BDNS (Identif.): 813378.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Entidades beneficiarias
1. As sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego previstas no artigo 6 da Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:
a) Figurar inscritas como tales nos correspondentes rexistros administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter presentadas as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil, no Rexistro de Cooperativas ou no Rexistro de Fundacións, segundo corresponda á súa forma xurídica.
No caso de centros especiais de emprego que teñan forma xurídica de asociación, deberán ter aprobado o balance e conta de resultados pola súa asemblea xeral.
c) Acreditar unha antigüidade de 42 meses na data de solicitude.
d) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
2. Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias:
a) As entidades en que concorran as circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) As entidades que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
c) As entidades que obtivesen unha resolución favorable de concesión de axudas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social e se convoca para a anualidade 2024 (DOG núm. 17, do 24 de xaneiro de 2024).
Segundo. Obxecto
Este programa ten como finalidade apoiar a consolidación das entidades da economía social, así como reforzar a súa presenza no tecido económico de Galicia, con especial incidencia na transformación dixital e na mellora da eficiencia enerxética, contribuíndo ao impulso da súa actividade económica, incrementando a súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade.
Terceiro. Importe
O orzamento total das subvencións previstas nesta orde ascende a 2.730.000,00 €, que se financiarán con cargo ao código de proxecto 2021 00056, distribuído nas seguintes aplicacións orzamentarias:
|
Aplicacións |
Orzamento |
|
14.04.324C.470.9 |
250.000 € |
|
14.04.324C.481.9 |
70.000 € |
|
14.04.324C.770.9 |
2.200.000 € |
|
14.04.324C.781.9 |
210.000 € |
|
Total |
2.730.000,00 € |
Cuarto. Bases reguladoras
Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2025 (código de procedemento TR802L).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses, que comezará a contar a partir do oitavo día hábil seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2025
José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
