O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo 1
Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático durante o terceiro cuadrimestre do ano 2024, que se incorpora como anexo I a esta resolución.
Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2025
María del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
ANEXO I
Convenios asinados no terceiro cuadrimestre do ano 2024
|
Título |
Obxecto |
Data de sinatura |
Achega económica da Consellería (€) |
|
Addenda ao Convenio marco de colaboración entre a Comunidade Autónoma de Galicia e Ecoembalajes España, S.A. |
Prorrogar a vixencia un ano máis do convenio asinado o 30 de setembro de 2020. |
30 de setembro de 2024 |
Sen achega económica |
|
Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a Consellería de Sanidade e o Servicio Galego de Saúde, para a posta en marcha de iniciativas en materia de estratexia de cambio climático e economía circular no Servicio Galego de Saúde. |
Este acordo ten por obxecto regular a cooperación entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e o Servicio Galego de Saúde para a posta en marcha de iniciativas no marco da Estratexia de economía circular do Servicio Galego de Saúde e a cooperación en materia de clima e saúde. |
11 de outubro de 2024 |
170.000,00 € |
|
Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, a asociación Viratec, Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular, para o desenvolvemento do I Foro de Innovación Sustentable. |
Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e Viratec para o desenvolvemento do I Foro de Innovación Sustentable. |
18 de outubro de 2024 |
26.500,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para o deseño dunha metodoloxía para a elaboración de mapas de calor e a localización de refuxios climáticos atendendo ás necesidades de biodiversidade. |
É obxecto deste convenio establecer as condicións da colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento dun proxecto de acción contra o cambio climático, consistente na elaboración dunha metodoloxía para que os concellos de Galicia poidan determinar na súa contorna as illas de calor, os refuxios climáticos e as zonas de preservación da biodiversidade. |
29 de novembro de 2024 |
39.939,18 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia e a asociación Clúster Galego da Industria e Servizos de Apoio ao Desenvolvemento das Enerxías Renovables e da Sustentabilidade Enerxética (Cluergal) para analizar o impacto socioeconómico en Galicia derivado da suspensión de proxectos eólicos e a súa repercusión no desenvolvemento enerxético e socioeconómico na nosa comunidade. |
É obxecto deste convenio establecer as condicións da colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e Cluergal para o desenvolvemento de encontros e foros para analizar o impacto socioeconómico que deriva da suspensión de proxectos eólicos e a súa repercusión no desenvolvemento enerxético e socioeconómico na nosa comunidade, ademais de programar e preparar os foros e publicacións divulgativas necesarias para dalos a coñecer. |
4 de decembro de 2024 |
20.500,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a Confederación Galega de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Galicia para a difusión e sensibilización en relación coa redución, reutilización e reciclaxe de residuos no ámbito da hostalaría e turismo na Comunidade Autónoma. |
O obxecto deste convenio é establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e Hostalaría e Turismo de Galicia para o desenvolvemento de actividades de sensibilización social, divulgación, difusión e concienciación sobre a importancia da reciclaxe e da correcta separación de residuos no sector hostaleiro nos seguintes ámbitos de actuación: • Restauración: restaurantes, bares, cafetarías, pousadas, viñotecas e adegas de Galicia. • Aloxamentos: hoteis, albergues, pousadas e casas rurais de Galicia. • Vida nocturna: pubs, discotecas. |
9 de decembro de 2024 |
200.000,00 € |
