DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2025 Páx. 11159

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario, incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2021, 2023 e 2024 (CPI2024O), quenda promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 10, do 16 de xaneiro de 2025, publicáronse as bases da convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación de Pontevedra, incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2021, 2023 e 2024 (CPI2024O), quenda promoción interna.

O número de prazas, a súa denominación e as características relaciónanse a seguir:

1. Dúas prazas de técnico/a da Administración xeral, encadradas na escala da Administración xeral, subescala técnica e integradas no subgrupo A1 (OEP 2023).

2. Catro prazas de administrativo/a, encadradas na escala da Administración xeral, subescala administrativa, e integradas no subgrupo C1 (OEP 2024); unha delas reservada a persoas con discapacidade.

3. Unha praza de vixilante de infraestruturas e vías provinciais, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no subgrupo C1 (OEP2021).

O prazo de presentación de solicitudes e demais documentación será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na sede electrónica.

Pontevedra, 16 de xaneiro de 2025

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. nº 2024005761, do 10.7.2024)
Jesús Vázquez Almuíña
Deputado delegado de Asistencia aos Concellos,
Transparencia e Administración Xeral