Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e requirimento da folla de valoración, no procedemento expropiatorio sobre os ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada instalación de telecontrol na LMT NEG803 apoio A4LUKI8N//238-1, no concello de Trazo (expediente IN407A 2022/252-1), correspondentes ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A copia da acta e do depósito previo atópanse ao dispor da persoa interesada na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (con cita previa no teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A dita persoa interesada disporá dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitar a remisión dos devanditos documentos ao enderezo que sinale.
Dispoñen de quince (15) días de prazo para chegar a un acordo amigable coa empresa beneficiaria, finalizado este trámite, terán vinte (20) días para presentar a súa folla de valoración.
Transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 27 de xaneiro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/252-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: instalación de telecontrol na LMT NEG803 apoio A4LUKI8N//238-1.
Concello: Trazo.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Data da ocupación |
|
3 |
15087A048000240000SS |
Descoñecida |
14.2.2025 |
