DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2025 Páx. 11227

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

CORRECCIÓN DE ERROS. Corrección de erros. Resolución do 14 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2025 (código de procedemento PR925A).

Advertido erro na corrección da resolución citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 25, do 6 de febreiro de 2025, cómpre facer a seguinte corrección:

– Na páxina 10266, onde di: «Na páxina 9256, no artigo 1, letra b)», debe dicir: «Na páxina 9256, no artigo 3, letra b)».