BDNS (Identif.): 774194.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Apertura de prazo
Ábrese un novo prazo para a presentación de solicitudes de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso académico 2024/25 (códigos de procedemento BS303B, BS303C e BS303D).
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta orde.
Segundo. Prazas convocadas
O número de novas prazas en residencias xuvenís para estudantes convocadas e a súa distribución por residencias é o seguinte:
|
Concello |
Residencia |
Total |
|
Lugo |
Centro Residencial Xuvenil «LUG» |
1 |
|
Ourense |
Florentino López Cuevillas |
3 |
|
Vigo |
Altamar |
10 |
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2025
José López Campos
Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
