DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2025 Páx. 11160

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Voadora, S. Coop. Galega en liquidación

ANUNCIO do balance final de liquidación e acordo de extinción.

En cumprimento do establecido na Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, faise público que na asemblea xeral extraordinaria, que tivo lugar en Santiago de Compostela o 14 de xaneiro de 2025, acordouse a liquidación de Voadora, S. Coop, Galega co seguinte balance final de liquidación:

Inmobilizado material: 736,99 euros.

Depósitos: 18.000 euros.

Tesouraría: 651,31 euros.

Total activo: 19.388,30 euros.

Capital cooperativo: 18.000,00 euros.

Reservas: 80.220,94 euros.

Resultados negativos exercicios anteriores: -76.677,05 euros.

Resultados negativos do exercicio: -2.155,59 euros.

Total pasivo: 19.388,30 euros.

Unha vez compensados os resultados negativos, pagado aos acredores e cobrados os importes debedores, non habendo cantidade ningunha para poñer ao dispor do Consello Galego de Cooperativas, o inmobilizado material, os depósitos e a tesouraría será adxudicada aos socios.

Nesta mesma asemblea xeral extraordinaria, que tivo lugar en Santiago de Compostela o 14 de xaneiro de 2025, acordouse a extinción de Voadora, S. Coop, Galega.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2025

José Luis Díaz García
Liquidador único