DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2025 Páx. 11363

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2025 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir catro prazas da categoría profesional de técnico/a de grao medio de investigación (animalarios), grupo II, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución do 5 de setembro de 2024 (DOG do 16 de setembro) convocáronse probas selectivas para cubrir catro prazas da categoría profesional de técnico/a de grao medio de investigación (animalarios), grupo II, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución do 9 de outubro de 2024 (DOG do 23 de outubro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.

Unha vez rematado este prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas admitidas para a realización do segundo exercicio da fase de oposición o día 20 de marzo (xoves) de 2025, ás 11.00 horas, na sala de reunións do Centro de Biomedicina Experimental (Cebega) da Universidade de Santiago de Compostela (avenida do Mestre Mateo, 41, 15706 Santiago de Compostela, A Coruña). Non se realizará o primeiro exercicio dado que todas as persoas aspirantes acreditan o coñecemento de galego.

A publicación dos anuncios de realización dos vindeiros exercicios efectuaraa o tribunal no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web mencionada no punto segundo, así como en calquera outro lugar que considere oportuno.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2025

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela