

M.3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

M.4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

M.5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

M.6. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade.

M.7. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución de concertación será de tres meses, contado desde a publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Este prazo poderá ser ampliado, de acordo coa normativa sobre o procedemento administrativo, por un prazo máximo doutros tres meses.

M.8. Transcorrido o prazo establecido sen se ditar e notificar resolución, as entidades poderán entender desestimada a súa pretensión por silencio administrativo.

N) Recursos contra a resolución.

Este concerto terá carácter administrativo e rexerase nos seus efectos polo establecido nas súas cláusulas, polo disposto no artigo 18 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, pola Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, así como a Lei 8/2016, do 8 de xullo, pola que se modifica a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. Na súa falta, para resolver as lagoas e dúbidas que se poidan presentar, rexerase polo establecido na Lei 9/2017, do 8 de novembro, así como pola Lei 40/2015, do 1 de outubro.

As cuestións litixiosas xurdidas acerca da interpretación, modificación e resolución serán resoltas pola Consellería de Política Social e Igualdade e os seus acordos poñerán fin á vía administrativa. Contra elas cabe recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, segundo o previsto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes se a resolución for expresa. Se o acto non for expreso, poderase interpoñer recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación do acto que poña fin á vía administrativa, se este for expreso. Se non o for, o prazo será de seis meses e contarase, para o solicitante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O) Criterios de selección e preferencia.

O.1. Para a formalización deste concerto, de acordo co artigo 33 quinquies.5 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, daráselles prioridade ás entidades sen ánimo de lucro, cando existan análogas condicións de efectividade, calidade e rendibilidade social, sempre que, en todo caso, se garanta a libre concorrencia e se respecten os principios de igualdade de trato, de non discriminación e de transparencia.

Deste xeito, a consideración de entidade sen ánimo de lucro inclúese entre os criterios de desempate.

O.2. Neste procedemento de asignación de concerto establécense os seguintes criterios para a selección da entidade adxudicataria, coa finalidade de acadar unha valoración que sirva para establecer unha orde de prelación para concertar:

a) Calidade do proxecto de intervención educativa (48 puntos), baremado de acordo cos seguintes criterios:

a.1) Proxecto educativo do centro (ata 18 puntos), de acordo cos seguintes criterios:

• Coherencia entre as necesidades das persoas menores atendidas e os obxectivos, contidos, metodoloxía, actividades, recursos e avaliación propostos, ata 15 puntos

• Calidade do sistema de avaliación da intervención proposto. Valorarase a implantación de certificacións de calidade, como UNE 0070:2022 ou equivalente, ata 3 puntos.

a.2) Itinerario de intervención educativa (ata 16 puntos), de acordo cos seguintes criterios:

• Coherencia entre as necesidades dos NNA e a planificación da intervención educativa. Priorización dos obxectivos, áreas de intervención, metodoloxías, actividades e avaliación que lle garantan á persoa usuaria un tratamento individualizado e permanentemente revisable, ata 14 puntos.

• Calidade do sistema de avaliación proposto (avaliación do neno, nena ou adolescente, da intervención educativa e da institución), ata 2 puntos.

a.3) Regulamento de organización, funcionamento e convivencia (ata 7 puntos), de acordo cos seguintes criterios:

• Coherencia entre a organización, normas de funcionamento e convivencia cos principios e criterios contidos no modelo de intervención adoptado, no proxecto educativo e no itinerario de intervención educativa, ata 5 puntos.

• Grao de participación dos/das mozos/as nos órganos de goberno e no funcionamento interno do centro, ata 2 puntos.

a.4) Plan de formación continua do persoal (ata 7 puntos), de acordo cos seguintes criterios:

• Adecuación do Plan de formación continua ás características do servizo e ao proxecto de intervención educativa (ata 3 puntos).

• Obxectivos, contidos, metodoloxía e temporalización das actividades (ata 2 puntos).

• Adecuación aos destinatarios e dos perfís profesionais do persoal formador (ata 2 puntos).

b) Medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade, ata 14 puntos:

De acordo co establecido no artigo 57 da Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia, valorarase a existencia na empresa de políticas en materia de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade que se apliquen na execución deste concerto, do seguinte xeito:

b.1) Estar en posesión da Marca galega de excelencia en igualdade, ou equivalente (6 puntos).

b.2) Estar en posesión do Certificado de empresa familiarmente responsable, ou equivalente (5 puntos).

b.3) Estar en posesión do recoñecemento á promoción da parentalidade positiva, outorgado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social xunto coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), ou equivalente (3 puntos).

c) Continuidade na atención prestada en centros especializados a NNA con trastornos de conduta e de saúde mental, ata 19 puntos. Computarase un punto por cada ano que a entidade solicitante desenvolvese servizos en centros desta tipoloxía relacionados coa protección á infancia e á adolescencia.

d) Por cada ano de servizo acreditado pola entidade no ámbito da protección á infancia e á adolescencia, ata 19 puntos. Computarase un punto por cada ano completo por riba do requisito mínimo para optar ao concerto (dous anos); procederase, así mesmo, ao rateo dos meses restantes e terase como data final do cómputo a publicación deste concerto social no Diario Oficial de Galicia.

Empregarase como primeiro criterio de desempate a preferencia das entidades sen ánimo de lucro fronte ao resto de entidades prestadoras de servizos sociais. Como segundo, un número de integrantes do cadro de persoal superior ao 2  % nos termos do artigo 147.1.a) e o Acordo do Consello da Xunta do 8 de abril de 2010, así como o previsto no Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social. No caso de que varias empresas se encontren nestas circunstancias, terá preferencia na adxudicación do concerto o licitador que acredite maior porcentaxe de traballadores fixos con discapacidade no seu cadro de persoal.

P) Composición e funcionamento da Comisión de Valoración.

P.1. A Comisión de Valoración está composta polo persoal funcionario que a continuación se relaciona:

Titular

Suplente

Presidencia

Subdirector/a xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia

Subdirector/a xeral de Demografía e Conciliación

Vogalías

Xefe/a do Servizo de Protección de Menores

Xefe/a do Servizo de Xustiza Penal Xuvenil

Pedagogo/a (SPM)

Pedagogo/a (SPM)

Traballador/a social (SPM)

Psicólogo/a (SPM)

Psicólogo/a (SPM)

Psicólogo/a (SPM)

Secretaría

Xefe/a da Sección de Contratación

Xefe/a da Sección de Tramitación Administrativa

P.2. Na organización e funcionamento da Comisión de Valoración aplicarase o disposto, en materia de órganos colexiados, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

P.3. O órgano instrutor, a través da Comisión de Valoración, poderá solicitarlles aos interesados cantas aclaracións e ampliacións de información e documentos sexan precisas para a adecuada resolución do procedemento e, en xeral, realizar cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se deba formular a proposta de resolución, entre os cales se incluirá, en todo caso, un prazo de corrección de solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

P.4. Así mesmo, a Comisión de Valoración poderá solicitar os informes técnicos que precise nos seus labores de instrución.

Q) Condicións técnicas e materiais da prestación obxecto do concerto social.

Q.1. Definición do servizo.

A intervención que levará a cabo a entidade adxudicataria cos NNA abranguerá as ordes de coidado e atención persoal, terapéutica, educativa, formativa, laboral, familiar e social, que permitan o desenvolvemento persoal e a súa integración social, procurándolles un medio socializador que permita o seu desenvolvemento humano, físico e social, á vez que se intervén para a mellora do ambiente familiar.

O acollemento realízase nunha residencia especificamente destinada a este fin coa atención de profesionais cunha determinada cualificación e prestando o servizo as 24 horas ao día.

Como todo acollemento residencial, trátase dunha medida protectora e educativa, no sentido máis integral, na cal deberá destacar o seu carácter terapéutico por canto perseguirá a consecución dun cambio e unha melloría no equilibrio emocional, autocontrol e nas habilidades adaptativas do neno, nena ou adolescente.

As actuacións e prestacións do centro terán como finalidade proporcionar ao NNA un marco adecuado para a súa educación, o tratamento da súa saúde mental, a súa reintegración familiar cando esta sexa posible, o libre e harmónico desenvolvemento da súa personalidade, nun contexto estruturado e con programas específicos no marco dun proxecto educativo. A actividade do centro desenvolverase nun contexto altamente estruturado, con medidas relevantes de control e supervisión, co fin de garantir unha convivencia segura e estable que favoreza un ambiente de baixa conflitividade e no cal se poida realizar un traballo educativo e terapéutico.

A entidade adxudicataria deberá cumprir coas obrigas básicas recollidas na LO 1/1996, de protección xurídica do menor, e na lexislación autonómica referida ao menor.

Principios xerais.

Destácanse os seguintes principios que guiarán as actuacións:

• Superior interese do menor. Como todas as medidas de protección, o acollemento residencial deberá estar sempre xustificado por ser a intervención que mellor atende os intereses concretos de cada NNA nun momento dado. Iso implica a protección e a garantía dos seus dereitos fundamentais como persoa, consagrados na Convención de dereitos do neno e recollidos na lexislación estatal e autonómica.

• As necesidades dos NNA como eixe primordial. O deseño dos programas de acollemento residencial, así como os procedementos que se establezan para o seu desenvolvemento, deberán basearse fundamentalmente na súa capacidade para cubrir adecuadamente as necesidades dos NNA.

• Atención integral, individualizada, proactiva e rehabilitadora. O acollemento residencial, como ambiente temporal substitutivo do coidado familiar, debe asumir a educación integral da persoa menor, con especial atención ás súas necesidades afectivas e de relación. Algúns dos problemas que manifestan os NNA que usarán este recurso obrigan a prestar unha intervención altamente especializada, e é necesaria unha formulación proactiva, de detección temperá de calquera dificultade que estea a obstaculizar o seu adecuado desenvolvemento e de posta en funcionamento dos necesarios recursos terapéuticos e reeducadores. Tentarase converter a estadía dos NNA nunha experiencia confortable, de bo trato, de reparación da confianza nos adultos, pero fundamentalmente de potenciación do desenvolvemento persoal e da integración social, centrando a intervención nas posibilidades, nas necesidades e nos obstáculos que poidan limitalo.

• Participación dos NNA. A Convención de dereitos do neno establece o seu dereito a participar nas decisións que os/as afectan. Nos procesos de intervención do sistema de protección á infancia, é particularmente necesario contar coa súa perspectiva, dada a transcendencia que teñen estas decisións para o seu futuro. No desenvolvemento dos programas de acollemento residencial, a participación dos NNA debe ser un eixe central de traballo, xa que será interpretada non só como un dereito, senón tamén como un obxectivo educativo. Como dereito, implica tomar en consideración as opinións e suxestións dos NNA no funcionamento do centro, así como nas decisións que os/as afectan. A participación debe ser tamén obxecto de traballo socioeducativo, xerando experiencias de implicación persoal, fomentando o desenvolvemento das habilidades necesarias para o seu exercicio e incrementando o nivel de participación na propia xestión do centro en función do seu desenvolvemento.

• Principio de non discriminación. Os NNA teñen dereito a un trato igualitario e ninguén pode limitar ou restrinxir os seus dereitos pola súa orixe étnica, nacionalidade, lingua, idade, sexo, xénero, orientación sexual, estado civil, relixión, opinión, condición económica, discapacidade ou calquera outra circunstancia persoal ou social.

• A confidencialidade e a reserva en relación con todas as actuacións que se leven a cabo en interese e defensa dos NNA.

• A promoción, respecto e defensa dos dereitos individuais e colectivos recoñecidos aos nenos, nenas e adolescentes, coas garantías e nas condicións establecidas polo ordenamento xurídico, e a eliminación dos obstáculos que impidan ou dificulten o seu exercicio.

• Contornos seguros. Enténdese como contorno seguro aquel en que se respecten os dereitos da infancia e se promova un ambiente protector físico, psicolóxico e social, incluído o contorno dixital.

• Dereito ao esparexemento e ao lecer. Este dereito forma parte do desenvolvemento integral do NNA. Os ditos espazos deberán construírse de forma participativa co NNA.

• Protección da vida privada. Os NNA teñen dereito a que se respecte a súa vida privada e a da súa familia, sen que ningún profesional emita xuízos de valor sobre as características da súa familia ou dalgún aspecto do seu comportamento.

• A obxectividade, imparcialidade e seguridade xurídica nas actuacións de atención e protección, garantindo, coa condición de que sexa necesario, o carácter colexiado e interdisciplinar na toma de decisións.

Q.1.1. O servizo concrétase nas seguintes prestacións.

Q.1.1.1. Intervención socioeducativa e terapéutica.

O equipo educativo do centro prestaralles aos NNA unha intervención socioeducativa e terapéutica personalizada de acordo cos obxectivos recollidos no Plan individualizado de protección da persoa menor.

A intervención abordarase dunha forma integral, abarcando as seguintes áreas de desenvolvemento persoal e de integración social, e incorporará a perspectiva de xénero, baixo o marco establecido polo Plan individualizado de protección:

• A valoración inicial, co obxecto de identificar as necesidades individuais das persoas menores, establecer os obxectivos da intervención e determinar os medios máis axeitados para acadalos.

• A valoración médico-psiquiátrica e psicolóxica que dea lugar á elaboración dun programa de tratamento da problemática que motivou o ingreso, e que se concretará na atención terapéutica precisa e adecuada ás súas necesidades a través de sesións de terapia, orientación, tratamento farmacolóxico pautado, se é o caso, e controis que garantan o seguimento.

• A elaboración, execución, seguimento e avaliación do proxecto educativo individualizado.

• Acadar, utilizando técnicas socioeducativas e terapéuticas, unha redución dos problemas psicolóxicos, psiquiátricos e unha melloría da situación emocional e do benestar dos NNA, que lles permita reintegrarse nun contexto máis normalizador o antes posible. Realizarase un traballo intensivo de tratamento socioeducativo e psicolóxico sobre os problemas e conflitos persoais que poidan estar na base dos problemas de saúde mental.

• A preparación da persoa menor para que asuma a súa realidade familiar e comprenda o obxecto da súa estadía no centro, o que favorecerá a súa integración nel.

• A estimulación e o apoio ao desenvolvemento das súas capacidades físicas, psíquicas, cognitivas e sociais de acordo co seu ciclo evolutivo, así como o apoio emocional.

• Programar e desenvolver a vida cotiá do centro, de xeito que lles proporcione aos NNA as experiencias educativas necesarias para o seu desenvolvemento integral en cada unha das etapas evolutivas.

• A formación e o adestramento en habilidades, actitudes e competencias persoais e sociais que favorezan a adquisición de hábitos saudables.

• A promoción da autonomía persoal progresiva, potenciando a participación nas cuestións que lles atinxan, a asunción de responsabilidades e o desempeño eficaz en contextos grupais e sociais.

• O apoio psicosocial, con atención aos conflitos psicolóxicos da persoa menor que interfiran na estruturación da súa personalidade, o seu proceso madurativo ou a súa capacidade de socialización. Facilitar a educación do NNA centrada nas súas expectativas, crenzas e valores, dirixidos á asunción de decisións responsables no que respecta ao tratamento da súa enfermidade.

• A formación en valores, en particular a educación para a igualdade.

• A educación para a saúde, incluíndo a prevención de consumo de substancias adictivas e condutas de risco. Promover o uso responsable e racional da medicación pautada.

• A educación afectivo-sexual, que axude a persoa menor a construír a súa identidade sexual, eduque no respecto pola diversidade e promova a responsabilidade afectiva e a convivencia sa e positiva entre os sexos.

• A intervención coa familia da persoa menor segundo o Plan individualizado de protección (preservación, separación provisional, separación definitiva e autonomía/emancipación), co fin de proporcionarlle pautas de crianza e de atención adecuada aos nenos, nenas e adolescentes, adaptadas a cada situación concreta, así como de promover e optimizar todos os recursos protectores da familia, xerando os cambios precisos para que esta poida garantir o seu desenvolvemento integral e a cobertura das súas necesidades nun contexto seguro.

• O apoio á familia de orixe ou, se é o caso, á familia acolledora ou adoptiva, dirixido a propiciar o desenvolvemento de relacións materno/paterno filiais axeitadas e o fortalecemento dos vínculos familiares positivos. En particular, favoreceranse os contactos coa familia nas condicións establecidas na medida de protección adoptada polo departamento territorial correspondente.

• A promoción de experiencias de aprendizaxe, de formación e de acceso aos recursos comunitarios.

• O seguimento evolutivo da persoa menor e das súas circunstancias persoais, familiares e sociais, co obxecto de actualizar e modificar periodicamente os obxectivos da intervención ou, se é o caso, propoñer a finalización desta.

• A preparación axeitada da persoa menor para a súa saída do centro e a asunción da súa nova situación, ben sexa polo regreso á súa unidade familiar, pola integración nunha familia distinta, pola súa emancipación ou polo seu traslado a outro centro.

O equipo educativo terá previstas respostas consistentes para intervir ante posibles crises baseadas en entender estas como oportunidades de cambio, manexando modelos de resolución de problemas e de intervención como marcos necesarios para encadrar as ditas reaccións.

Q.1.1.2. Aloxamento.

O réxime de acollemento residencial prestarase durante todo o ano, incluídas as fins de semana e as vacacións, en horario de 24 horas continuadas.

Dotaranse os NNA dun cuarto, onde dispoñerán dun espazo persoal para as súas pertenzas, así como dos útiles necesarios de uso persoal. No caso de ser compartido, e de forma xustificada e excepcional, o número de usuarios por cuarto non poderá exceder os 3. Atenderanse as características específicas de cada caso e as situacións de especial vulnerabilidade á hora de asignar cuarto e respectarasen en todo momento a intimidade, o desenvolvemento individual e a cohesión entre grupos de irmáns.

As estancias e o equipamento existente nelas deberá manterse en axeitado estado de limpeza e conservación que garantan o seu uso en condicións de seguridade, salubridade e comodidade.

O fogar non deberá conter imaxes estigmatizantes ou que atenten contra a liberdade ideolóxica, cultural ou relixiosa dos nenos, nenas e adolescentes residentes.

Deberá proporcionárselles aos NNA os medios materiais necesarios para gozar do aloxamento (lenzaría de fogar, útiles de aseo...) en adecuadas condicións de conservación e hixiene.

Q.1.1.3. Manutención.

Deberá subministrárselles aos NNA unha pensión alimenticia completa que estará composta por almorzo, almorzo de media mañá para levar ao centro escolar, xantar, merenda e cea.

Os menús serán supervisados por un/unha facultativo/a, que debera garantir o adecuado equilibrio nutricional acorde coas circunstancias persoais e da súa idade.

Deberán atenderse as especificidades de alimentación daquelas persoas con necesidades especiais (derivadas de alerxias ou intolerancias, de circunstancias de saúde, de imperativos relixiosos, etc.).

Q.1.1.4. Vestido e hixiene.

A entidade adxudicataria deberá proporcionarlles aos NNA o vestido e calzado que precise. Cada NNA dispoñerá, como mínimo, de cinco mudas de roupa e tres pares de calzado, así como roupa interior e accesorios suficientes, axeitados á súa idade, ás condicións atmosféricas e ás actividades en que participe, en condicións de limpeza e hixiene e que preserven a dignidade da persoa en todo momento.

Serán propiedade do NNA e, polo tanto, seranlles entregadas en caso de causar baixa por rematar a medida de protección, maioría de idade, traslado de centro ou emancipación.

Así mesmo, proporcionaránselles os útiles necesarios para o seu aseo e coidado persoal.

Q.1.1.5. Atención persoal.

Prestaráselles aos NNA, en función da súa idade e capacidade, axuda parcial ou total para a realización das actividades básicas da vida diaria, nomeadamente aquelas destinadas á satisfacción das necesidades vinculadas ao coidado persoal (descanso, vestido, aseo persoal, mobilidade e locomoción e alimentación). O desenvolvemento desta prestación incluirá o adestramento nas habilidades necesarias para realizalas, fomentando o máximo grao posible de independencia e autonomía persoal, de modo progresivo e en función da súa idade.

Q.1.1.6. Atención á saúde.

O persoal do centro levará a cabo a observación da persoa menor para obter a información precisa sobre as características xerais relacionadas coa súa saúde e detectar signos de posibles alteracións desta.

Deberá promoverse a saúde física e psíquica dos NNA, previndo as doenzas e promovendo pautas de vida saudable, así como facilitando o acceso aos servizos de saúde.

A través do Servizo Galego de Saúde desenvolveranse as actuacións de medicina preventiva e asistencial que lle poidan corresponder á persoa menor. Así mesmo, prestaráselles avaliación e tratamento psicolóxico e psiquiátrico aos NNA que residan no centro.

As persoas menores de idade, así como as maiores se así o solicitan, deberán ir acompañados por unha persoa responsable do centro, ou da entidade (preferentemente o/a educador/a de referencia) aos servizos de asistencia sanitaria, tanto en caso de urxente necesidade como a aqueles concertados con cita previa.

Prestaráselles asistencia aos NNA na subministración de medicinas de acordo coa prescrición médica e as instrucións establecidas e, en todo caso, supervisarase sempre a súa administración.

Correspóndelle á entidade adxudicataria xestionar o traslado aos centros sanitarios cando a persoa menor precise atención hospitalaria, así como adoptar as medidas necesarias para garantir a súa atención e coidado durante os períodos en que permaneza hospitalizada. En situación de garda administrativa compartirase a responsabilidade de atención á saúde, se se considera conveniente, coas persoas titulares da patria potestade. En calquera caso, atenderase ás indicacións establecidas no Plan individualizado de protección.

Q.1.1.7. Atención escolar/formativa.

A entidade adxudicataria deberá realizar as xestións necesarias para a escolarización efectiva dos NNA, tanto na etapa de educación obrigatoria como nas etapas posteriores, atendendo ás capacidades, motivacións e intereses do/da adolescente. Establecerá unha axeitada coordinación co centro educativo do NNA.

Esta obriga comprende a dotación do material necesario, sen prexuízo da posibilidade de acceso ás axudas para a adquisición de libros que, de ser o caso, se establezan.

Así mesmo é obriga da entidade proporcionarlle á persoa menor o seguimento e o apoio nas tarefas escolares e educativas que realice e, se é o caso, reforzo escolar externo.

Favorecerase o uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) desde un punto de vista educativo seguro e responsable, segundo a idade das persoas menores.

No caso de menores estranxeiros/as, fomentar e facilitar a aprendizaxe dos idiomas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso dos nenos, nenas e adolescentes con medidas de garda, compartirase a responsabilidade de atención escolar, se se considera conveniente, cos/coas titulares da patria potestade.

Q.1.1.8. Inserción sociolaboral.

Propiciarase a participación dos/das adolescentes con 16 anos feitos, cuxo Plan individualizado de protección o considere pertinente, en procesos e programas de inserción sociolaboral, ben favorecendo a súa participación en programas específicos con esta finalidade, ou ben, cando isto non sexa posible ou o equipo técnico do menor non o considere adecuado, orientándoos/as a actividades formativas de tipo ocupacional ou prelaboral e proporcionándolles formación en competencias básicas que favorezan a súa integración en ámbitos laborais.

Q.1.1.9. Lecer e tempo libre.

O equipo educativo planificará e fomentará actividades de carácter lúdico, cultural e deportivo desde unha perspectiva educativa, que favorezan o desenvolvemento persoal e social dos nenos, nenas e adolescentes, propiciando a súa participación e a socialización en ambientes normalizados.

Q.1.1.10. Traslados.

A entidade adxudicataria garantirá, ben sexa a través de medios propios ou mediante a utilización de medios públicos de transporte, cando sexa adecuado, o axeitado desprazamento dos NNA ao domicilio familiar, ao centro educativo ou de traballo, aos centros sanitarios, á sede de órganos administrativos ou xudiciais e a cantas actividades deban realizar fóra do centro. Así mesmo, garantirá o acompañamento da nena, neno ou adolescente por parte de profesionais responsables, cando as características individuais daquel/a así o fagan preciso.

Q.1.1.11. Xestión de trámites e documentos persoais.

A entidade adxudicataria deberá garantir a realización e o acompañamento naquelas xestións de carácter administrativo precisas para a obtención da documentación persoal da nena, neno ou adolescente, a documentación sanitaria, escolar, laboral, etc., necesarias para o cumprimento de obrigas legais e xudiciais, así como para o acceso aos servizos e prestacións a que teña dereito.

Q.1.1.12. Emisión de informes.

O director do centro deberá informar periodicamente o xulgado e o Ministerio Fiscal sobre as circunstancias do NNA e a necesidade de manter a medida, sen prexuízo dos demais informes que o/a xuíz/a poida requirir cando o crea pertinente. Os informes periódicos serán emitidos cada tres meses, a non ser que o/a xuíz/a, atendida a natureza do problema de saúde mental que motivou o ingreso, sinale un prazo inferior.

Tamén se emitirá trimestralmente informe ao Servizo de Protección de Menores do departamento territorial correspondente, sobre a evolución do NNA referente ao seu problema de saúde mental e sobre a súa evolución en relación co seu Plan individualizado de protección. Estes informes serán remitidos tamén aos/as profesionais do Servizo Galego de Saúde que traten a persoa menor nos dispositivos públicos, co fin de levar a cabo un tratamento coordinado.

No relativo aos problemas de saúde mental do NNA, o informe incluirá esta información:

• Diagnóstico do NNA no momento do ingreso e unha actualización deste, se é o caso.

• Formulación clara dos obxectivos que cómpre traballar co NNA, o prognóstico da súa evolución e a temporalización prevista.

• Descrición dos procedementos e estratexias metodolóxicas que se van utilizar ou que se empregasen.

• Os resultados que se van obtendo no curso do tratamento e as modificacións que se van levar a cabo no Plan, no caso de que os obxectivos non se estean cumprindo ou os contidos da intervención se modifiquen.

• Os informes derivados da avaliación procesual ou informes de evolución serán de extensión reducida e recollerán, sempre desde a perspectiva das razóns que motivaron o ingreso, a evolución do problema de saúde mental, os cambios positivos e as dificultades ou problemas que se manteñen e/ou empeorasen e a proposta argumentada de continuidade no recurso residencial.

• Cando se produza a saída do NNA, incluiranse unhas recomendacións para o mantemento dos obxectivos acadados no programa, dirixidas aos profesionais do novo recurso residencial ou aos familiares, segundo proceda en cada caso.

• O centro deberá emitir calquera outro informe que lle sexa solicitado polas autoridades xudiciais ou administrativas.

• Comunicarase ao servizo de menores da dirección territorial competente calquera incidencia grave que poida ser relevante no seguimento e intervención co NNA ou coa súa familia (nun prazo non superior a 48 horas).

• O centro deberá remitilo anualmente, así como cando lle sexa requirido o programa anual de actividades e a memoria anual.

• Ademais, a entidade adxudicataria deberá desenvolver e executar todas aquelas instrucións, circulares, protocolos, etc. emitidos pola Consellería de Política Social e Igualdade en relación coa súa actividade.

Q.2. Características da poboación atendida.

As persoas beneficiarias deste centro serán aquelas persoas menores de entre 8 e 17 anos de idade, de ambos os sexos, que estean en situación de desamparo e suxeitos á medida de garda ou tutela da Xunta de Galicia, que presenten problemas de saúde mental que fagan incompatible a súa convivencia en centros residenciais básicos. Poderán ser beneficiarios aqueles nenos, nenas e adolescentes con problemas de saúde mental que fagan aconsellable, para a mellor evolución ou prognóstico do seu padecemento, a inclusión nun recurso residencial de características específicas. Isto acreditarase mediante a achega dun informe da unidade de saúde mental de referencia da persoa.

O ingreso debe realizarse tras a valoración do/da seu/súa profesional de referencia en materia de saúde mental no sistema público sanitario de que, sen precisar un ingreso hospitalario, considere que o NNA precisa dunha atención residencial especializada en materia de saúde mental. Excepcionalmente, por motivos debidamente xustificados poderá acordarse o ingreso dun menor de idade inferior.

O ingreso neste centro realizarase con carácter excepcional cando outras medidas de protección sexan consideradas insuficientes, e polo tempo estritamente necesario, e terá como finalidade proporcionarlle á persoa menor un marco adecuado para a súa educación, a súa reintegración familiar cando sexa posible e o libre e harmónico desenvolvemento da súa personalidade nun contexto estruturado e con programas específicos no marco dun proxecto educativo.

Dadas as características das persoas atendidas por este recurso, determinarase un acceso preferente aos servizos de saúde mental do sistema público sanitario, articulado a través do correspondente protocolo asinado entre a Consellería de Sanidade e a Consellería de Política Social e Igualdade.

No caso de NNA con discapacidade, continuarase cos apoios especializados que viñesen recibindo ou adoptaranse outros máis adecuados, e incorporaranse, en todo caso, medidas de accesibilidade nos centros de ingreso e nas actuacións que se leven a cabo.

Q.2.1. Ingreso.

Para o ingreso solicitarase autorización xudicial do xulgado de primeira instancia da localidade en que radique o centro, salvo nos supostos de urxencia, nos cales o ingreso será ratificado con posterioridade, con intervención do Ministerio Fiscal e do equipo técnico do menor. Poderase ingresar igualmente por solicitude do Ministerio Fiscal.

A solicitude de ingreso estará motivada e fundamentada en informes psicolóxicos elaborados previamente por persoal especializado da entidade pública de protección de menores e de saúde mental, elaborados polo persoal sanitario do sistema público sanitario, ben sexan psiquiatras ou psicólogos/as clínicos/as. O informe do sistema público de saúde deberá facer constar especificamente que a persoa menor non require un tratamento específico por parte dos servizos competentes en materia de saúde mental, en especial a través dun ingreso hospitalario. En ningún caso o ingreso neste recurso poderá substituír un ingreso nun centro sanitario. No dito informe de saúde constarán o seu grao de estabilidade, así como aqueles aspectos de funcionamento psicosocial do/da NNA que se consideren beneficiarios da intervención.

No caso de ingreso urxente, para a súa ratificación, será comunicado ao xulgado o antes posible, en todo caso no prazo de 24 horas, achegando a documentación sobre a situación social e o estado psíquico da persoa menor, que xustifique o ingreso.

Os NNA recibirán, no momento do seu ingreso no centro, información por escrito e no idioma e formato que lles resulte comprensible e accesible, sobre os seus dereitos e deberes, as normas de funcionamento do centro, cuestións de organización xeral, as normas de convivencia, a organización e o funcionamento educativos, o réxime disciplinario e os medios para formular peticións, queixas e recursos. A dita información transmitirase de forma que se garanta a súa comprensión, en atención á idade e ás circunstancias do NNA.

Os NNA non permanecerán no centro máis do tempo estritamente necesario para atender as súas necesidades específicas. A finalización do acollemento residencial será acordado polo órgano xudicial competente, de oficio, por proposta do Ministerio Fiscal ou da Xunta de Galicia. A proposta estará baseada nun informe psicosocial e nun informe de saúde mental, emitidos, respectivamente, pola entidade pública de protección de menores e polo sistema público de saúde.

A medida de ingreso do NNA no centro deberá ser revisada polo menos trimestralmente pola entidade pública, que lles deberá remitir ao órgano xudicial competente que autorizou o ingreso e ao Ministerio Fiscal, con esa periodicidade, o oportuno informe motivado de seguimento que inclúa as entradas do libro de rexistro de incidencias.

Q.2.2 Dereitos das persoas acollidas.

Os NNA acollidos terán os dereitos recollidos no artigo 21.bis da LO 1/1996, de protección xurídica do menor, e no artigo 100 da Lei 3/ 2011, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, así como o título I da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia. Ademais, observaranse os seguintes dereitos dos NNA acollidos neste centro:

• Dereito a contar cun proxecto socioeducativo individualizado.

• Dereito a que exista unha supervisión e revisión da medida protectora e da súa duración, de acordo coa evolución do menor.

• Dereito a recibir a educación obrigatoria que lles corresponda, así como á formación educativa e/ou profesional adecuada e efectiva. A escolarización garantirase preferentemente fóra do centro.

• Dereito ao carácter eminentemente educativo de cantas medidas se adopten na actuación protectora, que ofrezan un marco de convivencia que favoreza o seu desenvolvemento.

• Dereito á asistencia sanitaria en xeral a aos programas individualizados de tipo terapéutico que fomenten a súa rehabilitación.

• Dereito a un trato respectuoso á súa propia dignidade, privacidade, confidencialidade, liberdades relixiosas, ideolóxicas, fomentando os valores de tolerancia, solidariedade e igualdade, e demais valores democráticos establecidos polo ordenamento xurídico vixente, e a ser atendidos sen discriminación por razón de sexo, raza, relixión, ideoloxía ou por calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

• Dereito a ser informados de cantas medidas se lles vaian aplicar, así como a ter en conta a súa opinión naquelas situacións que lles incumban, e a coñecer en todo momento a súa situación legal e familiar.

• Dereito a participar na confección e realización de actividades deportivas, de lecer e laborais-culturais.

• Dereito a comunicarse libremente coa súa familia, sen prexuízo das resolucións xudiciais ou administrativas que poidan establecer as debidas limitacións.

• Dereito a formular peticións e queixas ao director do centro, á entidade de protección, ao fiscal e ao valedor do pobo.

• Dereito ao segredo profesional e á confidencialidade.

• Dereito a non permanecer no centro máis tempo do que sexa estritamente necesario para responder ás súas necesidades, e a recibir a atención residencial durante todo o tempo que a precisen.

• Dereito a contar dentro do centro cun educador referente, que sexa unha figura estable, que titorice o NNA de forma individualizada un tempo específico para el, o escoite, o atenda, o axude e o acompañe a cantas citas, entrevistas e comparecencias deba realizar.

Q.3. Contidos do programa.

Q.3.1. Por parte da Consellería de Política Social e Igualdade.

De conformidade coas súas competencias, correspóndelles ás persoas titulares dos departamentos territoriais da Consellería de Política Social e Igualdade o seguinte:

• Ditar a resolución de acollemento en réxime de acollemento residencial do NNA por proposta do equipo técnico do menor, que deberá ter en conta as necesidades do neno, nena ou adolescente e as características das prazas do centro.

• De ser o caso, establecer o réxime de visitas e saídas dos NNA en función do Plan individualizado de protección, e emitir autorización sobre a súa mobilidade con ocasión destas, logo de petición da Dirección do centro e informe do equipo técnico do menor que lles corresponda.

• Ditar a resolución de traslado do NNA a outro centro, logo da proposta do equipo técnico do menor e, se sé o caso, de autorización da Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia.

• Ditar a resolución de finalización do acollemento, por proposta do equipo técnico do menor, que oirá previamente a entidade acerca da conveniencia desta medida para o neno, nena ou adolescente.

Esta resolución fundamentarase na superación ou desaparición das causas que motivaron o ingreso, na emancipación do mozo ou moza ou na adopción dunha medida alternativa máis axeitada.

Correspóndelle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica ou ás unidades dela dependentes:

• Ditar as instrucións e desenvolver os protocolos de actuación xeral nos centros de atención a nenos, nenas e adolescentes suxeitos á medida de garda ou tutela da Xunta de Galicia que presenten problemas de saúde mental .

• Autorizar a ocupación de prazas por riba das concertadas, de forma temporal e en situacións excepcionais, segundo se establece na cláusula Q.3.3. desta resolución.

• Autorizar o ingreso dun neno, nena ou adolescente en centros especializados.

• Autorizar o pagamento de gastos extraordinarios que excedan as obrigas que lles corresponden aos centros en aplicación dos pregos que rexen esta concertación ou a normativa vixente.

• Autorizar a realización de estudos ou investigacións relativas ás persoas usuarias do centro ou ao funcionamento deste, cando se considere que pode redundar en interese daquelas e/ou na mellora da práctica institucional, e garantindo en todo caso a confidencialidade dos datos persoais dos NNA.

Correspóndelles aos equipos técnicos do menor do departamento territorial correspondente:

• Remitirlle ao centro o PIP do NNA, no cal se definen os obxectivos de traballo en función das necesidades e circunstancias daquel e da súa familia, de forma que oriente o equipo educativo na planificación da súa intervención educativa.

• Planificar, xunto coas persoas responsables do centro, tanto o ingreso como a saída dos NNA, agás que razóns excepcionais aconsellen o ingreso ou saída urxente.

• Levar a cabo o seguimento da intervención educativa realizada polo centro.

• Transmitirlle ao centro toda aquela información relevante para que a intervención educativa se poida orientar á satisfacción das necesidades do neno, nena ou adolescente en función das súas circunstancias.

• Coordinar o traballo coas familias, o centro e os nenos, nenas ou adolescentes que estean acudindo aos programas deseñados para eles.

Correspóndelle á unidade que teña atribuída esta competencia inspeccionar o traballo realizado e a súa adecuación a este concerto por medio do persoal inspector da propia Consellería de Política Social e Igualdade.

Q.3.2. Por parte da entidade adxudicataria do servizo.

Ademais das obrigas indicadas na resolución da convocatoria deste concerto, a entidade adxudicataria deberá:

• Aceptar os ingresos solicitados polo departamento territorial correspondente e autorizados pola Subdirección Xeral de Familia, Infancia e Adolescencia, sempre que exista praza vacante ou, no caso de sobreocupación, que exista dispoñibilidade de medios persoais e materiais para a axeitada atención do neno, nena ou adolescente nas condicións estipuladas no prego técnico e nesta resolución de convocatoria deste concerto social.

• Desenvolver a súa intervención en interese do neno, nena ou adolescente e de conformidade co establecido na normativa reguladora da protección á infancia.

• De acordo co disposto na Orde da Consellería de Familia, Muller e Igualdade, do 1 de agosto de 1996, pola que se regulan os contidos mínimos do Regulamento de réxime interior e o proxecto educativo dos centros de atención a nenos, nenas ou adolescentes con medidas de protección e cos protocolos vixentes de funcionamento dos ditos centros, organizar a actividade do centro de acordo cos seguintes instrumentos:

– Proxecto educativo do centro, no cal se especificarán os obxectivos de actuación en cada área de atención e as condicións ou medidas que se deben cumprir no centro para a consecución dos obxectivos que se mencionen. Reflectirá a súa organización e delimitará a súa intervención.

– Regulamento de organización e funcionamento e convivencia, que deberá contar, como mínimo, con normas de funcionamento, dereitos e deberes dos NNA usuarios e órganos de representación e participación. Proporcionaráselles unha copia ao neno, nena ou adolescente e á súa familia.

– Programación anual de actividades, que ten por obxecto estruturar e sistematizar as previsións de actuacións ao longo do ano.

– Memoria anual, na cal se sinteticen e avalíen as actividades levadas a cabo no centro no período anterior.

– Promover no centro un ambiente familiar e coas condicións axeitadas para a intervención socioeducativa e o normal desenvolvemento dos NNA usuarios.

– Utilizar os recursos sociais normalizados: educación, sanidade, lecer e outros necesarios para a cobertura das necesidades dos NNA, e que contribúan a unha maior integracións social destes.

– Favorecer o traballo en rede a través da coordinación entre os distintos recursos e profesionais que interveñan co neno, nena ou adolescente ou coa súa familia de cara á consecución dun traballo integrado en relación con aquel.

– Elaborar e remitirlle ao equipo técnico do menor toda a documentación necesaria para o seguimento da intervención co NNA e, en particular:

- Un informe de valoración inicial do neno, nena ou adolescente logo da súa entrada no centro e segundo o prazo establecido nos protocolos de acollemento residencial.

- O proxecto educativo individualizado (PIP), no cal, partindo da avaliación inicial das necesidades do neno, nena ou adolescente e de acordo coa finalidade do Plan individualizado de intervención, se concreten os obxectivos prioritarios do traballo e a súa programación formal, cos recursos previstos, a metodoloxía, as actividades e a súa temporalización, que será revisado tremestalmente.

- Os informes periódicos de seguimento do proxecto educativo individualizado cando menos cada seis meses.

- O informe final que recolla as intervencións realizadas e o grao de cumprimento dos obxectivos, á saída do NNA do centro.

- Remitir, nun prazo non superior a 48 horas, calquera información que lle sexa solicitada polos servizos competentes en materia de protección á infancia e á adolescencia.

- Comunicarlle ao Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica do departamento territorial que corresponda calquera incidente grave de tipo xudicial, sanitario e de calquera outra índole que poida ser relevante no seguimento e intervención co neno, nena ou adolescente ou a súa familia, nun prazo non superior a 48 horas.

- Formalizar denuncia ante os corpos e forzas de seguridade en caso de desaparición ou non retorno dun NNA ao centro, no prazo máis breve posible atendendo á idade, madurez e circunstancias persoais e sociais do NNA, sen prexuízo da inmediata comunicación ao equipo técnico do menor e ao Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade.

- Aceptar, logo da autorización da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, alumnado universitario en prácticas das carreiras que teñen relación co obxecto do servizo, sempre que o número ou as condicións da súa realización non interfiran na dinámica de traballo.

- Aceptar, logo da autorización da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, a realización de estudos ou investigacións relativas aos NNA usuarios do centro ou ao funcionamento deste, sen prexuízo do dereito a que non se divulguen os datos ou documentos que a entidade considere que deben ser confidenciais.

- Incorporar e empregar as aplicacións informáticas que, se é o caso, facilite a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica para o tratamento e a xestión da información relativa aos NNA usuarios.

- O centro terá unha organización flexible, que permita atender as necesidades dos NNA usuarios e incorpore á súa estrutura os cambios necesarios para manter actualizado o proxecto educativo do centro.

Q.3.3. Situacións excepcionais.

• Atención urxente: en casos excepcionais derivados de circunstancias sociofamiliares graves, que requiran unha atención inmediata do neno, nena ou adolescente, cando non sexa posible o seu ingreso nos centros previamente determinados para estas circunstancias, o Departamento Territorial ou a Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia poderán acordar un ingreso con carácter urxente; efectuaranse con posterioridade, o antes posible, a formalización deste e a remisión da documentación e informes necesarios.

• Sobreocupación provisional de prazas: a Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia poderá autorizar, de xeito excepcional, un ingreso que supoña sobreocupación respecto das prazas concertadas en calquera das tipoloxías contratadas, sempre que se garanta a dispoñibilidade de medios persoais e materiais para a axeitada atención do neno, nena ou adolescente. A sobreocupación non poderá ser superior a tres (3) meses, agás causas que o xustifiquen, logo de informe do equipo técnico do menor.

Q.4. Medios para a prestación so servizo.

Q.4.1. Equipamento.

Para prestar o servizo, a entidade adxudicataria non terá a necesidade de achegar un equipamento residencial coa capacidade de aloxamento e coas instalacións precisas para desenvolver as prestacións correspondentes á tipoloxía das prazas ofertadas, xa que o dito equipamento lle corresponde á Xunta de Galica, que é quen ten a titularidade da cesión.

A cesión do uso do ben inmoble, así como dos bens mobles de que dispón o centro, axustarase ao establecido da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

A cesión do uso dos ditos inmobles entenderase outorgada, en todo caso, agás o dereito de propiedade e sen prexuízo de dereitos de terceiras persoas. A utilización do centro polas entidades colaboradoras terá un mero carácter instrumental para a execución da actividade contratada e queda circunscrita á súa vixencia, sen que poida alegar dereito ningún, nin usarse para outro fin distinto do previsto. Os actuais inmobles poderán ser substituídos por outras instalacións.

No caso de que a Xunta de Galicia non conte coa dispoñibilidade do inmoble, este concerto resolverase unilateralmente sen necesidade da aprobación por parte da entidade adxudicataria do concerto.

O centro cumpre as condicións e os requisitos establecidos na normativa vixente que regula os centros de menores no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, en particular no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia, e no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.

A minirresidencia centro de menores Casa da Quintán está situada en Ponte Caldelas, figura inscrita no Rexistro Único de entidades prestadoras de servizos sociais co número E-O-C-182 e ten capacidade suficiente en canto ao número de prazas que se contrata para a prestación do servizo.

Está amoblado, segundo o inventario que se incorpora como anexo VIII, e a entidade adxudicataria deberá facerse cargo de completar o equipamento, enxoval, aveños e bens de consumo necesarios para a súa posta en funcionamento, así como facerse cargo de todos os gastos de bens correntes e servizos: manutención, limpeza, lenzaría, lavandaría, material escolar e de oficina, subministración de auga, electricidade, teléfono, gas, etc., mantemento e conservación derivados do seu uso, tales como pintura, fontanaría, cristalaría, electricidade, cerrallería, etc.

A entidade adxudicataria deberá velar polo bo uso do inmoble, da moblaxe e da totalidade do seu equipamento, incluído o funxible, e deberá manter as instalacións e os edificios nas condicións de hixiene, ambientais e de seguridade precisas, conforme as disposicións legais vixentes.

Q.4.1.1. Tipoloxía do centro e das prazas.

O centro onde se prestará o servizo en réxime de acollemento residencial correspóndese coa tipoloxía de minirresidencia regulada no Decreto 329/2005, do 28 de xullo.

Na execución do acollemento residencial especializado requírese unha dispoñibilidade de recursos materiais, técnicos e humanos para ofrecer un contorno seguro e protector que cubra as necesidades integrais de nenos, nenas e adolescentes.

Constitúe unha intervención de carácter intensivo e integral, de orientación socioeducativa e terapéutica centrada primordialmente no ámbito persoal, para promover un ambiente idóneo para o tratamento dos seus problemas de saúde mental, a mellora de actitudes, competencias e a adquisición de normas de convivencia que favorezan o proceso de normalización dos nenos, nenas e adolescentes acollidos, e terá carácter preferentemente temporal; o seu obxectivo é a normalización da situación dos nenos, nenas e adolescentes, o que posibilitará o posterior acceso ao acollemento residencial de procedencia, ao programa de preparación á emancipación ou á reincorporación ao fogar familiar. Na concreción da temporalidade da intervención prevalecerá o interese do NNA e o principio de non permanencia no centro máis tempo do estritamente necesario para atender as súas necesidades específicas. A estadía nel virá condicionada polo perfil e a evolución dos NNA e a dos seus contextos convivencias de orixe.

A valoración destas circunstancias para os efectos do seu ingreso será realizada polo equipo técnico do menor do departamento territorial que corresponda, e será revisable nun prazo non superior a seis (6) meses.

Dadas as características da intervención que se realizará, todas as prazas deste recurso se catalogan como prazas especiais para efectos de determinar a ratio de persoal necesario e a remuneración por praza/día.

Q.4.1.2. Outros recursos materiais.

Os medios materiais necesarios para o funcionamento do servizo serán achegados pola entidade adxudicataria.

1. A empresa/entidade adxudicataria deberá dispoñer, como mínimo, dun vehículo adscrito ao servizo para o transporte dos NNA.

2. A empresa/entidade adxudicataria contará, polo menos, cun equipamento informático para a súa utilización por parte dos profesionais do centro en que desenvolva o servizo, e con tres equipamentos adicionais para usos diversos. Todos eles deberán dispoñer de conexión á internet, ben que os que vaian ser empregados polos NNA deberán contar coas medidas de control parental que impidan o acceso a contidos inadecuados para a súa idade. Contará, así mesmo, coas aplicacións informáticas suficientes para axilizar a elaboración de informes, programas e memorias, así como garantir o funcionamento coordinado con outros profesionais.

A entidade adxudicataria asumirá todos os gastos que orixine a atención integral dos NNA nos termos establecidos neste prego. Non obstante, os gastos extraordinarios que excedan as obrigas que lles corresponden aos titulares da garda dos NNA poderán ser asumidas polo órgano competente en materia de protección á infancia e á adolescencia, logo da solicitude por parte do centro e de conformidade coas instrucións ditadas para este efecto. Enténdese por gastos extraordinarios aqueles gastos para tratamentos especiais dos NNA que sexan necesarios para o seu desenvolvemento integral e que non estean previstos pola cobertura do sistema sanitario público, por ningún dos programas específicos de atención xestionados polo sistema de protección de menores, nin poidan ser cubertos por outras vías normalizadas (subvencións, servizos públicos ou de asistencia gratuíta, etc.).

A título orientativo, enténdense incluídos os gastos debidamente xustificados de carácter médico, terapéutico, protésico, de atención odontolóxica, así como os de viaxes e os de xestión, asesoramento ou representación legal ou de acompañamento hospitalario; exclúese a adquisición de libros, material escolar ou informático, apoio extraescolar, etc., agás que se xustifique debidamente nas especiais características ou dificultades do NNA.

Con carácter xeral, entenderase que non son gastos extraordinarios e, polo tanto, deben ser atendidos dentro das obrigas xerais que lle corresponden ao centro, os gastos de contía inferior a 60 euros.

3. A entidade adxudicataria proporcionaralles ás persoas menores unha asignación económica para gastos de peto, axeitada á súa idade e características persoais, e farao cunha función educativa.

Q.4.2. Medios persoais.

Q.4.2.1. Persoal mínimo exixido para a prestación do servizo.

Segundo o Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, tendo en conta as especiais características e as necesidades dos menores usuarios, o persoal mínimo exixido para a prestación do servizo é o seguinte:

Cargo

Horas anuais

Director/a.

1.860,00

Educadores/as, de forma que se garanta a presenza dun educador por cada 4 nenos, nenas ou adolescentes no momento de máximo desenvolvemento das actividades diúrnas, e un educador por cada 8 nenos, nenas ou adolescentes nas quendas da noite.

16.644,00

Auxiliares técnicos educativos, de forma que se garanta a presenza en todas as quendas de noite do ano dunha persoa desta categoría, así como a presenza dunha persoa en cada andar para o adecuado control e atención das persoas usuarias durante a quenda de noite.

3.328,80

Coordinador do equipo educativo, que poderá ser un dos educadores a que se refire o punto anterior.

1.860,00

Psicólogos clínicos ou psicólogos xerais sanitarios, a xornada completa.

2.790,00

Psiquiatra, a media xornada, ou profesional autónomo que preste o servizo.

930,00

Diplomado/da en Enfermaría, a media xornada, ou profesional autónomo que preste o servizo.

930,00

Traballador/a social a xornada completa.

1.860,00

Auxiliar administrativo a xornada completa.

1.860,00

Traballador do servizo de cociña, a xornada completa.

1.860,00

Traballador do servizo de limpeza e lavandaría, a xornada completa.

1.860,00

Traballador que realice os labores de vixilancia e mantemento, a xornada completa.

1.860,00

Os medios persoais necesarios para o funcionamento do servizo serán de contribución da entidade adxudicataria, que deberá poñer á disposición do servizo o persoal necesario e coa adecuada preparación técnica, para a atención dos NNA que ocupen as prazas obxecto deste concerto. Este centro dispoñerá dunha ratio adecuada entre o número de persoas menores e o persoal destinado á súa atención para garantir un tratamento individualizado a cada NNA.

A Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica poderá exercer en calquera momento a comprobación do cumprimento das ratios de persoal da entidade vinculada ao concerto, mediante o requirimento dos documentos RNT–Relación nominal de traballadores, ou ben mediante a comprobación in situ a través dos seus servizos de inspección.

Sen prexuízo da dita estimación horaria, a entidade adxudicataria deberá atender debidamente as necesarias substitucións de persoal en caso de baixa, vacacións, licenzas etc., e deberá garantir en todo caso a ratio establecida no Decreto 329/2005, do 28 de xullo.

O persoal que preste servizos neste centro deberá achegar, de acordo co artigo 13.5 da LO 1/1996, de protección xurídica do menor, certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.

Q.4.2.2. Características e funcións do persoal.

A. Dirección do centro.

A dirección do centro exerceraa unha persoa nomeada pola empresa/entidade adxudicataria, e deberá ter unha titulación universitaria media, superior ou de grao en Psicoloxía/Pedagoxía ou nas áreas das Ciencias Xurídicas ou Sociais. En calquera caso, observarase o disposto no correspondente convenio colectivo para este tipo de postos.

As súas funcións, entre outras, serán as de:

1. Exercer a garda das nenas, nenos ou adolescentes acollidos no centro ou usuarios del, cumprindo as instrucións, directrices e resolucións que o órgano xestor do concerto dite ao respecto.

2. Dirixir e coordinar os servizos e os programas de actuación do centro e supervisar as tarefas do persoal vinculado ao servizo.

3. Planificar e supervisar a intervención educativa, de acordo co proxecto educativo do centro.

4. Asegurar o cumprimento da normativa vixente, das directrices e instrucións do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade e da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica e das normas de funcionamento interno do centro.

5. Velar polo cumprimento dos dereitos dos NNA e dos seus proxectos educativos individuais.

6. Informar as nenas, nenos ou adolescentes e as súas familias de forma comprensible e axeitada á súa idade e circunstancias, acerca do funcionamento do centro e dos seus dereitos e deberes.

7. Garantir o adecuado tratamento das queixas, reclamacións ou suxestións de mellora formuladas polos nenos, nenas e adolescentes que residen no centro ou das súas familias.

8. Xestionar adecuadamente, en representación da empresa/entidade titular do centro, tanto os recursos económicos como os de persoal, co fin de proporcionar unha axeitada atención aos/ás nenas, nenos ou adolescentes.

9. Establecer e manter canles de colaboración con outras entidades e organismos, perseguindo a optimización de recursos do contorno e a calidade da intervención.

10. Establecer a necesaria coordinación co equipo técnico do menor e, se é o caso, cos equipos e profesionais que xestionen outros programas en que estea incluída a nena, neno ou adolescente, para garantir a mellora da intervención.

11. Garantir a adecuada elaboración de toda a documentación pertinente e a súa remisión aos responsables dos distintos departamentos competentes na área de protección á infancia e á adolescencia da Xunta de Galicia.

12. Asistir ás reunións, entrevistas ou actos procesuais a que se convoquen.

13. Asegurar a custodia e o arquivamento de toda a documentación relativa ás nenas, nenos ou adolescentes en condicións de seguridade, así como a súa destrución, cando proceda, en idénticas condicións.

14. Velar polo cumprimento da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e o Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), e demais disposicións vixentes sobre a materia.

15. Elaborar avaliacións periódicas do funcionamento do centro.

16. Informar periodicamente, cunha periodicidade mínima de tres meses, o xulgado sobre as circunstancias do NNA e a necesidade de manter a medida.

17. Convocar e presidir as reunións dos órganos colexiados, así como cumprir e facer cumprir os acordos adoptados por estes.

18. Calquera outra que veña establecida na normativa aplicable.

B. Persoal educador social.

O persoal educador social debe cumprir as disposicións establecidas para esta categoría no convenio colectivo de aplicación.

Este persoal será o encargado da atención directa ás nenas, nenos ou adolescentes e estará dedicado á intervención no proceso socioeducativo cotián e á súa observación e avaliación.

As súas funcións, entre outras, serán as seguintes:

1. Coñecer as características do NNA, da súa familia e do seu contorno social.

2. Elaborar e levar a cabo os proxectos socioeducativos individuais das nenas, nenos ou adolescentes tendo en conta as súas familias, segundo os plans individualizados de protección e as pautas fixadas polo equipo técnico do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade.

3. Elaborar proxectos específicos, dentro dos programas anuais, en función das necesidades dos NNA, para a realización de actividades educativas, formativas, laborais, sanitarias, de lecer ou tempo libre.

4. Realizar tarefas de intervención educativa cos NNA e coas súas familias, ao ser o responsable da formación integral e globalizadora do grupo de nenas, nenos ou adolescentes ao seu cargo.

5. Levar a cabo a acollida das nenas, nenos ou adolescentes nun clima axeitado, que lles ofreza seguridade e lles facilite a súa adaptación a un novo contexto de convivencia. Esta acollida realizarase preferentemente contando coa presenza do persoal educador-titor do NNA.

6. Organizar a vida cotiá e velar pola adecuada cobertura das necesidades básicas das nenas, nenos ou adolescentes acollidos no centro, sexan estas de carácter físico, emocional, educativo e/ou de lecer, atendendo ás súas necesidades de alimentación, hixiene, vestido, apoio escolar e desprazamentos, entre outros.

7. Acompañar os NNA nos traslados que deben efectuar.

8. Levar a cabo (ou acompañar e orientar o neno, nena ou adolescente na súa realización, en función da súa idade) as xestións administrativas necesarias para completar a documentación das nenas, nenos ou adolescentes e asegurar a súa correcta incorporación aos ámbitos educativo, sanitario, laboral etc. en coordinación cos equipos técnicos do NNA.

9. Acompañar, orientar e educar os NNA no seu proceso de maduración e de desenvolvemento de hábitos e habilidades persoais e sociais: hábitos de hixiene, alimentación e saúde, e habilidades de comunicación e comportamento social, promovendo o desenvolvemento integral da súa personalidade.

10. Garantir a participación dos NNA, en función da súa idade e capacidade, na elaboración e seguimento do seu proxecto educativo individual, así como na planificación e desenvolvemento de actividades.

11. Asegurar o cumprimento da normativa do centro por parte das nenas, nenos ou adolescentes.

12. Orientar e acompañar os NNA ante a saída do centro, preparándoos para lograr unha axeitada transición ao contexto en que se integrarán.

13. Contribuír de forma activa ao mantemento da seguridade e da orde do centro e supervisar e dar resposta ante posibles emerxencias que ocorran no grupo ao seu cargo.

14. Elaborar todos os informes, documentos e rexistros que lle estean atribuídos na normativa vixente, así como os que lle sexan requiridos acerca das nenas, nenos ou adolescentes ao seu cargo polo equipo técnico do menor do Departamento Territorial.

15. Asistir ás reunións, entrevistas ou actos procesuais a que se convoquen.

16. Manter relación e fomentar a coordinación cos axentes sociais e cos demais profesionais relacionados cos NNA atendidos.

17. Relacionarse cos familiares, entidades mediadoras ou persoas relevantes para o NNA.

18. Calquera outra que veña establecida na normativa aplicable.

Dada as características do inmoble ofertado pola Administración (dous andares, ademais do baixo), considérase que debe haber unha persoa en cada andar para o adecuado control e atención das persoas usuarias durante a quenda de noite. A dita función pode ser competencia tanto de dun/dunha educador/a como dun/dunha auxiliar educativo/a.

C. Auxiliar educativo.

Este persoal deberá estar en posesión de titulación de conformidade coas disposicións establecidas para esta categoría no convenio colectivo de aplicación.

Este persoal terá, entre outras, as seguintes funcións:

1. Colaborar na execución do programa educativo do centro e individual dos NNA, baixo a supervisión do/da educador/a e en coordinación co resto do equipo educativo, realizando tarefas auxiliares, complementarias e de apoio ao labor destes.

2. Exercer labores de observación, rexistrando as incidencias da quenda a través das canles establecidas.

3. Atender e proporcionar, do mesmo xeito que o resto de persoal do centro ou programa, os coidados básicos e velar pola integración física e psíquica dos NNA.

4. Elaborar e cubrir todos os documentos que se consideren oportunos de acordo coas súas funcións e participar na elaboración de proxectos específicos en función das necesidades dos NNA e das actividades do centro ou programa.

5. Acompañar os NNA nos seus traslados ou saídas, xestións, consultas, paseos, excursións e animación do lecer e tempo libre en xeral.

D. Coordinador/a.

Este persoal deberá contar cunha licenciatura, diplomatura ou titulación universitaria de grao, preferentemente da Área das Ciencias Xurídicas e Sociais (Psicoloxía, Pedagoxía, Socioloxía, Educación Social ou Traballo Social).

É o persoal responsable en cada quenda do correcto funcionamento do centro en todas as súas vertentes, polo que se constitúe en persoa de referencia para calquera problema que se presente nas instalacións, no grupo de NNA, no equipo educativo ou no resto do persoal.

Este persoal terá, polo menos, as seguintes funcións:

1. Coordinar e dirixir as entradas e saídas de quenda.

2. Garantir a transmisión de información e a efectiva coordinación entre o persoal das distintas quendas e os/as profesionais relacionados cos NNA atendidos.

3. Adoptar as medidas necesarias para manter a boa orde do centro e informar inmediatamente a Dirección nos supostos de incidentes que revistan gravidade.

4. Estimular e orientar o traballo de todo o persoal de intervención educativa.

5. Controlar que as instalacións e os materiais precisos para o desenvolvemento da actividade están en bo estado.

6. Garantir que os libros de rexistro e demais partes que deban ser cubertos polo persoal do centro estean permanentemente actualizados.

7. Atender, en primeira instancia, as incidencias que se produzan cos NNA.

8. Asistir aos rexistros dos NNA e das súas pertenzas ou das instalacións, velando por que se fagan nas condicións previstas na normativa aplicable.

9. Dirixir e moderar os actos colectivos cando non estea presente o persoal directivo.

10. Informar diariamente a Dirección do funcionamento do centro e recibir as oportunas instrucións.

11. Formar parte dos órganos colexiados que lle correspondan.

E. Psicólogo/a.

Este persoal deberá estar en posesión do grao ou da licenciatura en Psicoloxía e perfil en especialista clínico (PIR) ou psicólogo/a xeral sanitario/a.

O/a psicólogo/a encárgase do diagnóstico e tratamento de problemas psicolóxicos e da maduración persoal das nenas, nenos ou adolescentes.

Entre as súas funcións estarán:

1. Estudar a información psicolóxica que figure no expediente co cal ingresa o NNA.

2. Elaborar un diagnóstico en colaboración co/coa psiquiatra e planificar a atención terapéutica dos NNA.

3. Prestar atención individualizada a cada un dos NNA en función das súas necesidades.

4. Colaborar co resto do persoal de intervención educativa na avaliación das necesidades das persoas usuarias e na elaboración do proxecto socioeducativo individual, informes e protocolos.

5. Asesorar e darlle apoio técnico ao persoal educador durante todo o proceso de intervención educativa.

6. Colaborar no traballo de avaliación e seguimento da nena, neno ou adolescente.

7. Elaborar e desenvolver programas de intervención psicolóxica tanto no ámbito individual como familiar e de grupo.

8. Realizar, nos casos en que sexa necesario, tratamentos psicolóxicos e terapias de apoio, tanto no ámbito individual como familiar e de grupo.

9. Formar parte dos órganos colexiados que lle correspondan.

F. Psiquiatra.

Este persoal deberá estar en posesión da licenciatura ou titulación universitaria de grao en Medicina xunto co título oficial de especialista en Psiquiatría.

Correspóndelle o diagnóstico, a prevención e o tratamento dos problemas de saúde mental, incluídos tamén os trastornos psíquicos e emocionais.

Entre as súas funcións estarán:

1. Estudar a información psicolóxica que figure no expediente e realizar a valoración inicial do NNA.

2. Elaborar diagnósticos, aplicar os correspondentes tratamentos e realizar os seguimentos.

3. Elaborar e aplicar programas relacionados con patoloxías específicas.

4. Elaborar os informes oportunos.

5. Prestar atención individualizada aos NNA, axeitada ás súas necesidades.

6. Prestar apoio ao resto do persoal de intervención educativa do centro.

7. Participar nas reunións dos órganos colexiados que lle corresponda.

8. Intervir en situacións de crise das e dos NNA que residen no centro.

G. Persoal de enfermaría.

Este persoal deberá estar en posesión da diplomatura ou titulación universitaria de grao en Enfermaría.

Correspóndelle ao persoal de enfermaría a prestación e a avaliación dos coidados orientados á promoción, mantemento e recuperación da saúde, así como á prevención de enfermidades e distintos tipos de diversidade funcional. Entre as súas funcións estará:

1. Facer a revisión inicial de enfermaría e a apertura da historia clínica, tras o ingreso.

2. Observar e recoller os datos clínicos necesarios para o control dos NNA.

3. Atención sanitaria dentro da súa capacitación.

4. Preparar a medicación prescrita e encargarse da administración de fármacos por vía parenteral.

5. Colaborar no deseño e desenvolvemento de programas e accións educativas relacionados coa área de saúde.

6. Xestionar as peticións de consultas médicas externas.

7. Colaborar no traballo de avaliación e seguimento dos NNA achegando a información oportuna para a elaboración dos informes estipulados.

8. Intervir en situacións de crise dos NNA e participar na aplicación das medidas de contención que requiran a súa actuación conforme os protocolos.

H. Traballador/a social.

Este persoal deberá estar en posesión do grao ou diplomatura en Traballo Social.

O/a traballador/a social avaliará as relacións do NNA co seu medio social e familiar e orientará o traballo do persoal educador nesta área, para o cal deberá coñecer en profundidade o mapa de recursos e a súa dimensión comunitaria, en especial aqueles destinados aos NNA e ás súas familias (servizos sociais, oficinas de emprego, asociacións, recursos de lecer e tempo libre, entidades deportivas e sociais, etc.).

Este persoal terá, entre outras, as seguintes funcións:

1. Informar o NNA e a súa familia dos recursos e axudas sociais existentes, nos casos en que sexa necesario.

2. Tramitar a documentación e os permisos administrativos que poida precisar o NNA.

3. Deseñar e desenvolver, en colaboración co resto dos profesionais de orientación e inserción laboral que interveñan no centro, programas para a mellora da capacidade de emprego dos NNA.

4. Colaborar co resto dos profesionais da intervención educativa e de orientación e inserción laboral no deseño do itinerario personalizado de formación e/ou de inserción sociolaboral e, de ser o caso, asumir a súa elaboración.

5. Colaborar co resto do persoal de intervención educativa na elaboración do PEI e dos informes oportunos.

6. Dar apoio técnico ao persoal educador durante todo o proceso de intervención educativa.

7. Colaborar, co resto do persoal de intervención educativa, no traballo de avaliación e seguimento do NNA achegando a información oportuna para a elaboración dos informes estipulados na lexislación aplicable.

8. Coordinarse coas entidades públicas ou servizos sociais durante o desenvolvemento da intervención.

9. Formar parte dos órganos colexiados que lle corresponda.

I. Auxiliar administrativo.

Este persoal terá, entre outras, as seguintes funcións:

1. As relativas á xestión económica e administrativa.

2. Xestión e arquivamento de calquera documentación do centro.

3. Calquera outra encomendada pola Dirección do centro para o bo funcionamento deste.

J. Servizo de cociña/limpeza.

O centro contará con persoal para a realización de tarefas tales como cociña e limpeza. Este persoal deberá cumprir os requisitos e realizar as funcións que se establezan no convenio colectivo de aplicación.

K. Seguridade.

O centro contará con persoal para a realización de tarefas de seguridade. Este persoal deberá cumprir os requisitos e realizar as funcións que se establezan no convenio colectivo de aplicación.

L. Outro persoal.

O centro poderá contar, para o desenvolvemento do servizo, con persoal de apoio que complemente as tarefas do persoal educador, axudando as persoas acollidas nas súas necesidades de manutención, hixiene, desprazamentos, lecer, apoio escolar, etc., sen que poida substituír o persoal educador social nas ratios mínimas establecidas para este.

Así mesmo, poderá dispoñer de persoal de servizos para a realización de tarefas tales como transporte e mantemento, entre outras.

Q.5. Características do recurso residencial.

Q.5.1. Da Intervención.

Deberase ter en conta que este tipo de acollemento representa un recurso intensivo, temporal e que se enmarca nun Plan de protección individualizada máis xeral.

A intervención fundamentarase, con carácter xeral, nas seguintes directrices:

• A intervención que se realizará neste centro terá como marco o proxecto educativo de centro e concretarase para cada NNA nun proxecto educativo individualizado de carácter fundamentalmente terapéutico, que deberá ser formulado logo dunha avaliación inicial das necesidades específicas de cada NNA en cada un dos contextos significativos do seu desenvolvemento. Este proxecto enfocarase na finalidade de acadar un cambio e unha melloría no benestar emocional e persoal do menor nun espazo de tempo o máis breve posible, e o seu primeiro obxectivo é o de contribuír á solución dos trastornos de saúde mental que facían inviable a súa permanencia noutros recursos residenciais básicos ou na súa familia. Así mesmo, o proxecto elaborarase dentro do marco establecido polo Plan individualizado de protección e as directrices do correspondente equipo técnico do menor.

•A intervención responderá a un plan interdisciplinar no cal o educativo e o terapéutico se integren nun enfoque único que incorporará os necesarios aspectos educativos cos psicolóxicos, clínicos, médicos, sociais e familiares. A acción educativa debe ir en consonancia cos obxectivos do tratamento ou acción terapéutica, polo que as accións educativas e as terapéuticas deben ser consistentes no tempo, coherentes co proxecto do centro e estar consensuadas de modo que o NNA non aprecie desacordo entre elas.

• Tanto a nivel educativo como terapéutico, os obxectivos deberán formularse da forma máis clara e observable posible, de modo que o seu cumprimento poida ser comprobado polo NNA e sexa consciente dos seus logros. A comprobación do cumprimento destes obxectivos, así como a determinación da súa temporalización, serviría de base para os criterios de finalización do programa. Á parte da constatación mediante a observación do cumprimento dos obxectivos da intervención, sería necesario apoiarse na aplicación de probas diagnósticas estandarizadas que permitan realizar medidas pre-post para unha comparación máis fiable das avaliacións.

• Normalización. A pesar da necesidade de establecer un ambiente estruturado e moi específico, que implica que algúns criterios de normalización non se poidan cumprir (control de saídas e entradas, equipamento e mobiliarios especiais, entre outros), procurarase que, na medida do posible, a intervención se realice no contorno social do NNA. Os obxectivos da intervención deben favorecer a incorporación ou acceso progresivo do NNA aos recursos normalizados da comunidade e a adquisición dunha maior autonomía e participación na vida do centro.

• Individualización. As intervencións estarán adaptadas ás posibilidades, necesidades e características de cada NNA, o que implica unha exhaustiva avaliación inicial e aplicar un programa individualizado que teña en conta as características propias de cada caso, o seu estado evolutivo, a súa procedencia cultural, as súas carencias e potencialidades, etc.

• As estratexias e técnicas que se recollan no proxecto educativo individualizado reflectirán a especificidade do recurso, incluíndo o traballo terapéutico individual, grupal, programas de eficacia demostrada na adquisición de habilidades sociais, de autocontrol, benestar persoal, habilidades de solución de problemas, autonomía, así como o uso de obradoiros ou actividades atractivas e diversas.

• Acción titorial. A figura socioeducativa do educador titor/educadora titora deberá orientar e guiar a cada menor tanto desde o punto de vista persoal como social, tendo en conta os seus intereses, actitudes e capacidades a nivel físico, psicolóxico e emocional, para que poida acadar o seu desenvolvemento integral. A intervención dirixirase a dotar o NNA dos recursos necesarios para manexar os seus conflitos e superar as súas dificultades.

• Pedagoxía da vida cotiá. A vida diaria no centro é o espazo fundamental onde se desenvolve a acción social e educativa, polo que se deben planificar e estruturar as situacións co fin de que se convertan en experiencias educativas con valor pedagóxico e significativo para cada NNA.

• Perspectiva de xénero. Deberá levarse a cabo unha intervención que teña en conta o xénero no proceso de conformación da identidade, que permita recoñecer os factores de risco e protección asociados a esta variable e a considere como factor de desenvolvemento e integración social.

• Potenciación. Teranse en conta as necesidades e as carencias dos NNA co obxecto de fomentar a súa autonomía e madurez persoal e de superar os seus déficits formativos, culturais e de habilidades persoais e sociais, pero tamén se deberán aproveitar e potenciar as súas fortalezas, as súas competencias e os seus puntos fortes.

As actividades, rutinas e ritmos do centro orientaranse a que os NNA se poidan beneficiar das oportunidades para adquiriren pautas de autonomía e desenvolvemento, tanto polo impulso de novas aprendizaxes e experiencias como polo traballo específico para recuperar carencias e déficits que poidan ser un obstáculo para un adecuado desenvolvemento.

• Integración. O NNA será considerado de forma integrada para lograr o arraigamento e a inclusión na súa realidade social.

• Participación e responsabilidade. A participación de cada NNA no seu proceso de maduración e desenvolvemento é fundamental. Os NNA serán consultados, tendo en conta o seu nivel madurativo, sobre as decisións que os afectan. Cando a idade e a madurez o permita participarán activamente na elaboración e avaliación do seu PEI. Tamén se fomentará a participación, na organización da vida diaria do centro. Vencellada á súa participación, tamén se poñerá en valor a responsabilidade que aquela comporta.

Q.5.2. Programas socioeducativos.

A intervención supoñerá cando menos o desenvolvemento dos seguintes programas socioeducativos, sen prexuízo de calquera outro que incida no desenvolvemento persoal e social dos NNA. Os programas orientaranse a proporcionarlles ás persoas menores os recursos persoais necesarios para acadaren benestar emocional, un mellor control da súa propia conduta e un adecuado axuste persoal e social.

• De competencia social, adestramento en solución de problemas e en habilidades sociais.

• De educación en valores.

• De promoción da igualdade entre homes e mulleres e prevención da violencia de xénero.

• De aprendizaxe e apoio escolar.

• Das tecnoloxías da información e comunicación e o seu uso seguro e responsable.

• De educación para a saúde.

• De prevención do consumo de drogas.

• De educación afectivo-sexual.

• De motivación, formación e orientación para a inserción laboral.

• De educación ambiental.

• De lecer.

• De intervención familiar.

• De desenvolvemento da intelixencia emocional.

• De promoción da conduta prosocial e altruísta.

• De promoción do uso de técnicas de autocontrol.

• De prevención do malestar e da violencia.

• De atención a menores maltratadores. Intervención en violencia filioparental ascendente.

• De preparación para a vida independente.

Q.5.3. Características específicas.

Q.5.3.1. Contexto estruturado.

A necesidade de contar cun contorno altamente estruturado poderase satisfacer a través dunha metodoloxía de intervención dirixida a establecer un control ecolóxico estrito e invariable, cuxa finalidade sexa utilizar o contexto como elemento terapéutico e contribución á recuperación funcional e ao control dos fenómenos psicopatolóxicos do trastorno mental do NNA, combinada coa utilización de estratexias metodolóxicas de organización baseadas no control de continxencias. Sería un modelo de aprendizaxe controlado, que establece límites claros e predicibles, que dirixe os esforzos primordialmente ás condutas prosociais máis obxectivas utilizando rexistros de frecuencia de comportamentos en función dos cales se outorgan ou se retiran reforzos.

A utilización de respostas de control é necesaria para garantir a convivencia e supón o punto de partida necesario para a aplicación das demais intervencións. Con elas buscarase, dentro dun tratamento progresivo, a consecución gradual dos obxectivos correspondentes a cada unha das distintas fases polas cales pasará o NNA na súa estadía no centro. Desta forma, tamén se conseguiría unha aplicación progresiva do principio de normalización, ao pasar dun primeiro momento en que se prioriza un ambiente moi estruturado e con indicacións moi claras e normativas, a outros menos estruturados e máis flexibles en función da evolución e do aumento de responsabilidades das persoas menores.

Ademais da necesaria resposta intensiva e de estruturación do contorno, tamén resulta necesario achegar outros tipos de estratexias que se circunscriben especialmente na acción titorial desempeñada polos educadores. Entre elas están a aprendizaxe experiencial (que pretende axudar o NNA a aprender da experiencia, dándolle a oportunidade para comprender a súa propia conduta, poñela en relación co contexto en que se produce e cos seus sentimentos e estados de ánimo, e para explorar condutas alternativas -actuar-observar-aplicar-pensar), a aprendizaxe da autorregulación (proceso de autodirección, a través do cal se transforman as actitudes en competencias comportamentais), a aprendizaxe empática (ou conexión cos sentimentos alleos procurando o seu benestar emocional para que afronten de forma adaptativa as situacións conflitivas) e a aprendizaxe vicaria u observacional (aprender por experiencia allea, ben sexa por observación directa ou por modelaxe a partir das accións doutros e das consecuencias da súa conduta).

Q.5.3.2. Medidas de seguridade.

Aínda que este recurso non se destina de xeito específico a NNA con problemas de conduta, as características das persoas usuarias poden determinar episodios esporádicos de condutas auto ou heterolesivas. Para os efectos da xestión destes episodios, observarase de xeito subsidiario o disposto no artigo 27 e seguintes da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil.

As medidas de seguridade poderán consistir na contención mecánica ou na contención física do NNA, no seu illamento ou en rexistros persoais e materiais.

Estas medidas terán unha finalidade educativa e deberán responder aos principios de excepcionalidade, necesidade, proporcionalidade, provisionalidade e prohibición do exceso; aplicaranse coa mínima intensidade posible e polo tempo estritamente necesario, logo de aplicación de técnicas de desescalada verbal e modificación do contexto ambiental, e levaranse a cabo co respecto debido á dignidade, privacidade e aos dereitos do NNA.

As medidas de seguridade deberán ser aplicadas por persoal especializado e con formación en materia de protección de menores. Este persoal soamente poderá usar medidas de seguridade cos menores como último recurso, en defensa propia ou en casos de intentos de fuxida, resistencia física a unha orde ou risco directo de autolesión, de lesións a outros ou danos graves á propiedade.

Correspóndelle ao director do centro, ou persoa en quen este delegue, a adopción de decisións sobre as medidas de seguridade, que deberán ser motivadas e deberán notificárselles con carácter inmediato á entidade pública e ao Ministerio Fiscal, e contra as cales poderán recorrer o NNA, o Ministerio Fiscal e a entidade pública, ante o órgano xudicial que estea coñecendo do ingreso, o cal resolverá tras conseguir informe do centro e logo de audiencia do menor e do Ministerio Fiscal.

As medidas de seguridade aplicadas deberán rexistrarse no libro rexistro de incidencias, que será supervisado por parte da Dirección do centro.

Medidas de contención.

As medidas de contención poderán ser de tipo verbal, de tipo físico e de tipo mecánico, en atención ás circunstancias e en presenza do responsable do módulo residencial.

O persoal dos centros unicamente poderá utilizar medidas de contención física ou mecánica, logo de intento de contención verbal e emocional, sen uso da forza física, se a situación o permite.

A contención física só poderá consistir na interposición entre o menor e a persoa ou o obxecto que se encontra en perigo, na restrición física de espazos e movementos e, en última instancia, baixo un estrito protocolo, na inmobilización física.

A contención mecánica só será admisible para evitar grave risco para a vida ou a integridade física do menor ou de terceiros e no caso de que non sexa posible reducir o nivel de estrés ou de trastorno do menor por outros medios. Deberá realizarse con equipamentos homologados de contención mecánica, baixo un estrito protocolo.

O uso da contención física e mecánica estará claramente definido no Proxecto de centro e detallado en canto ao procedemento nun protocolo no Regulamento de funcionamento do centro. Todo o persoal recibirá formación relativa a como e cando efectuala. O persoal educativo contará con formación en manexo de conflitos e técnicas de contención.

A entidade adxudicataria asegurarase de que o persoal estea convenientemente cualificado en cuestións de conduta disocial, proporcionando a formación necesaria e incluíndo os usuarios dos servizos na preparación e realización de actividades de capacitación pertinentes.

Todos os NNA estarán informados sobre o uso da contención física e mecánica e coñecerán en que circunstancias e a que tipo de comportamentos serán aplicables.

Illamento do NNA.

O illamento dun NNA mediante a súa permanencia nun espazo adecuado do cal se impida a súa saída só se poderá utilizar en prevención de actos violentos, autolesións, lesións a outros NNA residentes no centro, ao persoal deste ou a terceiros, así como de danos graves ás súas instalacións. Aplicarase puntualmente no momento en que sexa preciso e en ningún caso como medida disciplinaria, e cumprirase preferentemente no propio cuarto do menor e, no caso de que neste non sexa posible, noutro espazo de similar habitabilidade e dimensións.

O illamento non poderá exceder seis horas consecutivas, sen prexuízo do dereito ao descanso do NNA. Durante o período de tempo en que o NNA permaneza en illamento estará acompañado ou supervisado por un educador. Nos protocolos de seguimento da dita medida incluirase a periodicidade con que se revisará a súa pertinencia, que non deberá ser inferior a unha hora.

Durante o período do illamento, o NNA recibirá a visita do/da médico/a ou do persoal especializado que precise. Garantirase que a persoa menor teña cubertas as súas necesidades alimenticias e fisiolóxicas.

Esta medida non se poderá utilizar cos NNA de idade enfermos ou convalecentes de enfermidade grave ou dependentes, agás que das súas condutas derive un perigo inminente para a súa integridade física ou para a doutras persoas.

O cuarto destinado á aplicación da medida de illamento deberá dispoñer dunha porta de seguridade para o seu acceso, dotada dunha mira ou portelo de metacrilato adaptado de forma que desde ela se poida observar todo o cuarto. Dispoñerá como mobiliario indispensable dunha cadeira ou sofá ancorado ao chan ou paredes. No seu interior non haberá ningún obxecto susceptible de ser lanzado ou utilizado para agresión ou autolesión. Evitarase que as paredes teñan saíntes ou vértices. Tamén se evitará que estean revestidas de papel, azulexo ou calquera outro tipo de cerámica, procurando que estean revestidas de material acolchado, incluída a parte interior da porta.

Rexistros persoais e materiais.

Os rexistros persoais e materiais levaranse a cabo co respecto debido á dignidade, á privacidade e aos dereitos fundamentais da persoa.

Utilizaranse preferentemente medios electrónicos.

O rexistro persoal do NNA será efectuado polo persoal indispensable, que requirirá polo menos dous profesionais do centro do mesmo sexo que o NNA. Cando implique algunha exposición corporal, realizarase en lugar adecuado, sen a presenza doutras persoas menores e preservando, en todo o posible, a intimidade do NNA.

O persoal do centro poderá realizar o rexistro das pertenzas do NNA e poderá retirarlle aqueles obxectos que se encontren na súa posesión que poidan ser de ilícita procedencia, resultar daniños para si, para outros ou para as instalacións do centro ou que non estean autorizados para menores de idade. Os rexistros materiais deberánselle comunicar previamente ao menor sempre que non se poidan efectuar na súa presenza.

Visitas, saídas e comunicación do NNA.

As visitas de familiares e doutras persoas achegadas, así como as saídas dos NNA ingresados no centro, e as súas comunicacións con familiares e persoas achegadas, só poderán ser restrinxidas ou suspendidas en interese do NNA polo director do centro, de forma motivada, cando o seu tratamento educativo o aconselle e de acordo cos termos recollidos na autorización xudicial de ingreso. O dereito a recibir visitas non poderá ser restrinxido pola aplicación de medidas disciplinarias.

As limitacións das visitas e das saídas deberánselles notificar ás persoas interesadas, ao NNA e ao Ministerio Fiscal.

A restrición ou suspensión do dereito a manter comunicacións ou o segredo destas deberá ser adoptada de acordo coa lexislación aplicable e notificada ás persoas interesadas, ao menor e ao Ministerio Fiscal.

Contra estas medidas poderán recorrer o NNA e o Ministerio Fiscal.

Q.6. Organización do servizo.

Á parte dos órganos de dirección que representan o director e o subdirector, xa mencionados, tamén figurarán os seguintes:

Consello de Centro.

É o órgano colexiado que asumirá a coordinación xeral do centro, marcando as directrices e adoptando os acordos procedentes.

Estará composto polos seguintes membros:

• O/a director/a.

• O persoal coordinador.

• Dúas persoas de entre o persoal educador.

• Unha persoa de entre o resto do persoal técnico de intervención.

• Un/unha representante dos e das menores.

• Unha persoa de entre o persoal de servizos.

• Un/unha representante do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade.

Entre as súas funcións estarán:

1. Elaborar os proxectos de modificación do Regulamento de réxime interno e elevalos á Consellería para a súa aprobación.

2. Aprobar a programación anual de actividades.

3. Elaborar e avaliar a memoria anual de actividades.

4. Supervisar que as directrices e programacións se axusten aos principios, criterios e obxectivos establecidos pola Consellería de Política Social e Igualdade.

5. Propoñerlle á Consellería de Política Social e Igualdade as medidas que considere convenientes para mellorar o funcionamento do centro.

O Consello reunirase en sesión ordinaria dúas veces ao ano. Reunirase en sesión extraordinaria cando as circunstancias o aconsellen.

Comisión Educativa.

É o órgano colexiado de carácter técnico e multiprofesional que, con independencia das funcións que como especialistas poida ter cada persoa membro, realizará funcións de estudo, asesoramento, proposta, seguimento, valoración e intervención especializada.

Estará composto polos seguintes membros: director/a, persoal coordinador, persoal educador, psicólogas/os, traballadoras/es sociais e o/a psiquiatra.

Entre as súas funcións estarán:

1. Presentarlle ao Consello de Centro propostas de modificación do Regulamento de réxime interno.

2. Elaborar a programación anual de actividades.

3. Facer o seguimento da programación do centro e da intervención educativa, tanto no ámbito individual como de grupo.

4. Achegar os datos necesarios para a elaboración da memoria anual de actividades.

5. Supervisar a aplicación dos proxectos educativos individualizados e a súa adecuación ao proxecto educativo de centro.

A Comisión Educativa reunirase as veces necesarias e, cando menos, semanalmente, para o cumprimento das súas funcións. Poderán organizarse en subcomisións.

A/o psiquiatra do centro deberá acudir ás reunións desta comisión cando sexa expresamente convocada/o por figurar na orde do día o tratamento de asuntos relacionados coas súas funcións.

O funcionamento dos órganos colexiados rexerase polas normas básicas do réxime xurídico das administracións públicas.

Q.6.1. Organización e función educativa do centro.

Os obxectivos do acollemento residencial de NNA con medidas de protección proxectan estados ou situacións desexables que precisan de requisitos específicos para dar sentido e guiar a intervención socioeducativa nos centros. Están enmarcados e desenvoltos dentro dos instrumentos xerais da acción socioeducativa (proxecto educativo de centro, Regulamento de organización e funcionamento e planificación e memoria anual do centro) e plásmanse e concrétanse posteriormente no proxecto socioeducativo individualizado de cada NNA. Estes obxectivos deben formularse en termos de condutas observables, establecemento de condicións e criterios de avaliación, ademais de ser contextualizados respecto do contorno en que se encontra o centro de protección de menores.

Q.7. Relacións entre a Administración e a entidade adxudicataria.

Estableceranse accións de coordinación a varios niveis:

• Dirección de servizo dos departamentos territoriais correspondentes a cada caso - Servizo de Protección de Menores da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica - coordinación do programa de acollemento residencial en centros.

• O ETM do departamento territorial a que corresponda o caso coordinarase coa entidade adxudicataria para a planificación e a avaliación dos casos derivados a este programa.

• Ademais, a entidade concertada comprométese a estar á disposición da Administración concertante para cantas reunións haxa que manter como consecuencia da realización deste proxecto.

R) Subrogación.

O persoal susceptible de subrogación, así como a información precisa para coñecer unha exacta avaliación dos custos laborais que implicará esta medida, imposta pola normativa laboral, exprésanse no anexo VII.

De acordo co establecido no artigo 34 do IV Convenio colectivo estatal de reforma xuvenil e protección de menores, será persoal susceptible de subrogación aquel cunha antigüidade mínima de catro meses na data da adxudicación do concerto. En consecuencia, esta relación é susceptible de sufrir modificacións, que se publicarán en canto se teña coñecemento.

S) Aspectos relativos á execución do concerto social.

S.1. Dereitos e obrigas das partes.

S.1.1. Obrigas da entidade concertada.

A entidade concertada está obrigada a:

• Organizar e prestar o servizo con estrita suxeición ao réxime xurídico de aplicación, de acordo coas características establecidas nesta resolución e no prego técnico do concerto e coa continuidade e calidade convidas.

• Admitir, na utilización do servizo, a toda persoa usuaria remitida pola Administración concertante e garantir a súa prestación nas condicións que foron establecidas, de acordo cos principios de igualdade e non discriminación.

• Prestarlles ás persoas usuarias, de forma gratuíta, os servizos establecidos no concerto social.

• Respectar os dereitos das persoas usuarias, recollidos no ordenamento xurídico e no réxime xurídico do servizo.

• Indemnizar polos danos que se causen a terceiras persoas como consecuencia das operacións que requiran o desenvolvemento do concerto social, excepto cando o dano se produza por causas imputables á Administración. Para estes efectos, a entidade estará obrigada a subscribir un seguro de responsabilidade civil para cubrir as continxencias que se poidan producir pola prestación do servizo, segundo se indica nas cláusulas F e K.3.

• Manter o servizo público conforme o que, en cada momento e segundo o progreso da ciencia, dispoña a normativa técnica, ambiental, de accesibilidade e eliminación de barreiras, e de seguridade das persoas usuarias, que resulte de aplicación.

• Dar a coñecer a condición de entidade concertada mediante a difusión na documentación e publicidade das actuacións obxecto deste concerto social. A entidade concertada deberá incorporar en todo o material e documentación xerada polo programa o logotipo da identificación corporativa da Xunta de Galicia e da Consellería de Política Social e Igualdade. A entidade dispoñerá tamén dun rótulo, no lugar ou centro onde se presten os servizos, en que se identifique que o servizo está concertado coa Xunta de Galicia, co seu respectivo logotipo.

• Dar adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do concerto.

• Informar, se é o caso, as persoas destinatarias de que as actuacións en que participan están financiadas pola Xunta de Galicia, así como dos obxectivos dos fondos; o emblema do organismo figurará en toda documentación xerada polo programa e, como mínimo, nos seguintes documentos, de ser o caso:

– Partes de asistencia e/ou de participación.

– Relacións e follas de seguimento.

– Enquisas de avaliación.

– Certificados de asistencia.

– Memorias periódicas, etc.

• Facilitar toda a información requirida pola Administración, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

• Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Administración, así como a calquera outra actuación de control que poidan realizar os órganos competentes, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. En especial, a entidade beneficiaria quedará sometida ás actuacións de control, comprobación e inspección que poidan realizar os organismos implicados na xestión ou seguimento do programa, que incorporarán as correspondentes visitas sobre o terreo; ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma; ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea, e achegar canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

• Comunicarlle á Administración calquera cambio ou variación que se produza na prestación dos servizos, así como calquera subvención, axuda ou achega privada recibida, relacionada coa prestación dos servizos concertados.

• Facilitar os labores de control e inspección do cumprimento do concerto social, en particular poñendo á disposición da Administración toda a información económica, fiscal, laboral, técnica e asistencial ou de calquera outra clase que sexa precisa para este fin, con suxeición á lexislación en materia de protección de datos e á restante normativa aplicable.

• Cumprir coas disposicións vixentes en materia laboral, de seguridade social, de seguridade e saúde laboral e igualdade de xénero. Ademais, deberá proporcionarlles aos seus traballadores e traballadoras un traballo de calidade e estable, protexelos fronte aos accidentes e riscos laborais e promover condicións de conciliación familiar e laboral e de igualdade de xénero.

• Cumprir as disposicións vixentes en materia fiscal, de integración social de persoas con discapacidade, de prevención de riscos laborais e de protección do ambiente que establezan a normativa vixente, os convenios colectivos que sexan de aplicación e as recollidas nesta convocatoria.

• Cumprir o establecido na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil, en particular o establecido en relación coa comprobación de antecedentes de delitos sexuais e trata de seres humanos na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia.

• O persoal asignado á prestación do concerto social dependerá exclusivamente da entidade concertada, a cal terá todos os dereitos e deberes inherentes á súa calidade de empregador respecto del, e a Administración concertante será de todo allea ás referidas relacións laborais. En ningún caso poderá alegar ningún dereito o referido persoal en relación coa Consellería de Política Social e Igualdade, nin se lle poderá exixir a esta responsabilidades de calquera clase como consecuencia das obrigas existentes entre a entidade concertada e os seus empregados.

• Subministrarlle á Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, toda a información necesaria para o cumprimento por parte daquela das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

• A entidade concertada facilitará que as persoas usuarias poidan formular suxestións e queixas sobre a prestación do servizo concertado, que se poderán presentar ante a Administración ou ben ante a propia entidade concertada. Para estes efectos, existirá un libro de reclamacións no cal as persoas usuarias e aquelas que as representen legalmente poderán facer constar as queixas que coiden pertinentes. A entidade concertada deberá remitirlle as suxestións e queixas recibidas á Administración.

• Manter en bo estado as obras, instalacións, bens e medios auxiliares achegados pola Administración.

• Calquera outra prevista na normativa que, con carácter xeral ou específico, sexa de aplicación, no réxime xurídico do servizo.

S.1.2. Obrigas da Administración concertante.

S.1.1. A Consellería de Política Social e Igualdade está obrigada a aboarlle á entidade concertada o prezo estipulado dentro dos trinta días seguintes ao da data de aprobación dos documentos que acrediten a conformidade cos servizos prestados, de acordo coa forma de pagamento recollida na cláusula S.3. desta resolución de convocatoria do concerto.

S.1.2. A Consellería de Política Social e Igualdade deberá ter informada a entidade concertada de calquera circunstancia de que teña coñecemento e que afecte de xeito relevante o concerto social formalizado, especialmente nos casos en que esta poida ter incidencia na futura configuración dos termos e condicións do concerto.

S.1.3. Incumprimento das obrigas por parte da entidade concertada.

O incumprimento das obrigas por parte da entidade concertada será sancionado de acordo co disposto no título IX da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

S.1.4. Incumprimento das obrigas por parte da Administración.

Se a Consellería de Política Social e Igualdade se demora no pagamento e incumpre o prazo de 30 días seguintes ao da data de aprobación dos documentos que acrediten a conformidade cos servizos prestados, deberá aboarlle á entidade concertada, a partir do cumprimento do dito prazo, os xuros de demora e a indemnización por custos de cobramento, nos termos previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

S.2. Constitución de garantía.

A entidade adxudicataria do lote único ten que constituír unha garantía por un importe de 181.351,01 €.

A dita garantía debe depositarse ante a Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia (na sede de Santiago de Compostela da Consellería de Facenda e Administración Pública ou nas delegacións provinciais da Axencia Tributaria de Galicia-Atriga).

A garantía poderá prestarse nalgunha ou algunhas das seguintes formas:

a) En efectivo ou en valores, que en todo caso serán de débeda pública, con suxeición, en cada caso, ás condicións establecidas nas normas de desenvolvemento desta resolución. O efectivo e os certificados de inmobilización dos valores anotados depositaranse na Caixa Xeral de Depósitos ou nas súas sucursais encadradas nas delegacións de Facenda, ou nas caixas ou establecementos públicos equivalentes das comunidades autónomas ou entidades locais contratantes ante as cales deban producir efectos, na forma e coas condicións que as normas de desenvolvemento desta lei establezan, sen prexuízo do disposto para os contratos que se subscriban no estranxeiro.

b) Mediante aval, prestado na forma e nas condicións que establezan as normas de desenvolvemento desta resolución, por algún dos bancos, caixas de aforros, cooperativas de crédito, establecementos financeiros de crédito e sociedades de garantía recíproca autorizados para operar en España, que se deberá depositar nos establecementos sinalados na letra a) anterior.

c) Mediante contrato de seguro de caución, subscrito na forma e nas condicións que as normas de desenvolvemento desta resolución establezan, cunha entidade aseguradora autorizada para operar no ramo. O certificado do seguro deberá entregarse nos establecementos sinalados na letra a) anterior.

A acreditación da constitución da garantía definitiva deberá realizarse mediante medios electrónicos.

Cumpridas polo concertante as obrigas derivadas do concerto, se non resultan responsabilidades que se deban exercer sobre a garantía definitiva, e transcorrido o período de garantía dun ano, se for o caso, ditarase acordo de devolución ou cancelación daquela, logo de informe favorable do responsable do concerto ou de quen exerza a dirección deste.

S.3. Réxime de pagamentos.

S.3.1. O pagamento do prezo que corresponda a cada mes logo de aplicar os importes establecidos na cláusula D.3 desta convocatoria realizarase logo da conformidade do Servizo de Protección de Menores.

S.3.2. Para o aboamento do servizo, a entidade adxudicataria presentará, dentro dos cinco días seguintes ao mes en que se realizou efectivamente a prestación, os seguintes documentos:

– Factura pola prestación do servizo. As facturas electrónicas emitidas presentaranse no Sistema electrónico de facturación da Xunta de Galicia (SEF). O SEF proporcionaralle ao presentador un xustificante de recepción electrónica no cal constarán, como mínimo, a data e a hora de presentación, o órgano xestor destinatario e o número de asento rexistral da factura. Así mesmo, incluirá un código seguro de verificación que permitirá en calquera momento validar ante o sistema a exactitude do documento.

O Rexistro Contable de Facturas está integrado co SEF. A anotación no Rexistro Contable de Facturas é requisito previo necesario para a tramitación do recoñecemento da obriga.

A información sobre este será a través das seguintes URL: http://conselleriadefacenda.es/factura ou http://www.conselleriadefacenda.es/sicon

– Relación detallada dos NNA acollidos, asinada pola persoa responsable do servizo, segundo o modelo establecido no anexo IV ou no que estableza a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica nas instrucións que correspondan.

– Certificado da entidade onde conste o persoal adscrito á execución deste servizo, segundo o modelo establecido no anexo V, ordenado por grupo profesional e posto de traballo, en que se especifiquen nome e apelidos, número de afiliación á Seguridade Social, tipo de contrato, titulación e dedicación horaria. No caso de que a relación de persoal non sufra variacións con respecto ao período anterior, este documento poderá substituírse por unha declaración en tal sentido.

S.3.3. Sen prexuízo das competencias de inspección en materia de servizos sociais da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, a entidade concertada estará sometida ás actuacións de control e vixilancia que leve a cabo a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica para a debida xustificación dos fondos e do cumprimento dos fins do programa deste concerto, así como ás de control financeiro que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, coa finalidade de asegurar o correcto cumprimento do concerto social subscrito.

S.3.4. A percepción indebida de cantidades por parte da entidade concertada comportará a obriga de reintegralas á Administración. Cando o reintegro se efectúe por requirimento da Administración, daráselle audiencia á entidade e seguirase o procedemento que corresponda, sen prexuízo das posibles sancións e resolución do concerto social.

S.3.5. As entidades concertadas que teñan dereitos de cobramento fronte á Administración poderán cedelos conforme dereito. Para a cesión dos dereitos de cobramento seguirase o mesmo procedemento e exixiranse os mesmos requisitos que os recollidos no artigo 200 da Lei 9/2017, do 8 de novembro.

S.4. Limitación á subcontratación e cesión de servizos concertados.

S.4.1. Queda prohibida a subcontratación das prestacións obxecto deste concerto.

S.4.2. Queda prohibida a cesión, total ou parcial, dos servizos obxecto deste concerto, excepto cando a entidade concertada sexa declarada en concurso de acredores e non quede garantida a continuidade da atención das persoas usuarias, con autorización expresa e previa da Consellería de Política Social e Igualdade, que adoptará as medidas precisas para garantir a continuidade e a calidade do servizo.

S.5. Sucesión da entidade concertada.

S.5.1. O cambio da titularidade do servizo concertado, xa sexa por sucesión da entidade concertada ou pola cesión do concerto formalizado, terá a consideración de modificación do concerto social.

S.5.2. Poderase producir a sucesión da entidade concertada cando a primeira se fusione ou transforme noutra. Neste caso, o concerto continuará vixente coa entidade que a suceda, sempre que esta continúe reunindo os requisitos exixidos para formalizar o concerto social.

A entidade sucesora subrogarase nos dereitos e obrigas derivados do concerto social que estean vixentes no momento da sucesión.

S.5.3. Se non for posible concertar coa entidade sucesora por non cumprir esta cos requisitos exixidos no concerto social, considerarase para todos os efectos un suposto de resolución do concerto por culpa da entidade concertada.

S.5.4. Para os efectos anteriores, a entidade concertada deberá comunicarlle á Consellería de Política Social e Igualdade a circunstancia que se producise.

T) Modificacións.

T.1. Modificación do acordo de concertación.

T.1.1. Unha vez formalizado o concerto social, poderanse introducir modificacións só cando estas obedezan a razóns de interese público como consecuencia de circunstancias sobrevidas, debidamente xustificadas e derivadas das necesidades de atención ás persoas usuarias.

As modificacións deste concerto non poderán alterar as condicións esenciais da concertación e deben ser as estritamente indispensables para responder ás causas obxectivas que as fagan necesarias.

As modificacións só serán posibles cando non afecten os requisitos legais para a prestación dos servizos, non supoñan unha mingua na calidade do servizo e, de implicar un custo, exista crédito adecuado e suficiente para poder asumilo.

T.1.2. O procedemento de modificación poderase iniciar de oficio, con audiencia á parte interesada, ou por instancia de parte mediante proposta da entidade concertada. Estes aspectos deberán quedar documentados, xunto co informe da Asesoría Xurídica e os demais informes que procedan, en particular o da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, con carácter previo á formalización da modificación.

T.1.3. De acordo co artigo 28 do Decreto 229/2020, por necesidades obxectivas e sempre que se cumpran todos os aspectos recollidos na normativa vixente, poderase aumentar o número de prazas concertadas, sen que o incremento poida superar o 50 % das prazas establecidas para cada lote nesta resolución de convocatoria. Ademais, de acordo coas previsións establecidas no dito precepto, poderase minorar o número de prazas no caso de que non exista suficiente demanda.

T.1.4. As condicións recollidas nos pregos técnicos do concerto social poderán ser modificadas como consecuencia de cambios normativos que as afecten ou da súa revisión por parte da Consellería de Política Social e Igualdade.

T.1.5. No expediente de modificación deberá constar unha memoria económica en que se avalíe o impacto no cambio das condicións técnicas nos módulos económicos. De ter incidencia nestes últimos, deberase proceder ao seu reaxuste.

T.1.6. Se é a Consellería de Política Social e Igualdade a que decide revisar as condicións técnicas do concerto social, os cambios deberán estar motivados na mellor ou máis axeitada prestación dos servizos mediante informe dos técnicos da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Deberáselles dar audiencia ás entidades concertadas afectadas para que poidan formular propostas e alegacións á revisión proposta.

T.2. Revisión dos prezos.

T.2.1. Os prezos ou módulos económicos fixados nesta convocatoria poderán ser revisados:

a) Cando se realice unha modificación do concerto social, segundo o establecido no artigo 27 do Decreto 209/2020, que teña incidencia nos custos do servizo.

b) Cando se produza unha variación substancial nos custos do servizo con respecto ás condicións económicas do concerto social.

T.2.2. A revisión de prezos precisará dun informe da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica sobre os custos económicos do concerto social, en que se evidencie a necesidade da revisión.

Para o cálculo das revisións deberanse ter en conta as previsións recollidas na normativa en materia de desindexación. Nas actualizacións de prezos, o carácter diferenciado da acción concertada excluirá a consideración do período de recuperación dos investimentos aplicable á modalidade contractual.

No concerto obxecto desta convocatoria, dado o carácter significativo do cadro de persoal na configuración do prezo, pódese referenciar a actualización deste compoñente dos custos ás variacións económicas dos convenios colectivos sectoriais, nacionais, autonómicos e provinciais aplicables ao lugar de prestación dos servizos, coas limitacións que a normativa vixente estableza.

T.2.3. A revisión dos prezos ou módulos efectuarase, segundo proceda, no acordo de modificación ou mediante resolución ditada para o efecto pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

U) Resolución e extinción do concerto social.

U.1. Causas de extinción do concerto social.

Este concerto social extinguirase polas seguintes causas:

a) Cumprimento do concerto social.

b) Resolución do concerto social.

U.2. Cumprimento do concerto.

O concerto social entenderase cumprido pola entidade concertada cando este se realizase, de acordo cos seus termos, na totalidade da prestación e finalizase o seu período de vixencia.

U.3. Extinción do concerto por resolución.

U.3.1. Serán causas de resolución do concerto social as seguintes:

a) O mutuo acordo entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a entidade concertada.

b) A non formalización do concerto social ou da súa renovación no prazo establecido.

c) A extinción da personalidade xurídica da entidade concertada.

d) A declaración de concurso de acredores da entidade concertada ou a declaración de insolvencia en calquera procedemento.

e) O cesamento voluntario, coa autorización previa da Consellería de Política Social e Igualdade, da entidade concertada na prestación do servizo.

f) A inviabilidade económica da entidade titular do concerto social, constatada por informes de auditoría externa, cando lle sexan solicitados pola Consellería de Política Social e Igualdade.

g) A revogación da acreditación, homologación ou autorización administrativa da entidade concertada que a habilitaba para a prestación do servizo concertado.

h) O incumprimento das obrigas cualificadas como esenciais no concerto social ou o incumprimento dos estándares e parámetros de calidade exixidos nel, sempre que o incumprimento sexa imputable á entidade concertada.

i) A comisión dunha infracción grave ou moi grave das tipificadas nos artigos 81 e 82 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, cando comporten unha das sancións accesorias previstas no artigo 83.2 da dita norma.

j) O incumprimento grave da lexislación en materia fiscal, laboral, de seguridade social e da integración social de persoas con discapacidade e prevención de riscos laborais.

k) Negarse a atender as persoas usuarias derivadas pola Administración concertante.

l) Prestar servizos como se fosen concertados coa Administración cando isto non sexa así.

m) O incumprimento da prohibición da subcontratación e cesión de servizos concertados recollidos na cláusula S).

n) A ausencia de demanda para a cobertura do servizo prestado de xeito relevante e prolongado, xa sexa para a totalidade dos servizos ou para un número significativo que faga inviable economicamente o mantemento do servizo.

ñ) A imposibilidade de continuar prestando o concerto social nos termos inicialmente acordados ou facelo sen ocasionar un prexuízo ao interese público, cando non sexa posible a modificación do concerto.

o) A demora no cumprimento das obrigas económicas por parte da Consellería de Política Social e Igualdade por un prazo superior a catro meses.

p) A suspensión, por causa imputable á Consellería de Política Social e Igualdade, da iniciación do concerto social por un prazo superior a seis meses desde a data sinalada para o comezo.

q) A desistencia ou suspensión do concerto social por un prazo superior a seis meses, acordado pola Consellería de Política Social e Igualdade.

r) O resto de causas establecidas na normativa sectorial de aplicación ao concerto.

U.3.2. A resolución dos concertos sociais por mutuo acordo das partes só poderá ter lugar cando medien razóns de interese público que fagan innecesaria ou inconveniente a continuación do concerto social e non concorra outra causa de resolución que sexa imputable á entidade concertada.

U.3.3. A entidade concertada poderá solicitar a resolución do concerto social cando considere que a Consellería de Política Social e Igualdade incorreu nalgunha das causas imputables a esta. Se a Consellería de Política Social e Igualdade se nega á resolución do concerto social, a entidade estará obrigada a continuar prestando os servizos mentres existan persoas usuarias que deban ser atendidas, sen prexuízo dos recursos que procedan.

U.3.4. Se a Consellería de Política Social e Igualdade considera que se produciu un incumprimento da entidade concertada que poida ser causa de resolución do concerto social, iniciará un procedemento administrativo, de acordo co establecido no título IX da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. Se procede a resolución do concerto social, a Consellería de Política Social e Igualdade deberá establecer a data en que terá efectos a dita resolución, para garantir a continuidade do servizo ás persoas usuarias.

U.4. Efectos da resolución.

U.4.1. Cando a resolución se produza por mutuo acordo, os dereitos das partes acomodaranse ao validamente estipulado por elas.

U.4.2. A resolución motivada por un incumprimento da Consellería de Política Social e Igualdade determinará o pagamento dos danos e perdas causados á entidade, tendo en conta os prezos ou módulos económicos vixentes no momento da resolución.

U.4.3. Cando a resolución do concerto social teña lugar por incumprimento culpable da entidade concertada, a entidade deberá indemnizar a Consellería de Política Social e Igualdade polos danos e perdas causados.

V) Protección de datos persoais.

V.1. Tratamento de datos persoais dos representantes das entidades solicitantes do concerto.

Os datos persoais recollidos nestes procedementos serán tratados, na súa condición de responsable do tratamento, pola Consellería de Política Social e Igualdade, coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión destes procedementos, verificar os datos e documentos que a persoa interesada achegue na súa solicitude para comprobar a exactitude destes, informar sobre o estado de tramitación e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

A lexitimación para o tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, derivada dunha competencia legalmente atribuída ao responsable do tratamento, así como o cumprimento de obrigas legais impostas ao dito responsable segundo o disposto na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do/da menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil, e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, o Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG núm. 45, do 6 de marzo), modificado polo Decreto 406/2003, do 29 de outubro, na Lei orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (BOE núm. 175, do 23 de xullo) e a Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (BOE núm. 180, do 29 de xullo) e na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia fronte á violencia (BOE núm. 134, do 5 de xuño).

Os datos poderán ser comunicados ás administracións públicas do ámbito autonómico, estatal e comunitario para o exercicio das súas competencias na materia, coa finalidade de levar a cabo as actuacións de control previstas.

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto co/coa delegado/da de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

V.2. Tratamento de datos persoais no marco das actuacións de verificacións recollidas na resolución.

As bases lexitimadoras para o tratamento dos datos persoais que poidan ser facilitados para o adecuado seguimento desta resolución e a xustificación dos correspondentes gastos relativos ás actuacións que constitúen o seu obxecto son o cumprimento dunha misión de interese público ou o exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento e o cumprimento dunha obriga legal, fundamentadas ambas no disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento segundo se explicita en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Contacto co/coa delegado/da de protección de catos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

As entidades concertadas estan obrigados a informar, pola súa vez, o persoal ao seu servizo e as persoas usuarias, con carácter previo a que se faciliten os seus datos á Consellería de Política Social e Igualdade, das cuestións establecidas nos parágrafos anteriores.

V.3. Tratamento de datos persoais das persoas usuarias.

Os datos persoais necesarios para levar a cabo as actividades realizadas ao abeiro desta resolución serán tratados, na súa condición de responsable do tratamento, pola Consellería de Política Social e Igualdade. A lexitimación para o tratamento dos datos será o cumprimento dunha misión realizada en interese público e o exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable, fundamentada pla súa vez na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do/da menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil, e, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, o Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG núm. 45, do 6 de marzo), modificado polo Decreto 406/2003, do 29 de outubro, na Lei orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (BOE núm. 175, do 23 de xullo) e a Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (BOE núm. 180, do 29 de xullo), e na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia fronte á violencia (BOE núm. 134, do 5 de xuño).

Os datos persoais que sexan xestionados polas entidades concertadas para a xestión das ditas accións derivadas da execución do programa, na súa condición de encargadas do tratamento, tamén lles poderán ser comunicados, cando sexa estritamente necesario, ás entidades acreditativas da formación, ás administracións públicas no exercicio das súas respectivas competencias e a outros órganos encargados da xestión e control financeiro.

As persoas usuarias poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto co/coa delegado/da de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos.

V.4. Deber de confidencialidade.

As entidades concertadas deberán respectar o segredo profesional e, en consecuencia, manter absoluta confidencialidade e reserva sobre a totalidade dos documentos, datos e informacións que lles sexan confiados para a formalización e o desenvolvemento das accións recollidas nesta resolución. Así mesmo, quedan expresamente obrigadas:

– A utilizar a dita información exclusivamente no ámbito desta orde e para as finalidades previstas nela.

– A non lla comunicar, nin total nin parcialmente, a ningún terceiro sen autorización expresa do emisor salvo nos casos expresamente previstos na lei, e exixirlle idéntico compromiso ao persoal que empregue ou que con el colabore na execución da resolución.

– A facilitarlle o acceso á información unicamente ao persoal que a necesite para o desenvolvemento da dita relación, a quen se lle comunicará a obriga de tratar a información á cal se lle dá acceso con carácter estritamente confidencial.

– A aplicar medidas de cautela e protección e destruír en calquera momento a documentación escrita recibida se así o solicita a parte que a subministrou.

Considerarase información confidencial aquela á cal as entidades beneficiarias accedan en virtude desta resolución, especialmente a de tipo técnico ou tecnolóxico, administrativo ou económico-financeiro, sempre que non teña carácter público ou notorio. Este deber manterase mesmo despois de finalizada a relación.

V.5. Encarga do tratamento.

Respecto do tratamento de datos persoais, as entidades concertadas terán a condición de encargadas do tratamento en relación con aquelas tarefas de coordinación administrativa, posta en marcha, desenvolvemento e seguimento das accións obxecto desta resolución, que impliquen a recollida de datos das persoas usuarias.

V.5.1. Identificación da información afectada.

Como encargadas do tratamento, as entidades beneficiarias das axudas xestionarán os datos persoais das persoas usuarias, necesarios para a execución das obrigas contidas nesta resolución.

V.5.2. Obrigas das entidades concertadas como encargadas do tratamento.

As entidades concertadas como encargadas do tratamento deberán cumprir coas obrigas recollidas a continuación e exixirlle o mesmo compromiso do persoal ao seu servizo:

V.5.2.a) Tratar, por conta do responsable, os datos persoais necesarios para levar a cabo adecuadamente a prestación do servizo obxecto do concerto.

V.5.2.b) Utilizar os datos persoais obxecto de tratamento só para os efectos desta resolución. En ningún caso poderá utilizar os datos para os seus fins e neste caso será considerado como responsable do tratamento.

V.5.2.c) Tratar os datos de acordo coas instrucións do responsable do tratamento. Se o encargado do tratamento considera que algunha das instrucións infrinxe o RXPD, a LOPDGDD ou calquera outra disposición vixente en materia de protección de datos, porao inmediatamente en coñecemento do responsable.

V.5.2.d) Levar por escrito, se é o caso segundo o artigo 30 do RXPD, un rexistro das actividades de tratamento realizadas por conta do responsable, e incluír o contido previsto no dito artigo.

V.5.2.e) Non lles comunicar os datos a terceiros, salvo que se conte coa autorización expresa do responsable do tratamento, ou nos supostos legalmente admisibles. O encargado poderá comunicarlles os datos a outros encargados do tratamento do mesmo responsable, de acordo coas instrucións deste.

V.5.2.f) O encargado do tratamento non poderá subcontratar ningún dos servizos que formen parte do obxecto do concerto e que impliquen o tratamento de datos persoais, salvo os traballos auxiliares necesarios para o normal funcionamento dos seus servizos.

V.5.2.g) Sen prexuízo do anterior, no caso de que o encargado do tratamento necesite subcontratar parte dos servizos en que interveña o tratamento de datos persoais, deberá comunicarllo previamente por escrito ao responsable do tratamento, indicando os tratamentos que están implicados e pretende subcontratar, identificando de forma clara e inequívoca a empresa subcontratista e os seus datos de contacto. A subcontratación poderá realizarse unha vez autorizada polo responsable do tratamento.

Neste último caso, o subencargado do tratamento, que tamén terá a condición de encargado do tratamento, estará tamén obrigado ao cumprimento das obrigas establecidas neste concerto para o encargado do tratamento inicial e das instrucións ditadas polo responsable. Correspóndelle ao encargado do tratamento inicial, polo tanto, regular a nova relación para que o novo encargado estea sometido ás mesmas condicións (instrucións, obrigas, medidas de seguridade...), co mesmo réxime de responsabilidade e cos mesmos requisitos formais que o encargado inicial no que se refire ao bo tratamento dos datos persoais e á garantía dos dereitos das persoas afectadas. No caso de incumprimento por parte do subencargado, o encargado inicial seguirá sendo plenamente responsable ante o responsable do cumprimento das obrigas.

V.5.2.h) O encargado do tratamento tamén estará obrigado a comunicarlle calquera modificación ao responsable do tratamento na incorporación ou substitución doutros subencargados, e así darlle á persoa responsable a posibilidade de opoñerse aos ditos cambios.

V.5.2.i) Manter o deber de segredo sobre os datos persoais a que teña acceso en virtude deste concerto social, mesmo despois de que finalice o seu obxecto.

V.5.2.j) Garantir que as persoas autorizadas para o tratamento dos datos persoais se comprometen, expresamente e por escrito, a respectar a confidencialidade e a cumprir as medidas de seguridade correspondentes, das cales lles informará oportunamente. O encargado manterá á disposición do responsable a documentación acreditativa do cumprimento desta obriga.

V.5.2.k) Garantir a formación necesaria en materia de protección de datos persoais das persoas autorizadas para tratar este tipo de información.

V.5.2.l) Asistir o responsable do tratamento na resposta ao exercicio dos dereitos recoñecidos pola lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, mediante as medidas técnicas e organizativas oportunas, para que poida cumprir coa súa obriga de atender as citadas solicitudes das persoas interesadas no prazo previsto pola normativa vixente. Para iso, o encargado facilitaralle ao responsable, por petición deste, e o antes posible, canta información sexa necesaria ou relevante para estes efectos. No caso de que as persoas afectadas soliciten o exercicio dos seus dereitos ante o encargado do tratamento, esta informaraas, por calquera medio fidedigno, de que poderán acceder ao procedemento previsto para iso en https://www.xunta.gal/exercicio-dos-dereitos

V.5.2.m) Comunicarlle ao responsable do tratamento, de forma inmediata e aplicando as medidas de seguridade necesarias, as violacións da seguridade dos datos persoais ao seu cargo de que teña coñecemento, xunto con toda a información pertinente para a documentación e comunicación da incidencia, se é o caso, á Axencia Española de Protección de Datos (en diante, AEPD), de conformidade co disposto no artigo 33 do RXPD.

V.5.2.n) Apoiar o responsable do tratamento na realización de avaliacións de impacto relacionadas coa protección de datos e na realización de consultas previas á autoridade de control, cando proceda.

V.5.2.o) Aplicar, se é o caso, as disposicións contidas no RD 311/2022, do 3 de maio, polo que se regula o Esquema nacional de seguridade (ENS). En todo caso, implantará as medidas de seguridade necesarias para:

• Garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanente dos sistemas e servizos de tratamento.

• Restaurar a dispoñibilidade e o acceso aos datos persoais rapidamente, en caso de incidencia física ou técnica.

• Verificar, avaliar e valorar, de forma periódica, a eficacia das medidas técnicas e organizativas postas en marcha para garantir a seguridade do tratamento.

• Pseudonimizar e cifrar os datos persoais, se é necesario.

V.5.2.p) Poñer á disposición do responsable toda a información necesaria para acreditar o cumprimento das súas obrigas; en particular, certificados de cumprimento da normativa expedidos polas entidades acreditadas ou, de non existir, facilitando a realización das auditorías ou inspeccións que faga o responsable ou outro auditor autorizado.

V.5.2.q) Designar un delegado de protección de datos, se é o caso, segundo o previsto no artigo 37 do RXPD e no artigo 34 da LOPDGDD, e comunicarlle a súa identidade e datos de contacto ao responsable, sen prexuízo da preceptiva inscrición na AEPD.

V.5.2.r) Devolverlle ao responsable, unha vez cumpridos os servizos obxecto deste concerto, os datos persoais e, se é o caso, os soportes onde figuren. A devolución supoñerá a total supresión dos datos existentes, se é o caso, nos equipamentos informáticos utilizados polo encargado. Non obstante, este poderá conservar unha copia dos datos estritamente necesarios, debidamente bloqueados, mentres poidan derivar responsabilidades da execución do servizo.

W) Fraude, corrupción e conflito de intereses.

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade poderá poñer os ditos feitos en coñecemento a través da web de Transparencia e Goberno Aberto da Xunta de Galicia, así como do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral do Estado, por medios electrónicos a través das canles habilitadas para o efecto:

• https://transparencia.xunta.gal/canle-de-denuncias

• https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx, nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, do citado servizo.

Así mesmo, serán de aplicación ás actuacións deste concerto as medidas recollidas no Plan específico de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, que foi asinado o 12 de xaneiro de 2022.

X) Incompatibilidade coa percepción doutros ingresos.

Segundo o artigo 38 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, este concerto será incompatible coas subvencións para o financiamento do servizo ou prestacións obxecto deste.

Y) Resolución de conflitos.

As cuestións litixiosas xurdidas acerca da interpretación, modificación e resolución serán resoltas pola Consellería de Política Social e Igualdade e os seus acordos poñeran fin á vía administrativa.

Contra elas cabe recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, segundo o previsto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes se a resolución for expresa. Se o acto non fose expreso, poderá interporen recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ou poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación do acto que poña fin á vía administrativa, se este for expreso. Se non o for, o prazo será de seis meses e contarase, para o concertante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para tales efectos, o tribunal competente será o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VII

Datos sobre o persoal que se vai subrogar

(Anexo informativo)

BS213T-Concerto social para a execución de programas de acollemento
residencial dirixido a nenos, nenas e adolescentes con medidas
de protección e problemas de saúde mental, no centro de menores
Casa da Quintán en Ponte Caldelas (8 prazas)

Nº de orde

Categoría profesional

Contrato

 % xornada imputada ao programa

Antigüidade

Custo bruto anual 2023 (salario + Seg. Social empr.)

1

Educador/a social

402

100

22.7.2024

28.340,19 €

2

Educador/a social

289

50

21.2.2023

14.170,09 €

3

Educador/a social

402

100

11.7.2024

28.340,19 €

4

Educador/a social

189

100

25.1.2022

28.340,19 €

5

Educador/a social

189

100

10.2.2023

28.340,19 €

6

Traballador/a social

189

100

28.12.2021

28.340,19 €

7

Educador/a social

189

100

25.1.2022

28.340,19 €

8

Psicólogo/a

100

100

30.12.2021

30.652,78 €

9

Educador/a social

189

100

12.6.2023

28.340,19 €

10

Educador/a social

189

100

1.4.2022

28.340,19 €

11

Educador/a social

402

100

20.7.2024

28.340,19 €

12

Educador/a social

189

100

3.4.2023

28.340,19 €

13

Psicólogo/a

100

100

16.3.2023

30.738,31 €

14

Limpador/a

289

65,92

4.6.2022

13.335,53 €

15

Limpador/a

510

67,51

6.5.2024

13.657,19 €

16

Oficial mantemento

189

100

26.1.2022

22.173,78 €

17

Coordinador/a asistencial

100

100

28.12.2021

33.038,91 €

18

Enfermeiro/a

200

50

10.1.2023

15.326,39 €

19

Educador/a social

410

100

21.2.2024

28.340,19 €

20

Auxiliar administrativo/a

410

100

22.8.2023

20.632,18 €

21

Educador/a social

189

100

28.6.2022

28.340,19 €

22

Director/a centro

100

100

19.11.2021

48.948,35 €

23

Educador/a social

189

100

27.5.2022

28.340,19 €

24

Educador/a social

189

100

22.6.2022

28.340,19 €

25

Educador/a social

189

100

30.5.2022

28.340,19 €

26

Educador/a social

410

100

14.7.2024

28.340,19 €

27

Limpador/a

289

60.85

29.6.2022

12.309,88 €

28

Educador/a social

189

100

22.3.2022

28.340,19 €

* De acordo co establecido no artigo 34 do IV Convenio colectivo estatal de reforma xuvenil e protección de menores, será persoal susceptible de subrogación aquel cunha antigüidade mínima de catro meses na data da adxudicación do concerto. En consecuencia, esta relación é susceptible de sufrir modificacións, que se publicarán en canto se teña coñecemento.

ANEXO VIII

(Anexo informativo)

Inventario de bens

BS213T-Concerto social para a execución de programas de acollemento
residencial dirixido a nenos, nenas e adolescentes con medidas de protección
e problemas de saúde mental, no centro de menores Casa da Quintán
en Ponte Caldelas (8 prazas)

Centro de menores Casa da Quintán.

Caldelas, nº 22.

36820 Ponte Caldelas.

Unidades

Descrición

Mobiliario de vestíbulo

1

Armario mixto. Parte baixa con estante interior e portas cegas con pechadura. Parte superior con estantes graduables vistos. Estrutura en taboleiro de partículas melaminado de 19 mm de espesor, con acabado melamínico para determinar, traseira de 10mm de espesor, cantos en ABS, arestas redondeadas. Niveladores accesibles desde o interior.

Regulación dos estantes cada 32 mm, aproxidamente.

Medidas aproximadas: 90×45×200 cm

1

Cadeira de 4 patas con estrutura e brazos cromados, asento e respaldo en polipropileno.

1

Felpudo tipo moqueta, 100 % polipropileno. 90×120 cm

1

Paraugueiro metálico.

2

Percha de parede, con estrutura en taboleiro en MDF lacado satinado.

1

Papeleira de polipropileno.

Mobiliario de despacho

1

Mesa de despacho. Tabołeiro de partículas melaminado, de 30 mm de espesor, con acabado melamínico, canto en ABS. Estrutura da mesa en aceiro. Niveladores nas patas regulables. Medidas: 160×80×73 cm

1

Caixoneira con rodas, composta por 3 caixóns con chave. Estrutura de taboleiro de partículas de madeira de 19 mm de espesor con recubrimento melamínico, canto en ABS, arestas redondeadas. Sistema de peche central a chaves. Medidas: 43×55×60 cm

1

Cadeira de brazos operativa con brazos. Cadeira de brazos xiratoria con respaldo medio, fabricado en tubo de aceiro redondo, asento e respaldo ergonómicos recubertos de poliuretano inxectado, altura regulable por mecanismo de elevación a gas, respaldo regulable en altura, sistema de contacto permanente.

1

Cadeira confidente, monocarcasa de láminas de madeira de faia de 10mm de espesor ou similar. Vernizado en poliuretano. Chasis de catro patas en tubaxe de 18 mm de diámetro, acabado en cromo. Empillable.

1

Colgadoiro de pé metálico, con colgadoiros orientables e colgabolsos.

1

Papeleira de polipropileno.

1

Mesa de 138×50×75 cm taboleiro melaminado branco de 25 mm con 2 caixoneiras en todo o perímetro. Modelo touch branco.

1

Mesa de reunións 200x100cm sobre o taboleiro de melamina acabado carballo. Patas metálicas regulables en altura acabado branco.

4

Cadeiras escritorio goma espuma de alta calidade.

Mobiliario de cociña

1

Amoblamento de cociña para dispoñer ao longo dos 3 paramentos do local previstos para tal fin, máis un mesado con gabetas situado contra a parede que delimita coa escaleira. Con mesado pulido composto por máis do 90  % de partículas de cuarzo e porcentaxe restante de resinas aglomerantes pigmentadas. Espesor do canto en frontal: 5 cm Altura do plano de traballo axustable entre 70 e 95 cm respecto ao chan no tramo correspondente a vertedoiro e a placa de cociña, mediante motorización eléctrica, con sistema de seguridade de fin de carreira. Con dotación de iluminación de zonas de traballo en mesado. Con panel vertical baixo mesado do mesmo material que este, na lonxitude necesaria para ocultación de tendidos de instalacións entre parede e aparellos de consumo de auga ou electricidade. Con vertedoiro de aceiro inoxidable AISI 304 18/10 para encastrar, con seo de aproximadamente 45×45 cm Con válvula de desaugamento e tubo rebordadoiro. Con billa xerontolóxica, instalada conectada ás redes. Con profundidade de entre 100 e 120 mm e parte inferior illada. Módulos baixos: estrutura de taboleiro de partículas hidrófugo con revestimento melamínico, agás os elementos frontais, que están dotados de laminado estratificado alta presión e cantos. Tiradores de aceiro inoxidable. Con sistemas extraíbles e xiratorios de bandexas de aceiro cromado nos módulos de recanto. Un dos módulos configurado para 4 compartimentos de reciclaxe de residuos (orgánico, plásticos, vidro e papel). Os restantes módulos: con gaveta de extracción total e retorno automático. Un dos caixóns con compartimentos metálicos inoxidables para cubertos. Módulos altos: desprazables en profundidade e altura mediante motorización eléctrica, con sistema de seguridade de fin de carreira e sensores en cara inferior de moble. Con repartición de módulos, de xeito que cobre a lonxitude de mesado, agás o tramo correspondente á cambota extractora. Con estrutura de taboleiro de partículas hidrófugo con revestimento melamínico, agás os elementos frontais, que están dotados de laminado estratificado alta presión e cantos. Tiradores de aceiro inoxidable. Altura aproximada de cada módulo: 90 cm Módulo de despensa situados contra a parede que limita coa escaleira. Cun mínimo de 6 filas de cestas de reixa de aceiro cromado extraíbles por carrís laterais.

Dimensións: 60×60 cm en planta e 180 cm de altura, aproximadamente. Con acabados a lume cos módulos baixos e altos e rodapé a xogo co mesado.

1

Lavalouza de clasificación da eficiencia enerxética A, de eficacia de lavado A e de eficacia de secado A, para un mínimo de 13 servizos.

1

Campá extractora de aceiro inoxidable con control electrónico, 3 potencias de extracción e unha potencia intensiva. Con mando a distancia. Con embelecedor a teito. Con filtros lavables en lavalouza e iluminación halóxena na zona de cocción. Anchura: 60 cm, aproximadamente. Capacidade máxima de extracción segundo UNE/EN 61591: 770 m3/h. Presión sonora máxima: 65 dB(A). Con conductos de evacuación de superficie lisa. lnstalación completa e probada.

1

Placa de cociña de indución. Biselada, con control dixital con 12 niveis de potencia, indicación de calor residual, termóstato de seguridade e temporización en todas as zonas. Con pantalla visualizadora de potencia. Con sistemas de detección de recipientes, desconexión automática de seguridade e bloqueo de seguridade. Con 4 zonas de entre 10 e 21 cm de diámetro.

1

Frigorífico no frost de dúas portas, con conxelador abaixo. Eficiencia enerxética A. Capacidade neta do frigorífico: 280 l. Capacidade neta do conxelador: 60 l

1

Forno en aceiro inoxidable con reloxo electrónico programable e porta fría desmontable. Con mandos escamoteables, ventilador tanxencial, grella abatible, bloqueo mecánico de porta, esmalte antiadherente, 3 bandexas e grella con carrís telescópicos de 3 niveis desmontables. Potencia do grella: 1.900 W. Capacidade: 51 l. Potencias inferior e superior 1.000 W. Potencia: 3.500 W.

Mobiliario de comedor

4

Mesa cadrada con 4 patas, sen faldróns. Con sobre en laminado estratificado alta presión, madeira de faia en canteado e patas, cantos e esquinas romos. Medidas aproximadas: 90×90×75 cm

2

Cadeira de brazos rectos. Arestas e recantos romos. Asento e respaldo ergonómicos, realizados en madeira laminada curvada de faia, recuberta con escuma de poliuretano, tapizados con revestimento vinílico tipo AMBLA, transpirable, impermeable, desenfundable mediante cremalleira, con reacción á inflamabilidade segundo UNE, EN 1021-1: 1994 e UNE, EN 1021-2:1994. Con repousabrazos adiantado. Medidas aproximadas: 58×54×77 cm

1

Aparador en contrachapado de faia, acabado en vemiz de poliuretano. Parte inferior con estante interior e 4 portas con pechadura e chave mestra; parte superior con 34 caixóns con guías metálicas antienvorcadura. Sobre en laminado estratificado alta presión. Arestas e esquinas romas de faia. Medidas: 200×50×90 cm

Mobiliario de salas

2

Moble TV, con caixón, oco para DVD e 2 portas, construído en taboleiro de partículas de madeira de 19 mm, rechapado en madeira de faia, todo canteado en madeira maciza, todos os seus cantos e esquinas redondeados. Caixón en taboleiro contrachapado, guías corredeiras metálicas. Portas atamboradas con bastidor de madeira de 45×20 mm, montada con bisagras de cazoleta con apertura de 95º regulable tridimensionalmente, tiradores ergonómicos. Medidas aproximadas: 120×55×85 cm

2

Mesa de recanto. Taboleiro de partículas con sobre en laminado estratificado alta presión. Madeira maciza de faia nas 4 patas e nos cantos. Arestas e esquinas romas. Medidas aproximadas: 60×60×61 cm

2

Mesa de centro. Taboleiro de partículas con sobre en laminado estratificado alta presión. Madeira maciza de faia nas 4 patas e nos cantos. Arestas e esquinas romas. Medidas: 125×65×61cm.

8

Butaca de respaldo baixo. Estrutura en madeira de faia maciza tratada de primeira calidade. Arestas e esquinas romas. Respaldo e asento ergonómicos, de madeira laminada curvada de faia, recuberta con escuma de poliuretano de alta densidade, tapizados con revestimento vinílico tipo AMBLA, transpirable, impermeabIe, desenfundable mediante cremalleira, con reacción á inflamabilidade segundo UNE EN 1021-1: 1994 e UNE EN 1021-2: 1994. Con repousabrazos adiantado. Medidas: 65×69×89 cm

4

Sofás.

Mobiliario de dormitorios

2

Pés en estrutura maciza de faia, de 2,5 cm

1

Mesa de noite individual. De contrachapado de faia, con acabado en veniz de poliuretano, sobre superior en laminado estratificado alta presión resistente a raiadas e contacto con recipentes quentes, de cantos romos de madeira de faia. Con caixón, oco e porta con balda interior. Tiradores de aceiro inoxidable en U. Medidas: 42×42×75 cm

12

Somier base multilamas. Con reguladores. Para colchón de 90×190 cm

12

Colchón composto por unha capa viscoelástica termosensible de 5 cm e 55 kg/m3 e unha base de PUR de 15 cm e 26 kg/m3. Con dobre funda, interior de punto e funda de PUR antiácaros, antibacterias, lavable e transpirable, ambas as dúas desmontables por cremalleira.

13

Almofada viscoelástica ergonómica, función de antipresión, con propiedades termovariables e transpirables. Con dobre funda, funda exterior tecida en PUR. Lonxitude: 90 cm

1

Compartimentación á medida de armarios de planta baixocuberta. Con estrutura de taboleiro de partículas con acabado a xogo coa fronte de armario existente. Parte baixa con caixóns. Repartición de estantes e zona de perchas. Con colgadoiros para perchas.

6

Armario roupeiro de dúas portas. De taboleiro de partículas rechapado en chapa vernizada. Medidas aproximadas: 115×60×190 cm Parte baixa con caixóns. Repartición de estantes e zona de perchas. Con colgadoiros para perchas.

1

Armario roupeiro de catro portas. De taboleiro de partículas rechapado en chapa vernizada. Medidas: 200×60×190 cm Parte baixa con caixóns. Repartición de estantes e zona de perchas. Con colgadoiros para perchas.

Lavandaría

1

Lavadora de carga frontal con capacidade de 8 kg e 1.000 rpm. Clasificación enerxética/lavado/centrifugado: A/A/C.

1

Secadora de condensación. Capacidade de carga: 6 Kg. Volume de tambor: 112 litros. Potencia: 2.300 W.

1

Compartimentación á medida de armario. Con estrutura de taboleiro de partículas con acabado a xogo coa fronte de armario existente. Parte baixa con caixóns. Con colgadoiros para perchas.

Aseos

11

Portacepillos en forma cilíndrica, en aceiro inoxidable, con vaso de vidro.

11

Papeleiras de polipropileno con tapa basculante mans libres, dobre rañura, dispositivo interno para cambio de bolsa, capacidade 10 l. Medidas: 24×19×37 cm

11

Espello. Medidas: 50×50 cm

3

Armario de baño alto. Medidas aproximadas: 34×194×22,5 cm

Enxoval

1

Quentaleites. Capacidade mínima: 1 l

1

Licuadora/espremedor. Con xerra de capacidade mínima de 1,25 l

1

Batedor de pé de 600 W con control electrónico de velocidade.

1

Ferro de pasar de vapor. Con vapor vertical, función automática, suela multidireccional e dispositivo antigoteo. Potencia: 2.300 W.

1

Batería de 5 pezas realizada en aceiro inoxidable. Aptas para cociña de indución. Composición: - 1 cazo de 16 cm -1 cazola de 20 cm -1 cazola de 24 cm -1 ola de 20 cm -1 frixideira de 26 cm

4

Prato chan porcelana e liso 26 cm

4

Prato fondo porcelana e liso 23 cm

4

Prato sobremesa porcelana reforzado e liso 20 cm

4

Cunca almorzo con prato.

4

Cunca café con leite e prato.

12

Culler mesa aceiro inox.

12

Garfos mesa aceiro inox.

12

Coitelos mesa aceiro inox.

12

Culler sobremesa aceiro inox.

12

Garfo sobremesa aceiro inox.

1

Vinagreira 4 pezas.

1

Paneira 20 cm de bambú.

1

Cullerón de servir aceiro inox.

1

Culler de servir aceiro inox.

1

Garfos trincheiros.

1

Azucreiro cromado.

1

Bandexa aceiro inox. 50 cm

1

Fonte fonda de 50 cm aceiro inox.

1

Fonte fonda de 40 cm aceiro inox.

1

Fonte oval.

1

Bol redondo 13 cm

1

Pinza ensalada.

1

Abrelatas bolboreta.

1

Coitelo panadeiro.

1

Tesoira 24 cm cociña aceiro inox.

1

Descorazonador aceiro inox. con mango de plástico.

1

Táboa profesional en polietileno 400×200×21.

1

Coador con aro.

1

Xogo de 5 embudes plásticos.

1

Relador 4 caras.

Lenzaría

6

Panos cociña reixa.

30

Toalla 100 % algodón virxe puro, pespuntos de seguridade 480 g. Medidas 28×50 cm

20

Toalla 480 g. 100 % algodón virxe puro, pespuntos de seguridade. Medidas 50×100 cm

6

Toalla 480 g. 100 % algodón virxe puro, pespuntos de seguridade. Medidas 70×150 cm

25

Saba de arriba (90×190).

25

Saba de abaixo (160×280) serigrafada.

14

Manta.

25

Funda de almofada.

6

Coxíns 30x45 cm

7

Edredón cores (4 azuis e 3 lilas) reverso liso con presillas para adaptar a recantos en pé de cama.

7

Edredón cores (beixe, azul e lila) reverso liso con presillas para adaptar a recantos en pé de cama.

Varios

1

Carro de limpeza, estrutura en aceiro inoxidable, con 3 bandexas de pp, bolsa plastificada, asa telescópica, rodas de 125 con paragolpes, 4 caldeiros de 6 l, dous caldeiros de 25 l, e prensa, con fregonas, mopas e paus.

1

Taloo de dous chanzos. Móbil mediante 3 rodas abatibles en función do peso. Capacidade máxima: 150 kg, segundo normativa gs alemá. Dimensións: 40 cm de altura e 41 cm de diámetro na base. 2 chanzos: superior de 30 cm diámetro. Chanzos e base non esvaradíos.

2

Estante para lenzaría. De taboleiro MDF de 19 mm. Lacado en epoxi branco. Medidas aproximadas: 100×40×150 cm

2

Estores enrodelables opacos para ventás e portas balconeiras. Instalados con soporte á parede ou ao teito, segundo condicións de cada oco para cubrir. De fibra de poliéster de alta tenacidade. Antiestático. Clase de reacción ao lume: clase 1 segundo norma UNE-EN 13773:2003.

3

Encerado branco magnético lacado 120×190 cm

Audiovisuais

1

Equipo HI-FI con lector de CD audio, compatible con CD mp3. Pantalla LCD multiliña con información da reprodución. Porto usb compatible con dispositivos de memoria USB con mp3 almacenadas en carpetas. Potencia nominal mínima de 2x5 W. Sintonizador de radio FM/AM con rds. 20+20 memorias de emisoras.

1

Panasonic SC-PM250.

1

Soporte parede monitor TV32”-55”.

Informática

1

Pc posto: requisitos incluídos. Procesador con arquitectura x86. Memoria RAM de 3 GB DDR2-800. Disco duro de 320 GB 7200 rpm SATA ii. Tarxeta de rede 10/100/1000 mbps. Portos: 4 USB 2.0, 1 ps/2 rato, 1 ps/2 teclado. 2 portos USB 2.0 accesibles desde o frontal. Lector-gravador DVD (20x lectura mínimo). 2 slots de expansión libres PCI express (1x, e 8x). Tarxeta gráfica PCI express en rañura 16x con 128 mb de memoria non compartida e con soporte para directx 9 por hardware. Rato óptico. Tarxeta de son integrada en placa base. Monitores coas seguintes características: tamaño de pantalla: TFT (thin film transistor) active matrix. Resolución mínima: 1280x1024. Brillo mínimo: 300 cd/m2. Altofalantes integrados. Certificacións calidade: ISO 13406.2, TC. Baixa emisión de ruído. Non superior a 65 db (norma ISO 9296). Software de xestión.

1

Impresora multifunción en cor/escáner cor/fax sms.

1

Ordenador Intel i3-10400 Gen10, H510, 240gssd, 8gram con teclado + rato Logitech + monitor Samsung F24T450.