O consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (en diante, ACSUG) é un consorcio autonómico, dotado de personalidade xurídica propia e con plena capacidade e independencia respecto dos seus membros para o cumprimento dos seus obxectivos.
O consorcio adscríbese organicamente á consellería que teña atribuídas as competencias en materia de universidades.
O artigo 17.k) do Decreto 6/2018, do 11 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, regula a composición do seu Consello Reitor que contará, entre os seus membros, con dúas/dous estudantes do SUG dalgunha das universidades integradas no consorcio.
Na reunión do Consello Reitor do 11 de decembro de 2024, as universidades integrantes do consorcio acordaron que fosen a Universidade de Vigo e a Universidad Intercontinental de la Empresa as que designasen o alumnado que formará parte do Consello Reitor.
O citado artigo 17, no seu punto 3, establece que os membros do Consello Reitor que non o sexan por razón do seu cargo, serán nomeados pola persoa titular da consellería de adscrición do consorcio, por un período de dous anos, prorrogable por un período de igual tempo, de acordo coa disposición adicional terceira.
De acordo coa citada normativa, no uso das atribucións que teño conferidas en virtude do Decreto 119/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesiona,
RESOLVO:
1. Nomear como membro do Consello Reitor da ACSUG o alumnado designado pola Universidade de Vigo:
• Juan Santos Grandal, como titular.
• Estela Rodríguez Pousa, como suplente.
2. Nomear como membro do Consello Reitor da ACSUG o alumnado designado pola Universidad Intercontinental de la Empresa:
• Víctor Vega Sobral, como titular.
• Luis Losada Presedo, como suplente.
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2025
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional
